domingo, 22 de diciembre de 2013

SENIOR: 10 de 10 - Máis líderes

Décima victoria das senior en 10 partidos

     O pabillón Monte Castelo era o lugar elexido para o derby entre os dous equipos senior femininos de A Mariña, un enfrentamento entre os dous primeiros clasificados, cunha diferente idea de baloncesto, por un lado conservador amparado nunha defensa zonal e á inspiración individual das  súas mellores xogadoras e por outro lado un basket atrevido, con defensa aberta e a aportación ofensiva de todas as xogadoras do plantel.
      No equipo local as ausencias por lesión (Lucía Paz e Alba) e as baixas por viaxe de estudos (Margarita e Claudia) deixaban en só 4 seniors acompañadas polas 6 juniors disponibles.

Lucía C. omnipresente
     O inicio do partido deu lixeiras ventaxas do equipo local, froito do esforzo defensivo, aínda que a falta de acerto na longa distancia impedía que o partido se decantara con claridade (18-9). o segundo cuarto foi o mellor das visitantes que coas perdas de balón locais e os erros nas transicións empataba o partido e , incluso, se poñía por diante (21-22, min. 16). Un arreón local vovía a darnos ventaxa 29-24 gracias ó acerto de Lucía C. e Celia.
     Co partido aberto o traballo de desgaste tiña que dar o seu froito e as visitantes empezaban a ter problemas coas faltas e o cansancio (rotación máis limitada) e as nosas conseguían colapsar o ataque laurentino e colocar un demoledor parcial 27-7 para rematar o  cuarto cunha ventaxa clara 56-31. en este cuarto destacaba o acerto anotador de Tatiana (8 ptos. seguidos) no seu mellor partido coas senior.
   Quedaba un último cuarto de trámite onde as juniors Tamara, Saray e Katia se sacudían os nervios e anotaban con facilidade sin que o nivel do equipo sufrira, rematando cun claro 74-37 . No equipo lauentino a mellor foi a pívot María con 15 puntos e un traballo moi interesante.

    Aportación xeral en ataque, defensa intensa, ataque a zona sen problemas e 44 puntos das 6 juniors, que cada día están máis asentadas, dannos esperanzas no equipo para o futuro. Destacaron todas no esforzo defensivo, as juniors na aportación ofensiva e Lucía Carabán  en todas as facetas (casi un triple doble).

  Xogaron e anotaron: Adela (8), Lucía C. (11), Miriam (5), Celia (12) , Mar (6) - 5 inicial- Marta (8), Tatiana (10), Saray (4), Tamara (4) e Katia (6).

                                     Parciais : 18-9 / 11-15 / 27-7 / 18-6

    Somos máis líderes e despois do parón do Nadal visitaremos en Coruña a un dos equipo máis fortes , Sta. María del Mar, que , a día de hoxe só ten 1 derrota no seu haber.

   Toca descansar, e a plantilla ten unha semana de vacacións despois de tres meses de moi bo traballo e actitude.  Noraboa chicas

jueves, 19 de diciembre de 2013

Canteira : O alevín Pablo convocado coa preselección galega

Alevíns: Pablo vai convocado coa selección

     Boas novas para o noso traballo de canteira : O noso alevín Pablo Rubal foi comvocado a participar nos adestramentos da preselección galega de minibasket. O vindeiro domingo 22 se despraza a Noia para participar con outros 15 xogadores nun adestramento que , xunto con outra convocatoria igual, servirá para dar o listado definitivo de 12 xogadores que representarán a Galicia na categoría de minibasket.

Pablo Rubal
   Pablo Rubal leva no noso clube desde idade prebenxamín (2009) e foi subcampión provincial benxamín fai dous anos en Vilalba e agora compite no alevín masculino de Suso Rey.

    Desde o clube temos que lembrar ós nosos adestradores  Lolo , Manolo, Rubal e, agora ,Suso que traballan desde a base con medios moi limitados , e que a través de esta convocatoria se reforzan no seu traballo diario.

      Gracias á participación da selección da Mariña no encontro de seleccións zonais disputada en Santiago, foron elexidos o noso xogador e outro de Viveiro. Máis abaixo pódese ver a convocatoria.

      Como dato anecdótico , non é a súa primeira convocatoria este ano , pois foi convocado a adestrar coa selección sub 12 de fútbol lucense a principios de mes, aínda que, ó final, non foi entre os elexidos.

    Desde o CB Burela desexámoslle que disfrute da experiencia.


lunes, 16 de diciembre de 2013

Senior fem. Novena victoria a domicilio

Sufrida victoria no Corgo

     Novo desprazamento para as nosas senior e nova victoria no Corgo contra Area 10 por un resultado final de 62-76. Novena xornada e séptimo viaxe do equipo diante dun dos equipos que está na zona noble da liga e que o ano pasado nos puxera as cousas difíciles.

Adela, destacada na dirección
     Para este partido contábamos coas baixas de Alba e Lucía Paz por lesión e tamén coa baixa de Mar que acudía con gripe ó partido moi mermada. Sin referencia interior o noso xogo se resinte en defensa e no ataque, deixando o equipo con só 4 seniors disponibles.

   O partido empezaba de forma brillante para as nosas que a base de defensa se adiantaba no marcador 6-14 ós 6 minutos de partido. As pérdidas de balón, os fallos en accións de canasta fáciles e unha arbitraxe difícil de entender (con técnica ó noso adestrador por protestar faltas claras na finalización de contraataques) colocaba ás locais outra vez no partido e deixaba un empate a 16 ó rematar o primeiro cuarto.

    O segundo cuarto foi bastante malo para as nosas, con fallos defensivos, moitísimas perdas de balóns e a falta de acerto exterior igulaba o marcador nun cuarto que remataba cunha canasta de Tatiana 36-37.

   O terceiro cuarto non cambiaba o panorama e as locais estaban por diante no marcador, acertadas no tiro e refuxiadas nunha cerrada zona (40´sen cambiar de defensa), pero a igualdade do marcador era total ó finalizar este terceiro cuarto (51-51).

Celia, 9 puntos
    Despois de oito xornadas con resultados moi claros , tiñamos por diante un cuarto para resolver un partido igualado, e as nosas chicas sacaron o baloncesto que coñecemos e cun parcial final de 11-25 resolveron un partido complicado e no que o resultado final non indica o sufrido traballo que nos costou. Neste cuarto a defensa volveu a funcionar, os tiros de media e longa distancia entraron e o cansancio das locais fixo o resto.

    Destacou Margarita, onmipresente en todas as facetas de xogo (puntos, rebotes, recuperacións), Miriam en ataque e o traballo das juniors Adela e Celia (23 puntos entre as dúas).

   Xogaron: Miriam 13, Lucía C.10, Tatiana 2, Marta 5, Margarita  21, Claudia 2, Adela 14 e Celia 9.

    O equipo queda como líder destacado, cun baloncesto distinto ó da categoría no que non se sae a especular ,  con nove victorias consecutivas ( 7 a domicilio) e recibe o próximo domingo en Vista Alegre ó Lourenzá , segundo clasificado con 2 derrotas, nun derbi no alto da táboa, que, de seguro, será un partido referente para o baloncesto feminino na Mariña.
Clasificación despois de rematar a xornada 9


    

    

jueves, 12 de diciembre de 2013

SELECCIÓN DA MARIÑA: Experiencia positiva

Día para lembrar dos nosos alevíns en Santiago

     O pasado sábado día 7 os noso alevíns Miguel Alves, Adrián Pardo e Pablo Rubal participaron coa selección de A Mariña de Minibasket na Xuntanza de seleccións zonais en Santiago .
    Disputaron ó longo do día tres partidos (contra Vigo, Ferrol e A Coruña), nun formato non competitivo no que compartiron pabillón cos mellores xogadores alevíns de Galicia, vendo o seu propio nivel e o nivel dos demais xogadores e equipos.
Selección Alevín de A Mariña en Santiago
Sama nun tempo morto
    A nivel de resultados colleitaron tres derrotas: iniciaron cunha clara derrota diante Vigo, cunha diferencia física notable e un ritmo de xogo máis alto, outra derota mínima contra Ferrol, no que só un cuarto desastroso os aoartou da victoria, e para rematar outra derrota clara contra A Coruña, cunha diferencia física grande e un xogo de equipo moito máis traballado que os nosos.
      Coa dirección de JA Sama , asistido polo noso adestrador XM Rubal, os nosos foron de menos a máis, mellorando en ritmo de xogo cada partido, adaptándose ás defensas a toda cancha, e coñecendo o sistema e reglas de xogo do minibasket federado ( a liga escolar ten pouco que comparar), así , cando empeze a liga alevín federada estarán máis preparados e a disfrutarán de outra forma.
     Tamén disfrutaron dunha comida en grupo,no restaurante Monte da Condesa, coñeceron nenos de outros sitios de Galicia e fixeron amigos dentro do equipo,cos que, de seguro,se saludarán dunha forma moi amistosa cando coincidan en partido na costa.
  En fim, unha experiencia do máis positiva , que esperamos se repita no futuro, pois A Mariña merece ter nome propio no baloncesto de Galicia.
O grupo despois de comer


lunes, 9 de diciembre de 2013

NOVA VICTORIA EN CASTRO: 8 de 8

LIDERATO CONSOLIDADO EN CASTRO

      Partido aprazado da 1ª xornada coa visita a Castro para xogar cun equipo da zona media da clasificación , CB do Lea, que o ano pasado nos puxera as cousas difíciles, cunha temperatura xélida no exterior e interior do pabillón. Viaxábamos coas baixas de Lucía Paz e Alba por lesión e coa alta da nosa capitana Marta Cifu, que se reincorporaba ó grupo aínda mermada polo esquince sufrido antes do anterior partido.
Tatiana , 15 anos e 12 puntos
       Inicio de partido igualado nos 4 primeiros minutos (7-8) no que as locais sacaban proveito do tiro de 3 mentras as nosas se adaptaban á baixísima temperatura ambiente e á zona local. Pasado este titubeante inicio poidemos ver nos seguintes minutos e no segundo cuarto o xogo das nosas do inicio da campaña. defensa aberta, velocidade en ataque e un ataque a zona consistente, deixando as cousas xa claras 10-29 e 25-55 ó descanso.
       Co partido finiquitado, as nosas non baixaron o ritmo e endosaron outros parciais demoledores (3-23 e 7-23) que deixaban un resultado final nun claro 35-101, entre un equipo que esperaba recluído nunha zona e outro equipo que cada día sae a buscar un baloncesto valente, aberto, rápido e coa colaboración de todas as xogadoras. Despois de dúas xornadas máis grises voltou o caudal anotador co que nos tiñan acostumados nas primeiras xornadas.
    Destacaron todas as xogadoras en esforzo defensivo, cun ataque repartido (6 xogadoras por encima dos 10 puntos)no que xogaron seniors e juniors por igual. 

    Xogaron e anotaron: Miriam (10), Mar (18), Claudia (5), Margarita (19), Adela (13) -5 inicial-  Lucía Ca.(11), Tatiana (12), Tamara, Celia (9) e Marta (3).

    Con 8 victorias seguidas ( 6 como visitantes), o CB Burela aliánzase  no liderato cuns números estratosféricos : 88,5 puntos a favor e 31 en contra de media (unha diferenza de 57 ptos.). 

   Na vindeira xornada (9ª), voltamos a xogar a domicilio, contra o CB Area 10 O Corgo, equipo situado na cuarta posición, e que ano pasado disfrutou da parte noble da clasificación toda a temporada.

viernes, 6 de diciembre de 2013

3 XOGADORES NA SELECCIÓN DA MARIÑA DE MINIBASKET

3 XOGADORES NOSOS COA SELECCIÓN

   Por primeira vez a selección de A Mariña será un dos participantes na "Xuntanza de seleccións zonais de minibasket" , que se celebrará en Santiago o vindeiro 6 de decembro. Para esta selección foron convocados 3 dos nosos xogadores alevíns, Miguel Alves, Adrián Pardo e Pablo Rubal polo seleccionador JA Sama, que estará asistido polo noso adestrador XM Rubal, que coñece ben ós xogadores alevíns de A Mariña.
   Disputarán tres encontros contra as seleccións de Vigo, a Coruña e Ferrol no pabillón do Restollal dos que daremos información a vindeira semana.
Os xogadores seleccionados cos seus adestradores
    O CB Burela é o equipo que máis xogadores aporta ó grupo, pois aparte dos finalmente seleccionados estaba Alex Gómez preseleccionado. Tamén debemos felicitar ós adestradores do noso clube polo gran traballo realizado nos últimos anos nos grupos de minibasket e debemos facer mención de Lolo, Manolo, Rubal e agora Suso, que tiveron  aestos xogadores nos seus grupos de adestramento.
   Os nosos disfrutarán dun día completo de baloncesto cos mellores xogadores alevíns de Galicia nunha actividade á que nunca iba un grupo da costa.

   Desexámoslles a maior das sortes para os partidos do sábado

martes, 3 de diciembre de 2013

SENIOR FEMININO: XA SOMOS LÍDERES

SENIOR: 7 de 7 e líderes

    O noso equipo senior feminino , dirixido por Rubal, consigueu o pasado domingo vencer ás líderes da liga en Vista Alegre e consiguen o primeiro posto aínda que levan un partido menos. O resultado foi claro para as nosas 65/36 , diante dun correoso rival (CB Sarria) que coñecía o noso xogo e que preparara o encontro despois de ver o último partido noso en Lugo. partiamos coa baixa da nosa capitana Marta Cifuentes , lesionada no último adestramento e coa baica de Alba desde novembro tamén lesionada.

Mar e  Marga en ataque
    O partido foi bastante competido e o equipo rival plantexou unha defensa que intentaba atascar o noso xogo, e consigueu sair airoso en moitas ocasións da nosa defensa, polo que a anotación foi moi reducida (15/8) no primeiro cuarto, con varias canastas fáciles falladas polas nosas xogadoras.
    O segundo cuarto mantivo a tónica e a mesma e foi o peor cuarto da liga en anotación (9/7) , que deixaba o partido aberto na segunda parte . As visitantes conseguían manterse no partido aínda que só levaban 15 puntos ó descanso.
     A segunda parte xa se iniciou de forma máis brillante por parte do CB Burela e o parcial do cuarto (22-11) xa indicaba a diferencia real entre os dous equipos, tamén Margarita empezaba a anotar con fluidez e o equipo empezaba a funcionar como nos ten acostumado este ano, cunha defensa moi incisiva e a velocidade na circulación de balón. Destaca que umn quinteto en idade junior xogou boa parte do cuarto sen que o xogo se resentira.

Lucía Paz, lesionada
O cansancio e a acumulación de faltas tiñan que lastar o xogo visitante e un novo parcial de 19/10 deixaba o marcador final en 65-36.

  Xogaron e anotaron: Miriam 4, Lucía C. 8, Mar 8,Tatiana, 4, Lucía Paz 6, Tamara, Claudia 1, Margarita 24, Adela 6 e Celia 4.

   Destacou a actitude do equipo, que ten no seu espíritu colectivo o seu principal valor, e , no ataque destacou Margarita xusto para celebrar o seu 18 cumpleanos.

      A nota negativa foi a lesión fortuita nun xeonllo de Lucía Paz, que tivo que abandonar o partido e estará varias xornadas ausente. Desde o CB Burela lamentamos a lesión e , esperamos a maior da brevidade na súa recuperación.

    Un partido gris pero cunha victoria cómoda , que nos deixa líderes á espera do partido aprazado (domingo 17 h en Castro de R. de Lea), que nos pode dar unha ventaxa tranquilizadora de cara ós seguintes partidos.

Podes ver a clasificación na imaxe de abaixo (clica para agrandala)

lunes, 2 de diciembre de 2013

CANTEIRA: Resultados diversos

Diversidade de resultados da canteira

  Este fin de semana tivemos resultados diversos nos equipos da nosa canterira, pero a dinámica é boa e os equipos van encauzando o seu xogo e mellorando as súas prestacións.

   O equipo junior masculino non consigueu a victoria diante dun poderoso CB Sarria (2º clasificado, cunha traxectoria de equipo desde minibasket) pero plantou cara e só os nosos erros lle impediron dar a campanada. Bo partido dos de Manolo, que se mantivo no partidodurante boa parte do tempo (23-23 no descanso), pero que cedeu nos ultimos min utos pola falta de banquillo e os erros nos tiros libres, onde non se superou o 20% de acerto, e só mellorando este porcentaxe se podería estar no partido ó final ou gañar os sarrianos. O resultado final foi de 41/49 para os visitantes e destacaron Mario en defensa e Christian en ataque.
CB Burela Infantil Feminino, antes de xogar co CB Riabdeo
  O equipo infantil masculino, dirixido por Ángel e Rogelio, tamén saiu derrotado como local do seu enfrentamento cos favoritos CB Ribadeo , por un resultado final de 48/76, resultado enganoso pois os nosos estiveron no partido na primeira metade (incluso por diante), pero o equipo rival aproveitou os erros locais e  a falta de rotacións  e puxo diferencia no marcador. Este equipo está mellorando, e cada día vai a máis, e seguirá ofrecendonos unha gran actitude e destellos individuais cada xornada.
   O equipo infantil feminino, con Madar ó frente, mellorou o seu xogo e acadou unha victoria 54/26 moito máis doada do previsto (CB Ribadeo, un rival co que se pensaba nun resultado igualado). Boa culpa do resultado tan cómodo foi a predisposición ofensiva de todo o equipo e a anotación de Paula (máxima anotadora , 23 ptos.) e a aparición de María (16 ptos.) que pode complementar a Paula no ataque. 3 partidos, 2 victorias e a vindeira visita a Viveiro onde se pode disputar o liderato final da liga.

CB Burela Inicación no pabillón de Xove
  Nos partidos amigables destacan:

   O equipo alevín masculino, cun resultado como local de 53/53 (empate nun amigable , cunha grande anotación e ambiente), onde o equipo acusou as baixas de Adrián, David e Pablo, pero as incorporacións de Pablo Fdez. , Antón e Hugo , do equipo benxamín deron un bo rendemento . moi ben no ataque Miguel (21 ptos.) e Alex (12 ptos.) diante dun equipo con xogadores máis altos no que tame debutaron benxamíns.
  Boas perspectivas para este equipo no inminente comezo da liga federada alevín.
    O equipo de iniciación, coas monitoras Claudia, Marga e Lucía, xogou en Xove co equipo local e consigueu un bo xogo (e a victoria 12/34), o que animará ós nosos máis pequenos de cara ós adestramentos e a futuros partidos amigables. Tamén se poideron ver detalles de algúns xogadores que os poden levar a debutar cos equipos benxamçins na inminente temporada .