jueves, 29 de abril de 2010

¡EMPARELLAMENTOS COPA GALICIA!

Despois do sorteo, que tivo lugar onte na FGB en Santiago, ao noso clube tocoulle enfrentarse ao SEIS DE NADAL DE VIGO; así este vindeiro sábado día 1 de maio ás 12:00horas, terá lugar no Vista Alegre o partido: CB. BURELA-CELTAS vs. SEIS DO NADAL DE VIGO. E o vindeiro domingo 9 de maio ás 12 horas no Pavillón do Seis do Nadal o encontro de volta.
Na Copa FGB participan os campións das sete ligas zonais de Galicia e o subcampión do equipo campión do ano pasado, neste caso o Arxil de Pontevedra, polo cal da zona de Arousa participan dous equipos. Son fases eliminatorias que ao longo do mes de maio e na primeira semana de xuño rematarán coa proclamación dos campións e subcampións.
O calendario completo atópase na páxina webb da Federación www.fegaba.com, no apartado de competicións premendo en Ligas da Federación Galega.

¡SORTE RAPAZAS!

lunes, 26 de abril de 2010

¡SORTEO COPA GALICIA!

Según nos comunicaron dende a Delegación Lucense de baloncesto a Federación Galega de Baloncesto celebrará nesta semana os sorteos correspondentes ás Copas FGB en categorías Júnior, Cadete e Infantil. Neste sorteo o CB Burela participará có equipo junior feminino vixente campión da liga provincial.

As datas e horas correspondentes a cada un dos sorteos son as seguintes:

Júnior Masculina - 27 de abril ás 18.00 h.
Júnior Feminina - 27 de abril ás 18.00 h.

Cadete Masculina -27 de abril ás 18.30 h.
Cadete Feminina - 27 de abril ás 18.30 h.

Infantil Masculina - 27 de abril ás 19.00 h.
Infantil Feminina - 27 de abril ás 19.00 h.

Datas de xogo
Así mesmo, todas estas competicións da Copa Galicia teñen xa marcadas tamén as súas datas de xogo no calendario. As categorías Júnior, Cadete e Infantil desputarán os seus encontros nas xornadas do 2, 9, 16, 23 e 30 de maio e na xornada do 6 de xuño.

martes, 13 de abril de 2010

¡DOUS CAMPIÓNS COMARCAIS!

As categorias inferiores seguennos a dar multitude de alegrias e bos resultados xa que tanto o equipo alevin femenino, adestrado por Laura Chao, como o alevin masculino, adestrado por Lolo, son os novos campións comarcais nas súas respectivas categorias. Ámbolos dous equipos fixeron un campionato impecable xa que conseguiron gañar tódolos partidos. Agora están clasificados para a disputa do campionato provincial e a espera de coñecer os seus posibles rivais.
Dende o CB Burela queremos felicitar a tódol@s rapaz@s e como non , aos seus adestradores, polos éxitos colleitados esperando que teñan a mesma sorte no campionato provincial que disputarán en vindeiras datas.
Pola súa parte, o equipo infantil feminino tivose que confirmar có segundo posto logo de perder o basquetaverage no seu enfrontamento có CB Celtas Foz.

¡NORABOA A
TOD@S!

domingo, 11 de abril de 2010

¡MOI TRISTE!

Lamentable, bochornosa, indignante... sen calificativos nos quedamos para definir a actitude das ED Lourenzá co Clube Baloncesto Burela. O acontecido este domingo pola mañá no pavillón de Lourenzá, mellor dito fora do pavillón porque o equipo local non tivo nen sequera a dignidade de avisar de que non se ian a presentar a xogar o partido sobrepasou tódolos límites establecidos.
Hoxe ás 12:00h estaba previsto que se xogara o partido do noso equipo junior contra ás ED Lourenzá, partido que ao longo de toda a semana se estivo intentando aplazar xa que coincidia co que tiña que disputar o equipo senior en Lugo, pero chegada a hora do partido o equipo local non se presenta sen avisar á ninguén previamente (federación, equipo visitante...).
Dende o Clube Baloncesto Burela lamentamos que haxa clubes que en lugar de preocuparse de competir o mellor posible, se limiten a intentar perxudicar e molestar a outros clubes, o estamento arbitral e tomarlle o pelo a Federación. Con actuacións coma esta de MALA FE a directiva dás ED. Lourenzá demostran que son uns IMPRESENTABLES e INDIGNOS de representar a naide.

jueves, 8 de abril de 2010

¡3000 VISITAS!

Quixera dar as grazas a tod@s aqueles que seguides a noa páxina con interese. Xa van máis de tres mil visitas o cal quere dicir que entrades nel e ledes as novas que nel se poñen. De novo MOITAS GRAZAS.
Tamén vos agradeceríamos que deixásedes os vosos comentarios ou todo aquelo que vos considerades de interese xeral e que nos publicaremos con moito gusto.
Aproveitamos tamén a ocasión para darlle as grazas a José Manuel Ferreiro pola magnífica cobertura que nos fixo do Campionato de España de Minibasket que se disputou en San Fernandoe no que participou o noso xogador alevin Álvaro Ferreiro.
¡GRAZAS A TOD@S!

martes, 6 de abril de 2010

¡NOVO PARTIDO DO SENIOR!

Logo do parón por mor das vacacións de Semana Santa o noso equipo senior feminino volta a competición para a disputa do seu derradeiro partido de competición. As rapazas de Manolo desprazaránse o domingo pola mañá ata Lugo para xogar ás 12 h. no Anexo 2 contra o Pulpalia donde intentarán conseguir unha nova victoria coa que poñer fin a unha notable tempada na que se conseguiron sobradamente os obxetivos marcados polo clube a principio de tempada.
¡SORTE RAPAZAS!


viernes, 2 de abril de 2010

¡¡SUBCAMPIONS DO GRUPO PREFERENTE DE MINIBASKET!!

Tras alcanzar brillantemente o ascenso ó grupo especial, a selección galega de minibasket masculina xogábase frente á Comunidade Valenciana o campionato do grupo preferente. Ao final non pudo ser. A potente selección valenciana, cun bloque máis traballado foi marcando diferencias gracias á súa velocidade é sobre todo a un gran porcentaxe de tiro exterior. A selección galega mantuvo o tipo, pero acabou cedendo por 90-72.
Brillante papel da selección galega masculina, e toda unha experiencia para o noso xogador alevín Alvaro, que pudo vivir unha convivencia inolvidable, con partidos de gran trascendencia e tensión, con pavillóns cheos e hinchadas volcadas cos seus equipos, formando parte de un grupo que foi unha auténtica piña, e que lle servirá non só para mellorar a súa formaciòn deportiva senón tamén persoal. ¡¡PARABENS CAMPIÓN!!
Pola súa parte, a selección femenina conseguiu o campionato do mesmo grupo preferente, ao impoñerse á seleccion das Islas Baleares por un apretado 75-74. Partido con un continuo toma e daka que mantivo a emoción hasta o pitido final. Parabens tamén para as campionas.
O mércores celebrouse a xornada de clausura, co desfile de todos os equipos e entrega de trofeos e medallas ós participantes. Emoción nesta xornada ao igual que na despedida entre todos os integrantes das seleccións masculina e femenina, con algunha que outra bágoa tras os intensos días vividos.
¡NORABOA A TOD@S!