domingo, 23 de diciembre de 2012

Cruz para as cadetes

As cadetes perderon nun final apretado


  Última xornada do deporte escolar antes do Nadal con sorte dispara para os noso equipos:
  • O equipo infantil feminino perdeu por 12 puntos na pista do CB Ribadeo, equipo co que esperamos competir con máis igualdade na segunda volat da liga en Burela.
  • O equipo alevín 2001 gañou na pista focense de Marzán ó Celtas de Foz por 28-51, diferencia que podía ser maior pero que permiteu ter un partido tranquilo no que mellorar o noso xogo de cara a partidos máis esixentes despois das vacacións.
Infantil B co seu adestrador Madar
     Os infantís masculinos acudiron a un torneo en Lugo con dous partidos contra Estudiantes e Cidade de Lugo no que poideron competir cos mellores da súa categoría infantil. No primeiro partido contra Estudiantes de Lugo perderon despois de quedarse con 4 xogadores por eliminacións por faltas nun partido igualado e contra Cidade de Lugo perderon por unha diferencia maior polo cansancio acumulado pola mañá e polas baixas de Noel lesionado e de Ángel. Boa experiencia para os nosos que esperamos repetir no futuro.

     Por último, as cadetes disputaban un partido atrasado contra Estudiantes de Lugo en Vista Alegre, partido moi importante porque son rivais directas polas primeiras prazas. a primeira parte foi boa con diferencias para as locais (19-12 e 35-29) que podían ser maiores  pero que as pérdidas de balón (14 na primeira parte) deixaron ás luxenses dentro do partido. Un mal terceiro cuarto e o cansancio acumulado levou a un final apretado onde as lucenses tiveron máis acerto en ataque e conseguiron unha pequena diferencia nos 2 últimos minutos que lles sirveu para levarse o partido (58-65).
   Xogaron Katia, Noa, Saray, Teba, Tamara, Elena, Tatiana e Paula, destacando en anotación Noa e Tatiana con 43 puntos entre as dúas.

O CB BURELA DESÉXALLES BO NADAL 



viernes, 21 de diciembre de 2012

No Nadal non paramos

Próxima xornada e calendario de Nadal

  O CB Burela non para nas vacacións e os/as xogadores/as do noso clube van poder seguir adestrando nas vacacións para mellorar o seu nivel de xogo e competir no ano 2013 nun nivel un pouco máis alto. So descansan os grupos de iniciación e os benxamíns.
   Tamén disputaremos a última xornada do deporte escolar antes do Nadal con partidos en Foz contra os Celtas (alevín 2001) e tamén en Ribadeo contras as locais (infantil fem. B).  
    O equipo infantil masculino desprázase a Lugo para disputar un torneo no que vai ter partidos o sábado pola mañá e pola tarde.
    Podes consultar os horarios na imaxe inferior:
Preme na imaxe para poder vela máis grande


  As seniors teñen un parón na liga pero van adestrar os días libres do Nadal (as cadetes deben ir esos días), e adestrarán mércores xoves e venres da vindeira semana en Vista Alegre de 21 a 22.30h e a semana seguinte no mesmo horario pero aínda non está confirmado a pabillón. Tamén estamos a estudar a posibilidade de disputar algún partidop amigable para voltar a coller o ritmo de competición.

BO NADAL


miércoles, 19 de diciembre de 2012

Noticias da base

A base faise notar

   Interesante partido fratricida entre os dous equipos infantís femininos do CB Burela no Pabillón Vista Alegre o pasado domingo antes do partido das seniors. Victoria clara do Infantil B nun partido con moita intensidade pero falto de acerto de cara ó aro. O resultado final de 14- 28 debe animar ás derrotadas a aumentar as súas gañas para recortar esta diferencia diante do seu equipo xemelgo que xogou un pouco mellor e tivo a Paula como xogadora máis destacada.
 Os dous equipos cos seus adestradores
    Un partido entre amigas que no futuro compartirán equipo e que se volverán a enfrentar na segunda volta da liga escolar infantil.

    Por outra banda, 4 representantes do noso clube participaron nunha xornada de tecnificación da Federación Galega de Baloncesto en Lugo cos mellores infantís (ano 2000) e cadetes (ano 1998) masculinos e femininos  da provincia. De seguro de que tanto Noa e Tatiana en cadetes como Marco e Paula en infantís nos deixaron quedar ben e poideron amosar os seus progresos máis recentes.
Podes velo na web da Federación AQUÍ
   Está previsto un adestramento de tecnificación en Foz para alevíns o 27 de decembro ó que acudiremos e do que xa se dará aviso nos adestramentos.



lunes, 17 de diciembre de 2012

NOVA VICTORIA DAS SENIORS

As senior gañan a Sarria

   Sexta victoria das seniors na 2ª Feminina FGB diante dun combativo CB Sarria que non se rindeu nunca aínda que sempre foi a remolque no marcador.
    Dominio local desde o principio (propiciado por unha boa defensa) que non se traducía en rendas altas (14-11 no 1º cuarto e 21-19 ó descanso) polos erros no pase e tiros fáciles que non ampliaban o marcador.
      Despois do tempo de descanso arreón defensivo e de transicións rápidas das burelesas o que decantaron o marcador xa de forma clara (42-26 ó final do 3º cuarto, aínda que se anulou un triple lonxano de Lucía un tanto dubidoso) e deixaban casi resolto partido para o último cuarto. Pero despois dun parcial tan favorable (21-7) volveron os erros  e o Sarria con varias contras e tres triples achegaronse no marcador ata os 5 puntos finais de ventaxa (49-44).
    Un partido gris que só nos deixa unha boa victoria e a necesidade de acumular adestramentos durante o parón do Nadal (non temos partido ata o 19 de xaneiro) para mellorar o ritmo de xogo e incrementar a eficacia ofensiva.
   Xogaron Melani (7), Mar (5), Lucía (2), Irene M., Marta (4), Claudia (4), Margarita (13), Irene F. (2) e Miriam (12).
Podes agrandar a imaxe cun doble clic
   Esperamos recuperar efectivos e afrontar con novos ánimos a segunda parte da liga , unha vez cumprido o obxetivo de competir nestos 9 primeiros partidos co hándicap da falta de pretemporada e adestramentos e a clasificación en segundo posto a estas alturas é un importante logro.

sábado, 15 de diciembre de 2012

Ligas escolares

Benxamíns a tope

  Na mañá do sábado disputamos unha nova xornada do deporte escolar con 3 partidos en Burela con resultados diversos que agora pasamos a analizar:
  • Benxamín mixto, con partido diante do Martínez Otero de Foz e cunha brillante victoria (42-27) que sigue deixando líderes ós/ás de Manolo , invictos despois de catro xornadas. Queda claro que xa son candidatos ó campionato, aínda que deben refrendalo en partidos difíciles a domicilio. Xogaron Antón, Luís, Alejandra, Julia, Claudia, Hugo, Pablo F.,Fernando e Diego N.
O equipo Bernxamín Mixto de Manolo Cobas
  • Alevín Masculino, co partido entre o noso alevín 2001 e o Martínez Otero, partido igualado desde o inicio, con moitos erros e que aproveitou o equipo de Foz para acumular unha renda de 12 puntos ó inicio do último cuarto. Cambiaron as cousas e o equipo local mellorando a defensa e con rápidos contraataques chegou a empatar o partido e ter varias opcións finais de gañar ,para rematar o partido con empate a 34 puntos. A prórroga deixou ver o cansancio dos locais (só 8 xogadores) e rematou coa victoria visitante por 40-44. Xogaron David B., Diego P., Gabriel, Ángel, Hugo, Pablo F., Alberto e Artai.
  • Alevín Masculino, co partido entre os 2 primeiros clasificados , o noso alevín 2002 e o CB Ribadeo. Gran 1ª parte con dominio dos ribadenses (con xogadores máis altos e maiores en idade) pero sin grandes diferencias. O mal 3º cuarto dos locais xa deixaba resolto o partido para o último cuarto con 20 puntos de ventaxa, pero o equipo local sigueu pelexando e rematou o partido 36-54. Xogaron Adrián, Miguel, Iván, Pablo R., Cristian, Alex, David F. e Xoel.
    Para mañá queda un partido esolar, partido infantil feminino entre os 2 equipos de Burela o domingo ás 17h. (de estos partidos tamén vamos a ter na cateogría alevín)  para rematar co prato forte das senior no mesmo pabillón o domingo ás 19h. contra o CB Sarria (6º clasificado) .

viernes, 7 de diciembre de 2012

A base sigue xogando

Partidos adiantados e amigables para a base

  Nesta ponte de decembro a activvidade redúcese pero seguimos entrenado e xogando tanto nas ligas escolares Xogade como con amigables contra clubes do noso entorno.

   En canto ás ligas escolares, partidos adiantados para o alevín 2002 cunha victoria sobre os Celtas de Foz cun festival anotador que os sigue mantendo no coliderato do grupo (co CB Ribadeo) e unha nova victoria moi cómoda en San Cibrao contra o Cervo dos benxamín (3 partidos, 3 victorias) que os deixan líderes en solitario do seu grupo.
Amigables da ponte de decembro do CB Burela
  En canto ós amigables, debut dos máis pequenos (iniciación) en Xove, o que de seguro nos ofrecerá a cara máis divertida e inocente do baloncesto e que lles servirá como reforzo dos adestramentos que realizan. 
  Asimesmo, tamén debutan as benxamíns femininas en Xove para preparar a liga benxamin feminina que empezará cando remate a mixta que xa están disputando.
   Tamén os infantís masculinos reciben ó  CB Vegadeo en Vista Alegre esperando competir mellor co equipo asturiano que lles gañou nunha recente visita a Vegadeo.

  Por último, as demáis categorías siguen co seu plan de adestramento para preparar a xornada das súas ligas e as senior doblan adestramentos para preparar o partido do seguinte domingo contra o CB Sarria.


lunes, 3 de diciembre de 2012

Domingo perfecto a domicilio


As senior e as cadetes gañan fora

   Domingo perfecto para o CB Burela nas ligas FGB femininas con dúas importantes victorias a domicilio diante de rivales directos e que deixan líderes ás cadetes e segundas ás seniors dos respectivos grupos .     Boas sensación e melloría no xogo fai que debamos pensar que van a competir cos equipos da parte alta da clasificación ó final da liga. Queda unha xornada antes do parón do Nadal onde poden afianzar as posicións de privilexio e conseguir nas vacacións elevar o nivel do seu xogo para mellorar o rendemento individual e colectivo na segunda volta das súas ligas. Podes ver as clasificacións e a vindeira xornada nas imaxes que apardecen abaixo (clicando sobre elas se poden agrandar).

                                          

                     Clasificación 2ªSenior   FGB                                                      
  
                                                      

 
 Clasificación 2ª Cadete FGB                                                                   

  O partido cadete en Foz contra o Celtas rematou cun 38-51 e un final tranquilo para as nosas que non fixo perigar a victoria, fundamentada nas variantes defensivas que romperon o ritmo das locais e un ataque contra zona eficaz e ordenado . Xogaron Katia, Lara, Noa, Tatiana, Teba, Tamara e Saray. 
   O vindeiro compromiso é contra Estudiantes de Lugo , un rival duro que optrá o final da liga ós postos de privilexio.
CB BURELA CADETE FEM. 12-13

    En Coruña cun horario tardío (domingo, 19h.) esperábanos un rival clasificado en 2ª posición e con só unha derrota na liga , o Fixagal María Pita, que iba a poñernos a proba. Ibamos con só 8 xoagdoras (3 juniors) pero moita ilusión e ganas de xogar, e así se iniciou o partido cunha forte defensa e transicións rápidas que nos deron as primeiras ventaxas  (8-15). No segundo cuarto a presión coruñesa e algúns erros  fixeron apretarse o marcador pero nunca chegou a poñerse diante o equipo local para chegar ó descanso cunha pequena renta de 5 puntos (19-24) e todo aberto para a segunda parte. Intensidade defensiva e un ataque sólido fixo aumentar as ventaxas ata os 10 puntos (29-39) para iniciar o último cuarto con rentas cada vez máis amplias ata 15 puntos (35-50) e rematar con 2 minutos de relaxación que reduciron a diferencia ata os 6 puntos (46-52).
    Xogaron Marta (8), Melani (4), Mar (11), Lucía (3), Claudia (2), Irene Fdez., Maragarita (15) e Miriam.
         8-15  /  19-24  /  29-39 /  46-52
   Destacamos ó noso equipo en defensa, nas recuperacións e debemos mellorar nas transicións e nas pérdidas de balón que lastran o bo xogo que realizamos en defensa. Toca seguir progresando e aproveitar o parón da ponte de decembro para acumular sesións de adestramento e mellorar o noso xogo.
     Na vindeira xornada (16 de decembro) recibimos a unhas vellas coñecidas (CB Sarria) coas que tivemos unha gran rivalidade nos últimos anos tanto en cadetes como en junior e que seguro non serán unhas rivais doadas.

sábado, 1 de diciembre de 2012

Intensa matinal de basket escolar


Todos os equipos de baloncesto escolar en xogo

     Intensa matinal do baloncesto escolar para o CB Burela, con 5 partidos en Burela e 2 en Foz. Gran interés nas gradas por parte dun público que completou medio aforo no Pabillón Monte Castelo, onde os resultados foron:
  • Alevín masc.  CB Burela 2001 - 21  CB Ribadeo 49, partido no que a calidade e rotación dos visitantes se impuxo despois do descanso (13-19). Mal partido dos locais cun gran número de pérdidas e tiros fáciles fallados que aproveitou o gran favorito da competición para levarse unha cómoda victoria. Xogaron Artai, Alberto, Diego, Hugo, Pablo F., David B., Angel e Gabriel.
  • Benxamín mixto  CB Burela  43. CB Ribadeo 29, importante vistoria cunha gran 1ª parte (31-9) e unha segunda parte onde o equipo visitante se puxo a 7 puntos pero no último cuarto acabou perdendo por 14 puntos. O benxamín mixto sigue invicto e suma a súa segunda victoria na liga .  Xogaron Diego F., Antón, Claudia, Julia, Alejandra, David, Daniel, Hugo, Pablo F.,Fernando e Diego N.
  • Alevín masc.  CB Burela 30 - CB Viveiro  16 , mal partido dos locais con moitísimas pérdidas de balón, cun resulatdo moi baixo (13-10 ó descanso) no que só no último cuarto o resultado foi definitivo para os locais. Xogaron Adrián, Miguel, Alex, David F., Iván, Xoel, Pablo R. e Cristian.
  • Alevín Fem. CB Burela 40-Cb Viveiro 27, primeira victoria das locais nun partido onde lograron ter unha ventaxa tranquilizadora e non pasaron apuros.
  • Tamén pola mañá xogaron os infantís masculinos de Manolo  Cobas contra Ribadeo e lograron unha importante victoria por 49 a 37 logrando así seguir invictos despois de 2 xornadas e liderar o grupo. Xogaron Alex, Marco, Pablo Rubal, Manuel, Noel, Brais, Luismi, Angel e Adán.
Moito público na matinal do sábado no Monte Castelo
   Por outra parte, o equipo infantil feminino e o alevín feminino restante caeron con claridade na visita a Foz (Martínez Otero) con diferencias moi amplas (30 ptos.) e sen opcións de victoria en ningún dos dous partidos.

   Quedan os 2 pratos fortes do fin de semana, o derbi local en Foz entre Celtas e Burela (cadete fem. FGB) e a visita das senior a Coruña para enfrentarse no pabillón de Riazor ó potente equipo do Maria Pita o domingo ás 19 h.