viernes, 24 de septiembre de 2010

¡CALENDARIOS FASE DE CLASIFICACIÓN!

Segundo nos comunicou a Federación Galega de Baloncesto, a través da súa delegación en Lugo, xa se coñecen os calendarios das fases de clasificación para a liga galega nas categorias infantil e cadete, nas que van a participar as nosas rapazas. Deixamosvos aqui os enlace para que poidades ver os calendarios: http://fegaba.com/xornada/?id=60&lugo

¡MOITA SORTE RAPAZAS!

jueves, 23 de septiembre de 2010

¡VITORIA AXUSTADA DO LEITE RIO-BREOGÁN!

O Breogán superou ao Oviedo tras un extrano encontro marcado polas numerosas faltas
personais. O conxunto lucense chegou a xogar no derradeiro cuarto con tres bases e dous escoltas

O Leite Río Breogán impuxose anoite en Burela, no pavillón Vista Alegre e diante de 200 espectadores, ao Feve Oviedo (92-88) nun encontro amigable marcado polas ausencias e polas faltas personais, que limitaron a capacidade do equipo lucense e, de forma especial, o seu xogo interior.
Ás consabidas baixas no equipo de Rubén Domínguez de Betinho e Oliver Arteaga, inéditos no que vai de pretempada, unironse onte as de Cliff Brown e Camilo Riveiro, aos que, con
pequenas molestias, o cuerpo técnico do conxunto lucense decideu dar descanso. José Amador,
sen embargo, reapareceu después do esguince de nocello que lle impideu xogar o pasado domingo ante o Aguas de Sousas Ourense. Sen embargo, o pívot alicantino só puido estar na pista durante 13 minutos a causa das faltas personais.
O mesmo le ocurreulle ao seu compañero Brandon Polk, ao que os árbitros xa sancionaran con catro faltas personais antes de finalizar o primeiro cuarto.
Esto propiciou que durante moitos minutos do encontro o xogador vinculado do Estudiantes Alejandro Bortolussi e o aleiro Arnette Hallman capitalizaran o xogo interior dun equipo lucense obrigado a xogar gran parte do último cuarto coun quinteto no que figuraban tres bases, Oubiña, Hayes e Vallmajó, e dous escoltas, Feldeine e Forcada. O Breogán, pois, dedicouse tralo descanso a aguantar a ventaxa adquirida durante os vinte primeiros minutos.
O equipo lucense tardou en entrar no encontroo, o que foi aproveitado polo Feve Oviedo para
adquirir rentas que chegaron a ser de oito puntos. Os homes de Rubén Domínguez reaccionaron para chegar ao final dos dez primeiros minutos con ventaxa no marcador (25-21).
No segundo cuarto foi cando o Breogán amosou a sua mellor cara. Cunha defensa moi presionante e moita rápidez nas transicións ofensivas —con especial protagonismo nesta dobre faceta para Eric Hayes e Arnette Hallman—, o equipo lucense amosouse moi superior ao seu adversario, o que lle permiteu chegar ao final da primeira metade cunha diferenza significativa no marcador (52-34).
Na reanudación, o efecto do Leite Río Breogán literalmente sen jxogo interior, o que obrigou aos lucenses a xogar para defender as rentas obtidas. A nivel individual, Feldeine, Hayes e Hallman foron os máis destacados.

Por parte do Leche Río Breogán xogaron e anotaron: Brandon Polk (4), Jordi Vallmajó (6), Guillermo Pereiro, James Feldeine (24), José Amador (6) —quinteto inicial—, Alejandro Bortolussi (9), Arnette Hallman (7), Xavier Forcada (12), Eric Hayes (20) e Emilio Oubiña (4)
Por parte do Feve Oviedo xogaron e anotaron: Agustín Prieto (6), Héctor Macía (16), Kevin Ratzsh (10), Rubén Suárez (4), Javi Román (5) —quinteto inicial—, Ian O’Leary (10), Tony Tate (8), Albano del Castillo (2), Adrián Macía (19) e Manuel Parada (8)
Árbitros: Casal y Martín. Eliminaron por cinco faltas a Bortolussi, Polk e Amador, do Breogán, e a O’Leary, do Feve Oviedo.

sábado, 18 de septiembre de 2010

¡PRESENTACIÓN DO PARTIDO LEITE RIO BREOGÁN-FEVE OVIEDO!

O Leite Río Breogán e o Feve Oviedo disputarán o vindeiro 22 de setembro ás 20 horas no pavillón Vista Alegre o I Torneo Concello de Burela de baloncesto. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos.
A concelleira de Deportes, Neves Cando, sinalou que “a Fundación Balogal púxose en contacto con nós a través do Clube Baloncesto Burela para ver a posibilidade de organizar un partido aquí co Breogán. E por suposto aceptamos encantados polo que supón poder disfrutar dun baloncesto de calidade do noso pobo e por achegar os equipos grandes aos nosos rapaces e rapazas que practican este deporte en Burela”.
A edil nacionalista convidou “a todo o mundo para acudir o vindeiro mércores a presenciar o partido que disputarán o Breogán de Lugo e o Oviedo, unha oportunidade única para achegar o baloncesto máis profesional ás nosas categorías base e ao público en xeral amante do baloncesto”.
¡TOD@S A VISTA ALEGRE!

domingo, 5 de septiembre de 2010

¡PARTIDO DE ALTA VOLTAXE!

O presidente do Club Baloncesto Burela,Pedro Chao, confirmou que o vindeiro mércores día 22 o Breogán de Lugo, de LEB Ouro, e o Feve Oviedo, de LEB Plata, disputarán un partido amigable no pavellón de Vista Alegre, en Burela. A disputa deste partido supón un feito histórico xa que despois de máis de 20 anos o Breogán volverá a xogar un partido en Burela, o cal supón achegar o baloncesto de elite a todos os afeccionados da Mariña», explicou Pedro Chao.
Tamén está confirmada o horario de inicio do partido, previsto para as 20.00 horas.