viernes, 31 de enero de 2014

CANTEIRA: Resultados diversos

Resultados diversos na canteira

    Novas xornadas na liga federada e na liga escolar con resultados diversos, pero con boa participación e actitude dos nenos e nenas participantes :

         Ligas federadas

  1. Benxamín masculino, con cara e cruz, victoria clara do equipo A diante do CB Viveiro (54-23), deixando casi sentenciada a liga , e derrota do B en Burela contra CB Ribadeo (41-54), no que ademáis se perdeu o basketaverage e pasa a ocupar a terceira posición.   A vindeira xornada, este fin de semana, o equipo B recibe ó CB Viveiro (Domingo 16h Vista Alegre) e o equipo A visita ó CB Ribadeo (sábado 19h).                                                                                                                       
    Infantil  feminino13/14
  2. Alevín masculino e mixto , coa derrota do equipo Mixto en ribadeo 40-25, cunha mellora no xogo e a victoria do A en Burela diante Viveiro (57-45). A vinderira xornada o euipo A visita Ribadeo (sábado 12h) e o equipo Mixto recibe ó Cb Viveiro (domingo 17,15 en Vista Alegre).                
  3. Infantil feminino, que a diantou a súa xornada e saiu derrotado en Ribadeo (54-45), coas baixas de María e Paula, pero cun bo xogo colectivo e moitas gañas en defensa fixeron un bo partido.A segunda posición do grupo xa estaba asegurada.

    Clasificación final Liga Norte Infantil Feminina.   Clica para agrandar
  4. Infantil masculino, descansou esperando polo partido en Ribadeo de este fin de semana.         
  5. Junior Masculino, coa mellor noticia do fin de semana, victoria en Lugo diante Tigres por 50-59 nun gran partido dos de Manolo, acertados no tiro exterior e disciplinados en defensa. Xogaron: Diego, Martín 6, Román, Alberto 6, Rivas 11, Mario 2, Cristhian 21, Rafa, Miguel 2, Alejandro e Angel. Na clasificación mantéñense en 5ª praza pero poden ter opcións de clasificarse para a seguinte fase. Esperamos que esta dinámica positiva se manteña o vindeiro domingo (19h Vista Alegre) diante do equipo colista , Chantada.
Alevín Feminino Escolar

Ligas Escolares

  • Alevín Feminino, con derrota na casa diante Martínez Otero de Foz, 26-36, nun partido igualado pero con iniciativa visitante, e pagando a superioridade física das focenses na zona. Mal partido das nosas, cunha moi mala primeira metade, tiveron oportunidades no último cuarto de apretar o marcador pero o seu mal inicio lastrou ó equipo. a mellor do equipo foi Nuria, que aportou gañas e acerto en ataque.                         
  • Benxamín feminino, con outra derrota contra O Pilar de Foz, 26-32, nun partido de alternativas no marcador, pero un nefasto cuarto cun parcial 2-12, marcou as diferencias. Destacou Claudia, e debutou Julia despois de moito tempo sen xogar. tamén destaca a aportación testimonial de xogadoras en idade prebenxamín.

SORTE PARA TODOS/AS

martes, 28 de enero de 2014

Senior feminino: Decimoterceira victoria en Burela

Senior feminino: Outra victoria en Burela

    Nova xornada da liga FGB de 2ª feminina e nova victoria do noso equipo en Vista Alegre diante do CB Laracha Nova Facial, cun resultado final de 85-14.

    Partido fácil para as nosas diante dun rival da parte baixa da clasificación, que arrastraba baixas e non deu o seu verdadeiro nivel en Burela. Os rivais pechados en zona son vulnerables e agardamos poder enfrentarnos a rivais que defendan en individual paar poder amosar o noso potencial.
Tamara

   O partido non tivo moita historia pois as diferencias se foron aumentando de forma regular durante os 40 minutos e xa ó final do 1º cuarto (20-3) nos daba conta da diferencia de potencial e de ritmo de xogo entre os dous equipos. A defensa activa e adiantada das nosas poñía en moitos apuros ás rivais que chegaban ó descanso 30 puntos abaixo (41-11).

   Na continuación o cansancio e a fustración das rivais deixaba aumentar a diferencia o 59-13 ó rematar o 3º cuarto e no marcador final de 85-14.
Adela. 21 ptos.

    Polas nosas, destacar a presencia de 7 xogadoras en idade junior cunha interesante aportación ofensiva, o esforzo defensivo habitual e a anotación moi repartida no plantel. En ataque destacou Adela desde o banco, cun gran dinamismo nas súas accións.
   Despois de varias semanas sen o nivel de adestramento óptimo, incluso con problemas de pabillón para adestrar na última, o nivel de xogo das nosas baixou algo e debemos aproveitar estas próximas xornadas diante de rivais da parte baixa para voltar a incrementar o nivel de acerto en ataque e defensa dos meses de inicio da competición.

   Xogaron e anotaron: Miriam 8, Lucía C, 10, Mar 7, Katia 3, Tatiana 6, Tamara 6, Marta 4, Claudia 7, Margarita 9, Saray, Adela 21 e Celia 4.
Clasifiación e xornadas anterior e próxima

   Na clasificación seguimos invictas con 13 victorias e cunha marxe de 2 diante do Sta. María del Mar.  
A vindeira xornada temos o desprazamento máis longo (Cee) para xogar o sábado (18h) diante do Costa da Morte, rival con 4 victorias, duro , que nos debe poñer dificultades no noso xogo.

miércoles, 15 de enero de 2014

Canteira: Fin de semana completo con 10 partidos e grandes resultados

Completo fin de semana da canteira

   Fin de semana completo coa canteira, cun total de 10 partidos con grandes resultados (7 victorias) e o debut do minibasquet nas ligas da Federación Galega.

Alex - Alevín A
  1. Junior Masculino, cun gran resultado a domicilio dos de Manolo, en Monforte , cunha victoria por 37-54, cun gran xogo de equipo, onde destacou na anotación Christian e no xogo interior Miguel Rivas e Martín. Esta victoria permite sumar a segunda victoria a domicilio, superar na clasificación ós de Monforte e poñerse a 1 victoria da cuarta posición. A vindeira semana visita Burela o Estudiantes 96 de Lugo nun dificil encontro para os nosos diante do equipo líder, onde buscarán a  súa primeira victoria como locais.                                         
  2. Infantil masculino, cunha gris victoria en Viveiro 44-52, pero no que o mellor foi o resultado pois o partido dos de Angel Cao foi pobre e deberán recobrar o ritmo para partidos máis esixentes. Confirman o segundo posto da clasificación a falta de dúas xornadas para o remate da 1ª fase.                                                                                
  3. Infantil feminino, quizás a sorpresa negativa do fin de semana, pois as de Madar fixeron o peor partido do ano diante das líderes, CB Viveiro, cun resultado claro 48-18, e unha anotación impropia deste equipo que conserva a segunda praza da liga. Deberán mellorar para prepararse para a segunda fase nos partidos que quedan.                                                                                                                    
  4. Alevín Masculino A, Con dúas victorias no seu debut en ligas FeGaBa, diante do CB Viveiro a domicilio 48-54, onde destacou Alex con 22 puntos diante dun equipo con máis altura, e tamén derrotou en Burela ó CB Ribadeo 54-37 nun partido no que venceu sen moitas dificultades e no que destacou Miguel con 17 puntos.                                                                                                                   
  5. Alevín Mixto B, con dúas derrotas (en Viveiro 64-28 e contra CB Ribadeo en Burela 31-76), resultados previsibles para unha liga na que este equipo formado polas alevins femininas e xogadores benxamíns sufrirán pero mellorarán con máis partidos. Destacou na anotación Carla.                                       
  6. Hugo e Antón
  7. Benxamíns, co debut tamén en ligas federadas, no que o benxamín A se impuxo con facilidade en Viveiro (23-48) e despois derrotou ó difícil CB Ribadeo en Burela 62-48. Lideran esta xeneración Pablo Fdez. e Hugo Cobas , pero tamén aparecen xogadores prebenxamíns como Raúl (4ptos.).  O benxamín B tamén gañou os seus dous primeiros partidos, en Ribadeo e en Viveiro , cunha gran actuación de Antón.

    A vindeira xornada depara varios partidos entre os nosos representantes, así como o debut da liga escolar para as nosas benxamíns femininas.

          Noraboa polos resultados

lunes, 13 de enero de 2014

SENIOR FEMININO: 1ª volta perfecta 11 de 11

Victoria en Coruña para cerrar unha 1ªvolta perfecta

   Difícil desprazamento do noso equipo senior a Coruña para enfrentarse ó segundo clasificado da liga, o Sta María del Mar, que só tiña unha derrota na clasificación e que acumulaba unha racha positiva de 9 victorias consecutivas.
    O noso equipo voltaba a ter baixas de xogadoras senior, pois ás baixas de Lucía Paz (para toda a temporada), e de Alba (desde novembro) uníase Mar que non podía viaxar por motivos profesionais, o que nos volvía a deixar sen xogadoras interiores para este complicado partido. A idade media das xogadoras que viaxaron a Coruña supera por pouco os 18 anos , pero levan demostrado a súa capacidade para competir a bo nivel.

      O partido iniciábase con altenativas no marcador, sen que as nosas impuxeran o ritmo do partido e así acababa o 1º cuarto cun igualado 4-13 para as locais. Tocaba cambiar cousas e o cambio defensivo foi moi positivo e un parcial de 9-23 daba unha ventaxa tranquilizadora ás nosas aínda que un triple inverosimil das locais reducía a ventaxa e deixaba o marcador en 26-36 ó descanso.
       As nosas conseguían manter a diferencia de 10 puntos durante o 3º cuarto (35-47) e acadaban a maior diferencia cun 37-51, para baixar nos últimos minutos nas que as locais aumentaban a súa presión e iban poñerse no último minuto a 5 puntos, pero a victoria xa era visitante (49-56).
Podes ver os resultados, a clasificación e a vindeira xornada.

      Unha gran victoria para o noso equipo, sen desplegar o xogo ó que nos teñen acostumados, diante dun equipo con superioridade física, veterano e que vai estar moi arriba na clasificación.

   Destacaron Lucía Carabán na dirección, Adela na anotación exterior , Margarita tanto en defensa como en ataque e a labor defensiva e de esforzo colectivo de todas as demais xogadoras.

  No CB Burela xogaron e anotaron: Miriam 7, Lucía C., 13, Tatiana, Marta 4, Claudia 2, Margarita 12, Saray, Adela 10 e Celia 6.

   Esta victoria cerra a primeira volta perfecta das nosas , con 11 victorias consecutivas e reforza o liderato ampliando a marxe de seguridade a 2 victorias, polo que a segunda volta debe ser máis tranquila ó xogar 8 dos 11 partidos que faltan en Burela.
    A vindeira xornada visita Burela o CB do Lea (Castro) equipo ó que derrotamos a domicilio con dificultade no mes de decembro.