viernes, 29 de noviembre de 2013

Fin de semana na BASE

Completo fin de semana

    Este fin de semana temos un menú completo de baloncesto con encontros oficiais FGB para juniors e infantís e amigables para alevín masculino e Iniciación. ademáis, podes ver as clasificacións , a día de hoxe, clicando nas imaxes da dereita.

  • Junior masculino, cun difícil partido como locais diante do potente CB Sarria (sábado 19h., Vista Alegre), no que os de Manolo deben dar o mellor de sí para sorprender ós visitantes, que só perderon un partido  no que vai de liga. Os noso deben volver ás sensacións do partido contra Chantada e esquecerse da última derrota en Lugo diante Sagrado Corazón.                                                   
  • Infantil Masculino. O equipo dirixido por Angel Cao, recibe ó favorito CB Ribadeo (sábado 10,30h., Vista Alegre) coa firme determinación de facerlle frente ó equipo favorito do grupo, pero coa moral das dúas victorias apabullantes conseguidas diante CB Viveiro e Martínez Otero nas dúas primeiras xornadas. Unha boa oportunidade para ver a Marco, Angel, Diego, Noel,... como locais. Non temos referencias dos ribadenses, ó ter aprazados os 2 partidos anteriores.                                                         
  • Infantil feminino, tamén co enfrentamento diante do CB Ribadeo, encontro que se disputará a continuación do masculino (12, 12.30H, Vista Alegre), partido que contamos sexa igualado como en pasados enfrentamentos, pero no que as nosas, comandadas pola moi anotadora Paula, se coloquen por diante no marcador e consigan  unha brillante victoria.

        AMIGABLES - MINIBASKET

    Tamén disputamos amigables o vindeiro sábado, con 2 partidos :
  1. Alevín masculino, cun partido diante o CB Ribadeo, (12.30h. Monte Castelo) onde Suso Rey contará coas importantes baixas de Adrián, Pablo e David. Unha boa oportunidade para comprobar a adaptación ós sistemas do resto da plantilla e dos 3 benxamíns que entran na convocatoria: Hugo, Pablo Fdez., e Antón.
  2. Iniciación, que se desprazan a Xove para disputar un partido contra os locais (Centro Cívico, 10.30h.), e así disputar minutos de competición ou , simplemente, debutar coas cores do CB Burela e nun deporte completo e colectivo como é o baloncesto.

     SORTE PARA @S NOS@S

martes, 26 de noviembre de 2013

CANTEIRA ; Fin de semana positivo

Canteira : casi pleno no fin de semana

   Este fin de semana tivemos moita actividade , tanto nas ligas federadas como en amistosos previos á liga escolar que tanto se demora. E os resultados foron moi positivos , rozando un pleno de victoria para os noso equipos, e os partidos disputados foron:

Marco, destacado
  • Infantil masculino, cunha gran e abultada victoria diante Martínez Otero en Foz, cun contundente 33-78 para os nosos , dirixidos por Angel Cao, cunha intensa defensa, unha gran concentración e aportación de todo o equipo, e a anotación de Marco, novamente destacado, pero coa convicción de que funciona o equipo e que están avanzando para enfrentarse o vindeiro fin de semana ó favorito CB Ribadeo, en Burela, equipo ó que intentarán dar a sorpresa.                                                       
  • Infantil feminino, cunha gran victoria en Mondoñedo 23-64, na que a gran defensa do equipo de madar fixo inútil a eterna defensa zonal das locais e conseguiron unha gran cantidade de recuperacións e canastras fáciles. Esta victoria reforza  a moral do grupo despois da apurada derrota na xornada anterior diante de CB Viveiro. Volta a destacar en anotación Paula pero ben acompañada polo resto.  Xogaron Paula 24, lara 9, Ashley 6, Kesia 2, Andrea, 4,Aida 2, maría 9 e Mireia 6.                                                                                                                                          
  • Junior Masculino, cun difícil desprazamento o sábado a Lugo para xogar diante Sagrado Corazón, equipo co que corresponde pelexar ó final da liga na clasificación. Derrota dolorosa 72-32, na que se pagou a falta de intensidade, a precipitación e na que voltaron a  aparecer individualismos que en nada favoreceron ó grupo. Toca traballar e solucionar problemas para a vindeira xornada.
    En amigables tamén houbo moita actividade:

Alevíns Bural-Viveiro ó rematar o partido
  • Alevín masculino, coa victoria en Burela sodre CB Viveiro 33-31, na que os nosos remontaron ata 6 puntos de diferencia despois do descanso nun partido malo, no que estaban máis pendentes de elaborar os ataques que de anotar. fallos tontos e moitas imprecisións diante dun rival directo na futura liga escolar. Deben mellorar e a mellor forma de facelo é xogar partidos, e se os partidos son igualados , mellor .  Na foto da dereita podemos ver os 2 equipos cos seus adestradores  (podes agrandala,cliclando nela).                                                                      
  • Equipo Alevín feminino do CB Bur 
  • Alevín feminino, cunha boa victoria , tamén diante do CB Viveiro, 26-20, con máis apuros dos que parecía no inicio (10-0) , coa destacada actuación de Carla e Nuria, e a presencia na pista de tres xogadoras benxamíns (Ana, Ainoa e Sofía) que están disputando os seus primeiros minutos de competición.  Xogaron María, Nuria, Ana, Irina, Alejandra, Ainhoa, Carla, Sofía, Ainoa e Jimena. O seu adestrador, Lolo, tomou boa nota das evolucións das súas xogadoras durante o partido.                                                           
  • Benxamín masculino, con outra victoria, esta vez en Viveiro, cun resulatdo axustado 28-32 para os nosos dee Manolo Cobas , nun partido que sirveu para ver ás novas incorporacións , para perderlle o medo á competición e para mellorar o xogo de grupo do equipo. Este equipo , en función do número, pode desdobrarse para a liga escolar e así incrementar os minutos e partidos de todos os xogadores e así as posibilidades de mellora serán maiores.
                 

       

    sábado, 23 de noviembre de 2013

    SENIOR FEMININO: Seguimos en racha

    Nova victoria a domicilio das senior

      Novo partido lonxe de Burela e nova victoria das senior, esta vez en Lugo, diante do Pulpalia, equipo que a pasada temporada estivo na parte alta da clasificación (incluso con posibilidades reais de gañar a liga), pero as nosas estiveron a gran altura (27/65) e suman a sexta victoria consecutiva en seis partidos de liga.

    Tempo morto en Lugo                       Foto: Marta A.
         Diante dun rival duro, as de Rubal debían calibrar o seu nivel despois de cinco victorias aplastantes nas primeiras xornadas e nada mellor que visitar Lugo para coñecer de forma real o nivel do equipo neste inicio de temporada.

        O inicio do partido foi malo e o equipo non consigueu anotar nos primeiros 3 minutos (6/1) pero a partir da primeira canastra de Mar o panorama cambiou radicalmente e a base de defensa e velocidade ir impoñéndose a un rival duro, comandado por MJ Fernández (7 ptos no 1º cuarto dos 9 cos que rematou o partido). Non só empatamos o partido , o equipo púxose por diante 8/16 ó rematar o primerio cuarto.

        O segundo cuarto sirveu para afianzar o noso xogo defensivo e de ataque e incrementar as diferencias (14-35 ó descanso), que as rivais non podían atallar coa defensa individual nin coas variantes de zona que intentaron.

       A segunda metade sigueu pola mesma liña, e as rivais cunha defensa moi física (amparada na pasividade arbitral) tentaban sen éxito reducir as diferencias, que volvían a aumentar ó rematar o 3º cuarto (18/48).
    Lucía C., destacada

        O cuarto final non ofreceu novidades e tivo outro parcial positivo para as visitantes para rematar o partido cun claro 27-65, que deixa clara a diferencia de xogo entre 2 equipos que o pasado curso se repartían as victorias. A única mala noticia foi a lesión de Margarita cun esguince de nocello nunha das últimas xogadas do partido.

       Destacar o esforzo e actitude colectiva dun grupo que se fai cada día máis grande como equipo e que deixa os intereses individuais para centrarse no colectivo. Dobles figuras para Miriam, Lucia C., Mar e Margarita dentro dunha anotación repartida e con protagonismos das juniors. 

    Marga,  lesionada
         Xogatron e anotaron : Miriam (11), Lucía C. (12), Mar (10), Tatiana (4), Lucía Paz (4), Marta (6), Claudia (2), Margarita (10),  Adela (6) e Celia.

        Parciais : 8/16   6/19   4/13    9/17   -  12 faltas, sen eliminadas

       A vindeira semana ,dentro da 8ª xornada de liga, voltaremos (por fin) a xogar en Vista Alegre diante das nosas vellas coñecidas do CB Sarria, equipo co que levamos anos de sana rivalidade en categorías inferiores femininas e agora en senior.

       O CB Burela mantense invicto e achégase ó liderato cada vez máis, aínda que teña un partido aprazado (8 decembro CB do Lea- CB Burela).

     NORABOA ÁS NOSAS XOGADORAS

    viernes, 22 de noviembre de 2013

    Fin de semana completo no CB Burela

    Intenso fin de semana de baloncesto

        Este fin de semana o CB Burela estará representado en todas as categorías tanto en competición oficial como en amigables. Imos repasar os partidos previstos para o sábado 23 e o domingo 24:

    Adrián, baixa por lesión
    • SENIOR FEMININO, cun interesante partido en Lugo contra Pulpalia, que nos pode dar unha imaxe real do nivel do equipo despois de 5 victorias moi doadas. O partido está previsto para as 17h no pabillón de Frigsa.
    • JUNIOR MASCULINO, no que tamén hai un desprazamento a Lugo para xogar no Anexo do pazo ás 18h contra Sagrado Corazón. Parido importante onde , no caso de victoria, os de Manolo poden subir postos na clasificación e optar con posibilidades a un lugar de privilexio.
    • INFANTIL MASCULINO, cun viaxe a Foz para xogar contra Martínez Otero (10h, sábado), coa intención de refrendar a boa imaxe dada no inicio da competición en Burela.
    • INFANTIL FEMININO, con viaxe a Mondoñedo para xogar contra Lourenzá-Mondoñedo, partido onde loitarán por conseguir a súa primeira victoria despois de escapase esta posibilidade no final do anterior partido. será o domingo en horario matinal (12h).
    • ALEVÍN MASCULINO, estrenan Vista Alegre en Burela para recibir nun amigable ó CB Viveiro, no que demostrarán os avances no seu xogo da man de Suso Rey. O inicio está previsto para as 10.30h do sábado. será baixa Adrián pola lesión no seu brazo que o deixará fora das pistas ata ben entrado decembro.
    • ALEVÍN FEMININO, xusto despois do masculino (12h) no Vista Alegre e tamén contra o Cb Viveiro. Deberán paliar o axustado do seu plantel e deixar ver os avances desta longa pretemporada. Seguramente contarán con algunha benxamín para completar a convocatoria.
    • BENXAMÍN MASCULINO, con desprazamento amigable a Viveiro (sábado 11h) para axustar o seu xogo entre os xogadores máis rodados e os novos compoñentes do equipo.
       SORTE A TOD@S

    domingo, 17 de noviembre de 2013

    SENIOR : Victoria facil en Coruña

    As senior arrasan en Coruña

       Nova xornada (6ª) da 2ª división senior feminina FGB e nova victoria  a domicilio do noso equipo senior dirixido por Rubal diante do colista da categoría (ADFRO).

    Alba, lesionada
      O noso equipo segue na súa liña e obtivo un novo resultado abultado na súa visita ó pabillón do equipo colista que sigue sen coñecer a victoria. O resultado de 10-94 deixa moi clara a superioridade aplastante das nosas que poideron obter unha victoria aínda máis amplia.
      
      A pesar das baixas de Alba (lesionada nun nocello para 1 mes), da nosa pívot titular Mar , o equipo está nunha liña moi boa e con só 5 seniors e 6 xogadoras en idade junior ampliaron  a dinámica de abultadas victorias cun xogo basado na defensa e na circulación do balón que desarbolou os tímidos intentos en ataque das coruñesas e a súa defensa zonal.

       O partido iniciouse co xogo habitual de esta temporada e o resultado ós 8 minutos era de 0-27, polo que a nosa defensa xa baixou a súa intensidade e rematou o cuarto cun claro 0-32. Nin a inclusión das juniors baixou o ritmo anotador pois remataba a primeira parte cun casi escandaloso 2-57.

    Katia,debutante
      A diferencia de nivel era tan grande que o partido non podía sevir para adestrar, e tivemos que baixar moito a intensidade en defensa para que alcanzasen os dobles díxitos as rivais e non sobrepasamos os 100 puntos pola diferencia que había no marcador.  A máxima anotadora do equipo foi Miriam, que alcanzou os 17 puntos nos 23 minutos que estivo na pista.

    Xogaron e anotaron: Miriam (17), Lucía C. (11), Katia (6), Tatiana (8), Lucía P (2), Tamara (6), Marta (14), Claudia (7), Margarita (14), Adela (7) e Celia (2).

    Miriam, 17 ptos.
       Moito acerto en media e longa distancia ( 5/8 en triples), 36 puntos das juniors e a aportación excelente das senior ( 4 en dobles figuras) deixan ó equipo aspirando ó liderato aínda que levemos un partido aprazado, e cunhas medias de escándalo, pois as nosas levan medias de 95.8 puntos en ataque e só reciben 30 puntos por partido ( o diferencial chega a casi 66 puntos de diferencia media coas rivais).

       Destaca o debút da séptima junior, Katia (16 anos) que tivo un partido con nota (6ptos.) e que non desentonou no seu primeiro partido en seniors.

        A vindeira xornada novo desprazamento a Lugo para enfrentarnos ó Pulpalia, que leva 2 derrotas en 4 xornadas e que o ano pasado foi dos únicos equipos que nos gañou en Burela ( a principios de temporada). Esperamos que sexa un partido competido no que as nosas poidan poñer en práctica todos os conceptos defensivos e ofensivos que adestran entre semana.



    Base: Inicio da competición infantil FGB

    Inicio en INFANTIL FGB

        Na matinal do sábado o pabillón Vista Alegre foi o escollido para o inicio 2ª división da Liga Infantil FGB no seu grupo Norte. Por primeira vez os nosos equipos participan nunha liga dependente da Federación Galega, e tiveron diversa sorte diante dun rival común, o CB Viveiro, pero deron unha boa mostra do seu potencial:
    Paula - CB Burela
    • O equipo infantil masculino debutou diante do equipo máis fácil do grupo, polo que o seu resultado con victoria era o esperado, pero o conxunto dirixido por Angel Cao gañou por 83-22, marxe máis grande do esperado, o que nos da unha idea da mellora de este equipo que terá rivais máis duros nas vindeiras xornadas . Para a segunda xornada se despraza a Foz (sábado 10 h.) para intentar seguir na senda das victorias diante do Martínez Otero.
    • O equipo infantil feminino tamén se enfrentou ó CB Viveiro, cunha derrota das de Madar por 40-50, resultado que non di o que foi o partido na que as de Burela deixaron escapar unha renda de 12 puntos e remataron ofrecendo o seu peor baloncesto no último cuarto. A clave foi a eliminación por faltas persoais de Paula, máxima anotadora local, no terceiro cuarto o que deixou ó equipo sen resposta diante das de Viveiro.  A vindeira xornada visitan ó Lourenzá-Mondoñedo o sábado 23 (18h), partido no que poden correxir os erros que cometeron no seu debut.
       Por outra banda, os equipos benxamíns recibían tamén na matinal do sábado ó CB Viveiro, esta vez no pabillón dos Castros, e tamén houbo resultados diversos.
    • O equipo benxamín feminino pagou a súa inexperiencia cunha derrota 10-24, pois é un equipo aínda en etapa de acoplamento, com varias xogadoras recén chegadas ó basket e que mellorará a base de adestramentos e partidos co seu adestrador Lolo.
    • O equipo masculino venceu con facilidade (40-24) e xa da un nivel máis que aceptable no que mistura xogadores con experiencia (xa xogaron o ano pasado en alevíns) e xogadores que debutaban en partidos e que empezan a asimilar os conceptos individuais e colectivos do seu adestrador Lolo.

      Por último, lamentamos profundamente a suspensión das ligas escolares de minibasket ata principios do ano 2014 (aducen problemas co transporte gratuito da Xunta), o que deixa ós nosos baloncestistas máis pequenos sen competir e que, de seguro, a liga na que participen será moi curta . 

       Nos cremos na competición como elemento de aprendizaxe, e preferimos competicións serias (horarios, arbitraxes...) polo que non descartamos poder participar en ligas federadas e non escolares nun futuro moi próximo.  
    CB Burela

    lunes, 11 de noviembre de 2013

    SENIOR FEMININO: Nova victoria en Coruña

    SENIOR feminino: Suma e sigue

         O equipo senior feminino do CB Burela desprazouse á Coruña para xogar contra o Basket Coruña un partido que , en principio, se debía ter xogado en Burela, e que por problemas de pabillón se xogou en Coruña, no pabillón de Riazor . Unha nova e clara victoria 35-100 para as nosas nun partido con pouca historia no que as nosas deixaron patente unha grande superioridade, aínda que viaxábamos coas sensibles baixas de Lucía Paz e de Claudia.

         O partido foi igualado nos seus primeiros 5 minutos polos erros claros en canastas fáciles das nosas , que non tiñan o día en ataque diante dun combativo rival. Arranxados os problemas rematamos o 1º cuarto xa con ventaxa 9-17. O segundo cuarto xa foi máis parecido ó xogo que despregamos esta temporada , baseado na defensa e na rápida circulación de balón, e o parcial de 6-30 deixaba ás nosas no descanso cun 15-47 e o partido resolto. Os parciais do segunto tempo (12-28 e 8-25) deixan moi clara a idea da superioridade do xogo do noso equipo diante dun rival refuxiado nunha zona durante moitos minutos do encontro.
    Afinando puntería antes do partido en Riazor
       Coas juniors Adela, Celia, Saray, Tamara (que debutaba en competición senior) e Tatiana na rotación desde o primeiro cuarto e momentos en que o cinco en pista era junior (cunha media de idade que non chegaba ós 17 anos) competimos de forma positiva e , estos partidos para as máis novas deben servir  para mellorar todos os conceptos do xogo, sempre apoiadas polas senior.

        Destacaron todas en defensa e no ataque o ritmo de Lucía C., e a anotación de Miriam e Margarita , que están elevando a súa confianza de cara a compromisos máis dificiles.

       Xogaron e anotaron: Alba (6), Miriam (16), Lucía C. (6), Mar (10), Tatiana (8), Tamara (4), Marta (10), Margarita (16), Saray (8), Adela (7) e Celia (9).

         Destaca tamén o número de faltas persoais 8 só para as locais e ¡22! para as visitantes.

      A vindeira xornada de novo viaxe á Coruña para enfrentarnos a ADFRO, colista da competición sen coñecer a victoria, que , de non haber cambios, será o vindeiro domingo ás 12 h.

     

    Pleno para a base

    Pleno de victorias para a canteira

        O CB Burela consigueu un pleno de victorias nos partidos que disputou en este fin de semana, e para a canteira os resultados foron óptimos tanto na liga junior masculina como nos amigables previos á próxima competición federada ou escolar.

        O equipo junior masculino, conducido por Manolo Cobas, estrenou o seu casilleiro de victorias cunha clara victoria en Chantada 32-87, co que ascende á cuarta praza na clasificación. O traballo realizado de forma intensa desde setembro empeza a dar o seu froito e esta victoria debe de servir como elemento de motivación para intentar pelexar polas catro prazas que dan paso á seguinte fase.
         O partido non tivo moita historia , o dominio en todas as facetas do xogo do noso equipo deu ventaxas durante todo o partido e non deron opción ó equipo rival. Dominio do rebote, defensa intensa e claridade de ideas en ataque foron as claves para esta balsámica victoria. Destacaron todos os xogadores pero merece especial atención o partido de Christian que estivo moi inspirado en ataque (33 ptos).
    Pincha na imaxe para agrandala

         O equipo infantil masculino tamén consigueu a victoria nun amigable en Viveiro contra o equipo local, unha victoria fácil que se chegou a complicar pero que o final solventaron os nosos sen problemas. A destacar a presenza de tres xogadores alevíns na rotación de Ángel Cao. O vindeiro fin de semana recibirán ó CB Viveiro en burela no partido que da inicio á 2ª División Infantil FGB no seu grupo Lugo-Norte.

           O equipo infantil feminino desprazouse na matinal do domingo a Ribadeo, onde consigueu outra victoria diante das locais por 8 ptos de diferencia. Este equipo, dirixido por Madar, empeza a recoller os froitos dun traballo intenso nas últimas semanas. A vindeira semana recibirán xa en encontro oficial ó Cb Viveiro en Burela (2º Infantil feminina Grupo Lugo-Norte).

          Por último, o equipo alevín feminino tamén voltou o sábado de Viveiro con outra victoria , aínda que se desprazaba coas baixas de Jimena e Claudia, e debutaban tres benxamíns no grupo. destacou Carla en ataque e o esforzo en defensa do grupo.

    sábado, 9 de noviembre de 2013

    Canteira : Iniciamos con amigables

    Amigables de preparación da nosa canteira

      O pasado fin de semana o CB Burela tivo unha actividade intensa en forma de amigables para os equipos de base, con partidos en Burela e Ribadeo contra o CB Navia e CB Ribadeo en varias categorías.

      En Burela debutaron os preminis (iniciación) contra o CB Navia cun bo resultado (14/25) para ser a primeira competición na que participaban gran parte dos seus compoñentes. Este grupo coas súas monitoras Claudia, Margarita e Lucía mellorarán ó longo deste ano e estarán ben preparados para iniciar c¡xa a competición escolar de minibasket o vindeiro ano nas mellores condicións.

       Tamén en Burela  se disputaron a competición en benxamíns e infantil masculino con derrotas diante dos equipos visitantes. Estos equipos, dirixidos por Lolo e Angel Cao, están en proceso de acoplamento , con moitos xogadores/as novos que , de seguro , nos darán gratas sorpresas nesta tempada. debemos lamentar a lesión do alevín Adrián Pardo, cunha fractura no brazo esquerdo, que o deixará sen xogar ata dentro dun mes.

    Alevín masculino no triangular de Ribadeo
       Por último, os alevíns masculinos,dirixidos por Suso Rey, participaban nun triangular en Ribadeo, no que derrotaron con claridade ó equipo local e perderon tamán con claridade diante do equipo asturiano do CB Navia, ó non poder contrarrestar a intensidade e agresividade coa que xoga este equipo. Toca mellorar e aprender dos equipos que nos superan para competir mellor no futuro.

      Este fin de semana continuamos coa preparación dos nosos equipos con dous encontros en Viveiro, onde o equipo alevín feminino e o infantil masculino se enfrentarán ó equipo local (10.30 e 12h). O equipo infantil masculino afrontrá a vindeira semana (xunto ó infantil feminino de Madar) o inicio da liga , que este ano por fin é federada e da que renderamos conta semana a semana.

      Este fin de semana tamén xoga o noso equipo junior masculino dirixido por Manolo Cobas, que se despraza a Chantada para intentar estrearse cunha victoria despois de dúas derrotas no inicio da súa liga.

      Por último, as seniors viaxan a Coruña paraenfrentarse ó Basquet Coruña este sábado en Riazor (20h), cun cambio de escenario ó non poder ter o pabillón de Burela, e tentarán seguir imbatidas despois de tres victorias moi amplas. O equipo viaxará con varias baixas-: Claudia, Lucía Paz, Carla Candia e Melani por diversos motivos. Podes ver as xornadas e clasificación na imaxe da esquerda.

       As nosas están clasificadas en cuarta posición, cun partido menos, e xa son o único equipo imbatido da competición. O vindeiro fin de semana voltaremos a Coruña para enfrentarnos ó colista ADFRO.

    lunes, 4 de noviembre de 2013

    Senior Feminino : Test superado en Cambre

    Victoria en Cambre

         O equipo senior feminino do CB Burela desprazábase a cambre o pasado domingo para enfrentarse a un equipo local que contaba por victorias os seus primeiros tres partidos. Era un partido entre os dous equipos que aínda permanecían invictos e que serían rivais na parte alta da táboa.

         O equipo local iniciaba o partido con moita eficacia e mandaba ós 3 minutos (10-6) gracia ó acerto da súa referencia ofensiva Jessica Cortés  (7 ptos). As nosas correxían a defensa e seguían con ataques rápidos co que mandaban no ritmo de xogo para rematar este cuarto 13-29. O ritmo defensivo e o acerto das transicións visitantes facían medrar a diferencia ó descanso (23/51) co que parecía xa resolto o partido.

       Co inicio da 2ª parte as locais aumentan a intensidade da defensa pereo non consiguen parar a sangría das pérdidas de balón e o acerto das nosas para un demoledor parcial (8-28) que deixaba un marcador de 31-79 para iniciar un último cuarto de trámite no que as nosas  anotaban sen descanso ata o marcador final de 49-117, resultado demasiado abultado diante dun rival moi digno que non baixou os brazos ata o final, sufrindo ademáis a lesión dunha das súas xogadoras.

        Merece tamén ser resaltado o magnífico ambiente e deportividade da grada, exemplo a imitar en moitos recintos deportivos.

       Partido para nota das nosas cun ritmo de xogo superior gracias a unha condición física moi boa, cunha defensa asfixiante todo o partido e unha maior velocidade do balón en ataque . 

       Destacaron todas as xogadoras  pero en ataque tanto Marta , as dúas Lucía ,  Margarita ou Mar estiveron especialmente acertadas e tamén merecen mención as juniors (cun paso adiante de Celia: 10 ptos.).

        Despois do partido celebramos o cumpleanos de Mar, unha das nosas capitanas, podendo ofrecerlle esta brillante victoria neste día tan sinalado.

       Xogaron e anotaron;  Miriam (7), Lucía C (10), Mar (18), Tatiana (6), Lucía P (14), Marta (22), Claudia (6), Margarita (17), Adela (7) e Celia (10).

       No futuro máis próximo,  recibimos a visita de Basket Coruña o vindeiro domingo e visitaremos en Coruña ó ADFRO o seguinte fin de semana, rivais da parte medio-baixa , que nos dará opcións de situarnos máis arriba na táboa .

     Podedes ver a clasificación AQUÍ e a crónica no blog de CB Cambre AQUÍ