jueves, 28 de febrero de 2013

PESCADOS RUBÉN, novo patrocinador do CB Burela

Pescados Rubén colabora co CB Burela como patrocinador

 
     Boas novas para o CB Burela co acordo coa empresa Pescados Rubén  para que sexa a partir de agora o seu novo patrocinador.
 
    Este luns se sellou o acordo de colaboración entre o noso clube e a empresa punteira na costa Pescados Rubén e será o patrocinador do noso clube a partir do presente mes de marzo.Non debemos esquecer o interés amosado sempre por esta empresa da Mariña polo deporte local e para o CB Burela debe ser un paso máis na consolidación das categorías base e dos equipos que compiten en ligas da Federación Galega de Baloncesto.
Directivos e adestradores do CB Burela cos representantes de PESCADOS RUBÉN
 

      Esperamos que a colaboración con esta empresa sexa positiva e duradeira  e anime a outras empresas a colaborar co noso clube que traballa co deporte de base  como elemento fundamental da educación dos nenos/as e adolescentes.

Nova xornada para o CB Burela

Xornada do 2/3 marzo para os nosos

 
   Nova xornada do CB Burela para este sábado día 2 de marzo noq ue disputaremos os seguintes partidos:
  • Benxamín Mixto contra Mtnez. Otero en Foz, unha auténtica final para os/as de Manolo onde se disputarán as opcións de seguir como líderes invictos da liga da costa.
  • Alevín masculino, cunha doble xornada , en Foz contra Mtnez Otero o alevín A (2001) e contra os líderes CB Ribadeo o alevín B (2002), coa incognita do seus resultados pola irregularidade das últimas xornadas.
  • Infantil masculino contra Mtnez. Otero en Burela, coa esperanza de darlle a volta ó  adverso resultado da ida en Foz e pelexar por quedar nas primeiras posicións.
  • Infantil feminino, coa volta do enfrentamento entre os dous equipos nosos , que tentarán demostrar á bancada os seus progresos.
  • Cadete feminino, co partido aprazado diante o Celtas de Foz , pendente de nova data .
  • Senior feminino, co importante choque diante Sta. María del Mar , o sábado pola tarde (16h.) en Vista Alegre coa sana intención de tentar seguir na primeira posición e manter a racha de oito victorias consecutivas.
Podes agrandar a imaxe

martes, 26 de febrero de 2013

SENIOR : Líderes en solitario

O senior feminino acada o liderato

     Moi boas novas para o noso equipo Senior Feminino, despois da xornada 16 acada o liderato con 12 victorias e 3 derrotas. As oito xornadas sen perder levan ás nosas xogadoras á primeira posición para un equipo de nova creación onde a mistura de xogadoras veteranas, juniors de CB Burela de fai 4 anos e as actuais juniors (5) nos da un presente moi positivo e unhas perspectivas de futuro aínda máis esperanzadoras.
Clica na imaxe para facela máis grande
     O vindeiro sábado día 2 ás 16h. empezaremos a defender a nosa privilexiada posición diante dun rival moi duro (Sta. María de Mar de A Coruña) e necesitaremos todo o apoio da grada para dar un paso máis na nosa traxectoria e deixar a este equipo máis abaixo na clasificación.

domingo, 24 de febrero de 2013

SENIOR Fem.: Seguimos en racha

Octava victoria seguida das senior

   Nova xornada da 2ª división feminina FGB e nova victoria (12 victorias e 3 derrotas) a domicilio das nosas diante dun peleón Laracha, moi mellorado con respecto á primeira volta .
    O inicio do partido por parte das nosas foi moi frío (como a temperatura do Pabillón) e despois de cinco minutos dominaban as locais por 8-5. Tempo morto e cambio de chip en defensa e circulación de balón e parcial de 9 a 0 para o CB Burela que xa poñía as cousas no seu sitio para rematar o cuarto cunha pequena diferencia de 15-19. Moi bo o segundo cuarto das nosas e parcial de 12 a 23 que xa deixaba clara a diferencia no marcador no descanso 27-42. 
     Despois do descanso o noso equipo despregou o seu mellor xogo con gran defensa, transicións rápidas e bos ataques á eterna zona local polo que xa quedou resolto definitivamente o partido 32-57. No último cuarto sirveu para probar a competitividade do noso quinteto junior que salvou con nota a proba gañando o cuarto por 9-14 e resultado final de CB Laracha 41 - CB Burela 71.
Miriam, estelar, con 20 puntos


   Destacaron todas as xogadoras, con un gran esforzo defensivo e unha melloría no acerto exterior con respecto ós primeiros partidos de liga, cunha rotación amplia e de calidade que fai que o nivel de xogo se manteña durante todo o partido.
    Xogaron:  Melani, Carla (5), Mar (14), Lucía (3), Marta (6), Claudia (7), Margarita (10), Irene F. (2), Miriam (20), Sol (2) e Irene M. (2).
    Tanteo :  15-19  /  12- 23  /  5-15  / 9- 14     -  8 faltas (sen eliminadas)

   A vindeira semana visita Burela o Sta. María del Mar de A Coruña, equipo co que estábamos empatados a victorias na cabeza da táboa, polo que será un partido importantísimo de cara a poder disputar o título ó final da temporada.

sábado, 23 de febrero de 2013

Nova xornada da nosa canteira

Resultados da base (23 febreiro)

  Unha vez rematada a xornada de deporte escolar tivemos resultados favorables e desfavorables nos cinco partidos que tivemos que xogar a domicilio.

   En benxamín non tivemos xornada e o equipo ten unha excelente traxectoria na liga e vai ser un claro favorito ó triunfo final da liga da costa.
   En alevín masculino, o equipo B (2002) sufreu unha inesperada derrota diante do CB Viveiro (22-20), e suma a súa segunda derrota na liga. Un mal inicio (8-0 no primeiro cuarto) e un xogo irregular lastraron ós nosos xogadores no marcador. A base de defensa conseguiron igualar o partido pero as precipitacións en ataque, os erros de tiros lobres (0/10) e a falta de xogo colectivo lle deron esta mínima ventaxa ós locais.
   Os alevíns A (2001), deron a gran sorpresa derrotando ó superfavorito CB Ribadeo en Ribadeo por 46-51, nun enorme partido en defensa e un ataque baseado no xogo de equipo que nos da ilusións de cara ós partidos que quedan. Lamentablemente este partido non contará como victoria por non ter os 8 xogadores necesarios para xogar.
     Tamén as alevíns nos deron unha alegría en Viveiro cunha victoria doada (15 puntos arriba) que reforza a súa moral e lles dará forzas para traballar nos adestramentos e poder ser máis competitivas no tramo final da súa liga.
Lolo nun tempo morto en Vista Alegre coas infantís

     Derrotadas saíron tamén de Viveiro ás infantís femininas (40-24) a pesar do bo inicio e seguen nun alarmante bache de resultados, do que deben saír a base de traballo nos adestramentos, esforzo en defensa e tranquilidade no ataque, nun grupo que, de seguro, nos dará moi boas noticias na seguinte temporada (son a maior parte de 1º ano). Teñen aínda partidos para revertir a racha e pelexar polas victorias.
   Por último, os infantís masculinos perderon parte das posibilidades de gañar a liga nun mal partido en Ribadeo (42-27), no que tamén perderon o basketaverage cos ribadenses. As baixas de angel e Alex e o desacerto no tiro fixeron ir sempre por detrás ós de Manolo e non tiveron opcións de pelexar polo partido. Boa temporada de este equipo co que ninguén contaba pero que nos fai pensar nun futuro do basket masculino en Burela.

domingo, 17 de febrero de 2013

Outra victoria para as senior

Séptima victoria consecutiva das senior

    Nova xornada da 2ª autonómica FGB feminina e nova victoria das nosas diante de ADFRO Coruña por un contundente 67-28 , nun partido moi doado de principio a fin e no que as baixas de Carla e Melani non afectaron o rendemento do grupo.
  Inicio positivo do partido con rendas cómodas (14-4 e 18-8 nos primeiros parciais) para chegar ó descanso cunha renda xa casi definitiva 34-14. A mesma liña defensiva e unha mellora no acerto permiteu seguir ampliando as ventaxas (58-21 no 3º cuarto) rotando as xogadoras disponibles e coa participación sobresaínte das nosas juniors (entre as 4 un total de 32 puntos) . Un último cuarto de trámite deixou o resultado en 67 a 28 , xusto pola diferencia de calidade e ritmo entre as nosas e as visitantes.
As junios Claudia e Marga : 26 ptos contra ADFRO
   Polo noso equipo xogaron: Mar (15), Lucía (8), Marta (8), Claudia (10), Marga (16), Irene Fdez.(6), Sol,  Miriam e Irene Méndez (4).
                              Tanteo por cuartos:  16-6 / 18-8 / 18-7/ 15-7  10 faltas , sen eliminadas

   Así, despois de este resultado volvemos a compartir o liderato con Sta María del Mar de Coruña cun total de 11 victorias e 3 derrotas e na vindeira semana visitamos ás colistas (Laracha) para intentar conseguir a octava victoria consecutiva e seguir moi arriba na clasificación.
 
  Por outra banda, na tarde do domingo as cadetes doblaban a xornada visitando ás lideres en Lugo (Galén Ensino) contando coa baixa de Tatiana lesionada e caeon por un resultado de 52 -33 debido ó  mal inicio do partido (16-0 para as lucenses) e a pouca rotación disponible (un só cambio) que fai que cheguemos moi cansadas ós finais. Destacaron Noa e Katia (25 puntos entre as dúas) e no lado negativo o afán de protagonismo do árbitro de turno que expulsou ó noso adestrador e deixou ó equipo sen dirección técnica.
   Na vindeira xornada derby local coa visita das Celtas de Foz que intentarán recortar as diferencias na clasificación na que as nosas scomparten a 2ª posición a dúas victorias das líderes.

Nova xornada da base

Xornada completísima da nosa base

  Nova xornada do deporte escolar para o noso baloncesto de base e resultados de todo tipo:

  • Os  benxamíns de Manolo voltaron de Viveiro cunha fácil victoria diante dos locais e consolidan a primeira posición do grupo e aumentan de forma moi grande as posibilidades de gañar de novo a liga local e ir ás finais provinciais.
  • Os alevíns de Rubal tiveron unha sorte diversa nos seus desprazamentos, mentras o alevín 2001 perdía na última xogada do partido contra Viveiro (26-24) nun partido moi extraño no que o árbitro decideu que non existían os tiros libres , o alevín 2002 gañaba en xove de forma clara 12-49 ós locais nun partido sen historia.
  • As alevíns  e as infantís de Madar e Lolo perderon no Monte Castelo contra Lourenzá-mondoñedo en partidos nos que competiron pero nos que non chegaron igualadas ó final no que poderían dar a sorpresa.
CB Burela - Infantil feminino 2012/13
  • Os infantis masculinos de Manolo gañaron con autoridade na súa visita ó CB Viveiro e seguen pelexando co Martínez Otrero de Foz e o CB Ribadeo por quedar campións da liga escolar da costa de Lugo.
  • As cadetes de Madar desprazaronse a Lugo para xogar coas colistas Ensicid e voltaron cunha victoria por 40 puntos aínda que o equipo iba de viaxe sen as xogadoras máis destacadas da 1ª volta (Noa e Tatiana, lesionadas) e con só 5 xogadoras conseguiron esta victoria que as conserva na zona alta do seu grupo.
   Queda para o domingo  o partido en Lugo das cadetes diante das favoritas ó título Galén Ensino, coa baixa da mancada Tatiana e o partido das senior diante ADFRO Coruña do domingo pola mañá.

martes, 5 de febrero de 2013

Resultados da base e clasificación Senior

RESULTADOS (base) e CLASIFICACIÓN(senior)

   Nova xornada para a base do CB Burela con sorte desigual pois tivemos unha victoria e outra derrota.
   En Benxamín Mixto, o equipo de Manolo Cobas sigue a súa marcha victoriosa cunha nova victoria en Foz diante o Martínez Otero. Seguimos líderes e con moitas opcións de gañar a liga escolar .
   Peor lle foi ó infantil  feminino que perdeu diante do CB Viveiro en Burela por 12 puntos, aínda que a melloría do xogo das nosas é evidente e , de seguir esta liña, as victorias non tardarán en chegar.
    En alevín feminino, o CB viveiro solicitou a última hora o aprazamento do partido, polo que deberemos buscar un día para disputar este partido en Burela.

   En canto á clasificación das nosas senior, boas noticias, aas dúas victorias do fin de semana levan ó equipo a ocupar o liderato da liga de forma circunstancial (temos unha xornada máis disputada), e cando se disputen os partidos do fin de semana estaremos , de seguro, entre as 3 primeiras prazas.
Clasificación  e calendario da 2ªSenior Feminina na web da Federación Galega de baloncesto


domingo, 3 de febrero de 2013

Fin de semana: 2 partidos = 2 victorias

Sigue a racha das senior

    Despois do disputado partido do sábado, o equipo feminino do CB Burela recibía na tarde do domingo ó CB Cambre, equipo da zona media que podía aproveitar o cansancio das locais, pero que ó final tampouco foi rival das burelesas que gañaron cunha diferencia grande (70-33).
    O partido iniciouse de forma positiva para as locais (10-2) pero os triples das visitantes levaron o primeiro cuarto a unha diferencia mínima (14-12). O inicio do segundo cuarto as imprecisións das nosas fixeron que as visitantes estivesen por arriba no marcador pero a intensidade defensiva local volveu a darlle un bo marxe no descanso (30-20).
As nosas en defensa
     As visitantes (só viaxaron 6) tiñan que notar a falta de rotación  e as faltas polo que o partido xa se rompeu cun parcial de 16-6 para encarar o último cuarto que xa foi un paseo para as nosas (24-7).
    Xogaron : Melani (2), Mar (16), Carla (15), Lucía (7), Marta (6), Claudia (4), Margarita , Miriam (14) e Irene M (6).   17 faltas (sen eliminadas).
   O CB Burela remata este fin de semana reforzado na súa moral e xogo e descansarán a vindeira xornada (Entroido) para recibir na seguinte ó ADFRO coruñés coa ilusión de continuar a racha de victorias (6 consecutivas).

Enorme victoria a domicilio contra as líderes

As senior dan a campanada

     Este sábado as senior conseguiron a súa quinta victoria consecuriva diante do equipo líder ,Area 10, cun gran partido a domicilio onde non só gañaron con certa comodidade (e ademais deixan favorable o basketaverage en caso de empate final) senón que se confirman como un serio aspirante ós primeiros postos da liga.
     Nun ambiente moi frío e nun partido adiantado (era da xornada do Entroido) as de Burela tumbaron a un equipo que só coñecía 1 derrota esta temporada. O partido empezou cheo de precipitacións e desacertos que deixaron o marcador nun pobre 4-6 o 1º cuarto, pero a defensa burelesa xa daba froito deixando ás locais sen poder disfrutar de tiros cómodos deixando xa a renta no descanso en 9 puntos (15-24). 
     A segunda metade empezou como a primeira con bastantes erros polos dous bandos e pouca anotación e ó final do terceiro cuarto a diferencias iban sempre cerca dos 10 puntos (22-29) para iniciar o cuarto final cunha diferencia demasiado corta para o sacrificio das nosas en defensa. Foi o último cuarto e mellor das de Burela , cando se espabilaron en ataque e empezaron a acertar desde a liña de tiros libres , para chegar ós minutos finais cunha renta suficiente parar non pasar ningún tipo de apuros.
    Destacaron todas en defensa, pero en ataque empezamos a ter máis xogadoras que aportan e hoxe foron Miriam desde o exterior (3 triples con gran porcentaxe) e Mar por dentro (moito traballo en defensa e ataque).
Miriam  e Mar, destacadas
       Xogaron:  Melani, Carla (2), Mar (14), Lucía, Marta (7), Claudia, Margarita (7), Irene Fdez.(4), Miriam (15) e Irene M.(2).
       Tanteos: 4-6 / 15-24 / 22-29 / 35-51
19 faltas (sen eliminadas)

   Mañá domingo xogan en Burela contra Cambre (18h. en Vista Alegre) para refrendar o bo momento do equipo, diante dun rival incómodo que , de seguro, non dará facilidades ás nosas.