viernes, 28 de febrero de 2014

Os juniors dan a campanada en Sarria

Base: valiosa victoria en Sarria dos juniors

    Enorme partido e valiosa victoria dos junior en Sarria, cun resultado final de 38-52, o que permite ós de Manolo ter asegurada unha praza das 4 primeiras para a segunda fase, sempre e cando gañe ó Val do Lemos en Burela fin de semana do 8/9 de marzo.

    O equipo junior sacou pequenas ventaxas ó longo do partido e soupo aguantar ós locais (que gañaran en Burela, pero que están atravesando un bache de xogo e resultados) e poder chegar ó final do partido sen apuros.

   A defensa foi o aspecto máis salientable do equipo e fai que os nosos sacasen 4 victorias dos 5 últimos partidos, mellorando os números unha vez o equipo está máis conxuntado.


  BENXAMÍNS FGB

  CB Burela Benxamín A 55- CBViveiro16, victoria contundente do equipo que dirixe Manolo diante dun rival moi inferior.
  CB Burela Benxamín B 33- CB Ribadeo 61, derrota clara dos de Lolo diante do equipo situado en 2ª posición, Antón sigue a liderar este grupo pero necesita máis xogadores que aportesn na ofensiva

BENXAMÍN ESCOLAR

    Gran victoria das benxamíns que dirixe Margarita diante dun CB Viveiro moito máis físico , pero nesta segunda volta as nosas nenas melloraron o seu rendemento e déronlle volta á derrota clara que sufriran en Viveiro. Destacou Julia con 12 puntos e a participación das prebenxamíns Cecilia e Marta nun partido que rematou con 26-18 para as nosas.

   ALEVÍN ESCOLAR

    Victoria clara diante o Lourenzá no Monte Castelo 52-28, con progresos evidentes das alevíns, que nos fan albergar novas esperanzas para o remate da liga.

  INFANTIL FGB

  Derrota clara das femininas en Sarria 56-29, pagando o mal inicio do partido e a superioridade do equipo rival. En xeral moi boa actitude dun grupo infantil que vai a máis e que espera dar guerra nesta fase provincial.

  Derrota dos infantís en Burela diante do CB Ribadeo, un equipo superior en número e calidade dos seus xogadores . O resultado 37-88 deixa clara a diferencia de nivel e para os nosos, nos que só deu a cara Marco, esta fase debe ser unha fase de aprendizaxe para o futuro.

miércoles, 26 de febrero de 2014

O CB Burela nas xornadas de Harmonización do Minibasket

Dous minis nas xornadas de Minibasket en Ourense

Nuria, 4ª pola dereita no frupo do 2003
   Os xogadores do CB Burela Antón Expósito (2005) e Nuria Bermúdez (2003) participaron en Ourense nunhas xornadas de harmonización do minibasket, participando nun CETI autonómico (adestramentos de tecnificación con adestradores da Fegaba). 
    Nuria Bermúdez xoga no equipo alevín feminino do CB Burela e xa sendo de primeiro ano empeza a destacar nos partidos da súa categoría, destacando o seu afán de mellora e a s gañas coas que adestra e compite.
    Antón Expósito é benxamín de 1º ano , destacando moitísimo no Benxamín B do noso clube e participando asimesmo nos adestramentos e partidos cos equipos alevíns (A e B), destacando a súa recente participación nas fase final alevín en Vilalaba onde tivo un papel  importante, anotando incluso 9 puntos no partido para decidir o 3º posto final.

Antón , 5º pola dereita no grupo de 2005
   Debemos salientar que cada vez son máis os noso xogadores que participan non só nos CETIs  comarcais senón que ademáis están partcipando en reunións autonómicas e , incluso, en adestramentos de seleccións galegas.  
   Este recoñecemento ó traballo dos nosos adestradores e xogadores/as debe motivar a todos os estamentos do clube a seguir nunha liña de crecemento lento pero seguro .
                                                                                                  Noraboa


lunes, 24 de febrero de 2014

SENIOR FEMININO: Fácil victoria en Vista Alegre

Decimoséptima victoria das senior

    De novo en Vista Alegre, este domingo tocaba recibir ó adversario máis débil, o colista Adfro, aque aínda non coñece a victoria) e a lóxica e a realidade foron da man e o equipo de Rubal sumou unha fácil victoria (93-19), á espera dos cinco últimos rivais da liga.

Mar,entrando a canasa
     Como o partido erá previsiblemente fácil, na convocatoria local non estaban Lucía C. e Miriam, ás que se lles daba descanso. O resto, 3 senior e 6 junior, debían demostrar na pista a diferencia de ritmo e xogo diante do peor equipo da liga, que ademáis se presentaba con só 6 xogadoras na rotación.

  E así foi, un parcial de 25-0 no primeiro cuarto deixaba solucionado o partido e o complicado sería ter algunha motivación para o resto do partido, sendo complicado probar novas cousas diante da súa defensa zonal. As junior aproveitaban a oportunidade para sumar aínda máis minutos e puntos que de costume , e as senior estaban ó seu nivel, sendo o resultado no descanso 48-8.
   A segunda parte non apiortou novidades e os parciais 20-6 e 25-5 deixaban o marcador final en 93-19, non sendo maior a renda pola relaxación das nosas en defensa e as imprecisións nalgúns minutos do ataque.

   Poucas conclusións se poden sacar de este tipo de partidos, pois non sirven para elevar o xogo do equipo, e só algúns destellos individuais, Tamara no tiro exterior, Mar no xogo interior, Marta en todalas facetas, Adela na dirección e Marga , Tatiana e Celia nas finalizacións dos ataques poden destacar nun grupo no que a anotación foi repartida e o esforzo defensivo é nota característica.
Clasifiación despois da xornada 17

   Nos partidos que quedan (5),con rivais da zona alta e media da liga esperamos ter unha maior oposición e poder atacar defensas individuais que nos permitan lucir en ataque de forma máis contundente.

  Xogaron e anotaron ; Mar 13, Tatiana 10, Tamara 10, Marta 9, Claudia 5, Margarita 17, Saray 3, Adela 16 e Celia 10.
                             Parciais 25-0 / 23- 8 / 20-6 / 25-5

   Seguimos  como líderes con 17 victorias consecutivas, con 2 victorias de ventaxa coas segundas (as coruñesas Sta. María del Mar) e con 5 victorias de marxe coas terceiras clasificadas.

  O vindeiro fin de semana recibimos ó Pulpalia de Lugo, un dos rivais máis fortes da pasada temporada e que este ano anda pola parte media da clasificación

    

sábado, 22 de febrero de 2014

O equipo alevín ,CLASIFICADO!!

MINIBASKET: CLASIFICADOS PARA A LIGA FGB

    Por primeira vez na historia do noso clube un equipo de canteira chega á 1ª división das ligas da Federación Galega. O equipo alevín masculino pola súa clasificación como terceiros no provincial, foi convidado a participar no grupo Norte da Liga FGB de minibasket.

   Despois dunha clasificación impecable na costa , cun pleno de victorias (pero cunha sanción por un erro nas rotacións no seu primeiro partido), e unha fase final en Vilalba na que só o equipo favorito (Estudiantes de Lugo) o deixou fora das final, o terceiro posto permiteu recibir esta invitación para participar na Liga Norte de Minibasket, xunto cos outros dous equipos de Lugo, dous equipos de Ferrol e un equipo da delegación de Coruña.

    O vindeiro 9 de marzo se inicia en Burela unha liga (6 equipos, 10 partidos) que nos permitirá ver ós mellores xogadores minios do Norte de Galicia, e que é un rotundo éxito para a política de canteira e formación do noso humilde clube.

    Debemos felicitar ó adestrador, Suso Rey, ós 10 xogadores alevíns e 3 benxamíns que participaron no éxito, xunto ós seus pais/nais que os acompañan e o resto de adestradores que fixeron posible esta clasificación.

    Podes ver a foto dos integrantes do equipo, podendo agrandar a imaxe facendo doble clic sobre ela.

NORABOA

viernes, 21 de febrero de 2014

Partidos do fin de semana

Partidos do 22 e 23 de febreiro

   Unha xornada máis das ligas FGB e da liga escolar, con partidos dos minis e partidos dos infantís , juniors e as senior femininas:

+ Benxamín masculino FGB, co inicio da 2º parte da liga (outra volta contra os equipos da Costa): 

   O Benxamín B recibe ó 2º clasificado (CB Ribadeo) o sábado 22 no Monte Castelo (12.45h)
   O Benxamín A recibe ó CB Viveiro, coa mente en seguir como líder, domingo 23 no Vista Alegre, 16h.

 + Benxamín feminino escolar, coa visita do CB Viveiro o sábado 22 ás 10h no Monte Castelo.

 + Alevín Feminino  escolar, , recibimdo ó ADM Lourenzá en Monte Castelo , sábado 11.15h

 + Infantil masculino, recibindo ó CB Ribadeo, dentro da liga de clasificación para liga FGB, o domingo 17.15h en Vista Alegre.

 + Infantil Feminino, co viaxe a Sarria para enfrentarse ó potente CB Sarria (imbatido na liga centro), o sábado ás 16h no Pabillón do Novo Chanto.

 + Junior Masculino, os de manolo xóganse as posibilidades de meterse na liga de clasificación a liga FGB tamén en Sarria,  a continuación das infantís, sábado 18h no mesmo pabillón.

 + Senior Feminino, recibindo ó colista Adfro, o domingo ás 19h en Vista Alegre

Sorte a tod@s

lunes, 17 de febrero de 2014

Fase Final Provincial alevín : 3º posto do CB Burela

CB Burela : 3º posto no provincial alevín de Vilalba 

   O noso equipo alevín masculino A, adestrado por Suso Rey e Rubal, disputou este domingo en vilalba a fase final provincial alevín xunto a outros 3 equipos da capital da provimcia: Estudiantes, Cidade de Lugo e ANPA Rosalía de Castro.

   Os emparellamentos da delegación lucense supoxeron que os nosos se enfrentasen ón todopoderoso Estudiantes Leyma Natura, un equipo completo (que recolle ós mellores xogadores de minibasquet de Lugo) mentras na outra seminfinal se enfrentaban Cidade e Rosalía (con victoria apurada para Rosalía nos minutos finais). O noso equipo ademáis contaba coas baixas de Diego (motivos persoais) e de Miguel por lesión, dando entrada ós benxamíns que nos axudaron na liga da costa (Pablo F., Antón e Hugo).
   O partido contra Estudiantes só tivo historia durante o primeiro cuarto rematou 7-6 para os lucenses , pero nos seguintes cuartos se iban distanciando pola rotación completa da que dispoñía, unha superioridade física evidente (había 3 ou 4 xogadores que tiñan moita máis altura que os nosos), e ademais contaban coa colaboración dun criterio arbitral que non castigaba as violacións técnicas que lles daban ventaxa nos 1x1. Con todo , despois de 2 cuartos malos, a diferencia non era definitiva (36-18) no descanso, diferencia que se agrandou polas dúas técnicas sucesivas coas que os árbitros nos castigaron pola incomprensión do devandito criterio técnico de pasos e dobles.
Rubal, David, Iván, Alex, Pablo R.,Bruno, Miguel , Suso
Antón, Cristian, Adrián, Hugo, Pablo F.,Xoel
    A segunda metade non variou moito o panorama, con ventaxas dos lucenses en cada cuarto que os levou a gañar con claridade 66-31. Os nosos xogadores xogaron todos os dispoñibles, non se deixou sen xogar a ninguén e amosaron un esforzo enorme a pesar da diferencia e unha calidade técnica boa .
  En ataque, dentro da pouca anotación, destacaron Alex, Pablo R. e sobre todo Cristian con 9 puntos .
  Xogaron: Adrián 2, David, Bruno, Alex 9, Pablo F, Hugo, Xoel, Iván, Pablo R 9, Cristian 9 e Antón 2.

   Pola tarde tocaba enfrentarse ó Cidade de Lugo, equipo dominador na súa liguiña e que empezaba o partido con ventaxas polos triples (4) que anotaban no 1º cuarto (15-11). O segundo cuarto despois de estar 18-12 perdendo se diexou ver a mellor das versións do noso equipo e cun parcial de 0-14 se poñía por diante no 2º cuarto e remataba o terceiro con ventaxa de CB Burela 24-39.  Despois do descanso os lucenses apretaron en defensa e reduciron as diferencias  por debaixo dos 10 puntos e nos dous últimos cuartos os nosos conseguiron aguantar a presión dos capitalinos a toda cancha e non dar opcións de baixar de 6 puntos de diferencia para rematar cunha boa victoria dos nosos por 53-64.

Alex, enorme, no tiro libre con Iván e Cristian ó rebote
   Destacou o esforzo colectivo do equipo en defensa e no ataque destacou Alex, Adrián e Antón (enorme partido para o benxamín do 2005).
   Xogaron: Adrián 9, David 5, Bruno, Alex 14, Pablo F 2, Hugo 5, Xoel 6, Iván, Pablo R 7, Cristian 6 e Antón 9.

     Acabamos de saber que a delegación lucense só ten 2 prazas para clasificarse para a Liga Galega ( o resto de delegacións teñen 3 prazas) polo que os nosos quedan fora, pero debemos estar orgullosos dos nosos rapaces.                                                NORABOA

  Tamén agradecer ós pais/nais e familiares que nos axudan cada día e que non pararon de animar con moita forza durante todo o día e que son partícipes do éxito duns nenos que o gañaron todo na costa e que están  a bo nivel  na provincia.  GRACIAS

Canteira_: Boas novas dos Juniors

Canteira: Os Juniors siguen soñando

   Importantísimo partido dos juniors masculinos en Vista Alegre contra Sagrado Corazón de Lugo, partido de cara ou cruz para os de Manolo, ós que só lles valía a victoria para seguir con opcións de clasificación para a seguinte fase. O rival era forte pois na 1ª volta gañara ós nosos por moita diferencia e ademáis a rotación de Manolo estaba moi memada polas ausencias d Alex, Román e Angel enfermos.
Cristian, Omar, Román e Martín en Vista Alegre
    Pero o equipo de Manolo nunca se rinde e despois dun gran inicio, do sufrimento nalgunhas fases do partido e do cansancio de xogadores con moitos minutos acumulados , acadaron unha gran victoria por 49-41, que os deixa con opcións para as dúas últimas xornadas.
   O seguinte partido en Sarria será outra final, cun rival que nos gañou en Burela pero que acumula 3 derrotas seguidas. en caso de victoria dos de Manolo só lles quedaría gañar a un rival sen opcións (Val do Lemos) na última xornada para clasificarse.

           NORABOA RAPACES

  Tamén tivemos partidos de liga escolar:
  • Benxamín Feminino, con derrota na casa das nenas dirixidas por Lucía e Marga diante dun rival inasequible (CB Ribadeo)  17-61, coas baixas de Julia e Ainhoa e coa participación das prebenxamíns Cecilia e Marta.
  • Alevín Feminino, con derrota en Foz diante Martínez Otero 36-26, un partido no que as de Lolo non tiveron sorte na definición e non poideron contrarrestar a superioridade física das focenses.
   Seguimos sen as clasificacións pois a Agrupación A Mariña que organiza estas competicións non ten a ben actualizar o seu blog.

SENIOR FEMININO : Aplastante victoria

Senior feminino: Victoria abultada en Vista Alegre

    Decomosexta xornada da 2ª feminina e decimosexta victoria para as nosas, despois de ganar a Basket Coruña en Vista Alegre por un contundente resultado: 113-30.
Margarita, enorme 
   Presentábase o equipo visitante en Burela para comprobar se o equipo local estaba nunha crise de xogo despois da última victoria apurada cntra Cambre. Nada máis lonxe da realidade pois as locais fixeron un partido moi completo, voltando ás sensacións da 1ª volta cunha defensa asfixiante e un ataque rápido e combinativo que superaba a zona presentada polas rivais.

    De inicio , cun quinteto novedoso, Adela, Lucía, Claudia, Celia e Mar, se marcaban distancias (22-12 no 1º cuarto), cunha defensa aberta , buscando o balón e os pases das rivais, mentras as visitantes sobrevivían co tiro exterior e algún rebote ofensivo. No segundo cuarto, despois dun inicio dubitativo (22-17), poidemos ver unha gran imaxe do noso equipo, con 27 minutos extraordinarios (91-13 de parcial), cunha enerxía defensiva sobresaínte e unha confianza nas accións ofensivas que non tiveran no anterior partido.
   O marcador non fixo máis que ampliar ventaxas con parciais demoledores (29-10 no segundo cuarto para chegar ó descanso cun claro 51-22), e a segunda metade foi aínda máis desnivelada cun parcial de 62-8. o equipo rival, tamén moi inexperto, rindeuse e non foi capaz de anotar máis de dúas canastas na segunda metade, polo cansancio e falta de alternativas diante do xogo local.

    Todas as xogadoras estiveron a un gran nivel, cun  gran esforzo defensivo colectivo e a anotación foi moi repartida , destacando Margarita que , saíndo do banco, anotu o seu tope da temporada , 27 puntos. Tamén Adela, Tatiana e Marta axudaron moito na anotación e Miriam e Lucía anotaron desde a distancia.

  Xogaron  e anotaron : Miriam 7, lucía C 10, Mar, 10, Tatiana 12, Tamara 8, Marta 11, Claudia 4, Margarita 27, Adela 18 e Celia 6.

    Na clasificación todo sigue igual, coas nosas cun pleno de victorias e as rivais máis perigosas, Sta. María del Mar, a dúas victorias. Na vindeira xornada recibimos ó colista, Adfro de A Coruña, nun partido para seguir sumando victorias para asegurar o primeiro posto.

martes, 11 de febrero de 2014

O MINIBASKET, PROTAGONISTA

Gran fin de semana de MINI

   Moita actividade para os máis pequenos, desde iniciación ata alevíns, con bos resultados e enfrentamentos entre os dous equipos do clube en benxamíns e alevíns.

  • INICIACIÓN, cun partido de caracter amigable coa ACD Xove, que só presentou 6 nenos (por 13 dos nosos/as), partido divertidísimo con detalles por parte dos maiores (2006-2007), canastas de todo tipo e un resultado favorable de 36-18 (o resultado é o menos importante). Gran ambiente nas gradas, 48 minutos de partido, unha experiencia máis que anime ós máis pequenos a seguir adestrando e detalles de algúns nenos e nenas que os sitúan xa nas órbitas dos nosos equipos benxamíns.
Todos os nenos, adestradores/as e árbitro ó rematar o partido
Benxamín escolar en Mondoñedo
  • BENXAMÍN ESCOLAR FEMININO, coa visita a Mondoñedo para xogar contra o Lourenzá-Mondoñedo, visita que supón a primeira victoria de este grupo (30-46), cun bo partido en xeral e a aportación de Julia en particular, dando esperanzas de cara ós seguintes partidos de competir e pelexar pola victoria. Lamentablemente non temos clasificións actualizadas (a 3 de febreiro) na web do campionato (http://agrupacionamarina.blogspot.com.es/). Un equipo novo en construcción que dará alegrías en breve.

    Resultados, clasificación e seguinte xornada
  • BENXAMÍN FEDERADO, cun interesante partido entre os 2 equipos do noso clube, coa victoria  do equipo máis grande por 49-36, coa demostración dos progresos dos máis inexpertos e a calidade individual de Hugo e Pablo no A e antón no B.  O equipo A segue líder en solitario (coa amenaza do CB Ribadeo) e o equipo B está nunha consolidada terceira posición. 
  • ALEVÍN FEDERADO, outra alegría para o Clube Baloncesto Burela, pois ó equipo A lle facía falta a victoria para quedar en primeira posición , e así desde o primeiro minuto xa marcaron diferencias e o resultado final foi 66-15 cunha boa actuación do conxunto, moita anotación repartida e unha boa imaxe. O equipo B nunca tivo opcións pola diferencia física cos maiores e só chispazos de Nuria, e sobre todo, de Pablo Fdez. crearon algún problema ó equipo A.
    Clasificación final alevín na Liga Norte

lunes, 10 de febrero de 2014

Nova victoria das senior

Decimoquinta victoria das senior

     Nova xornada (15ª) da 2ª Senior Feminina FGB e nova victoria das nosas diante do CB Cambre (62-58). O equipo feminino, dirixido por Rubal volvía a xogar en Vista Alegre nun horario raro (11h. domingo), debido ós problemas das visitantes para xogar o sábado e ó partido das nosas junior en Lugo pola tarde.

   O equipo visitante presentábase en Burela para lavar a imaxe do partido de ida (49-117) no que as nosas ofreceron o seu mellor baloncesto do ano. O resultado era moi abultado pero non reflexaba o potencial do equipo de Cambre, un equipo ben dirixido, con xogadoras de gran calidade ofensiva e máis intenso que outros rivais da categoría.

  O inicio parecía volver a ofrecer unha imaxe moi favorable ás nosas (19-4, min 8) pero os erros nas transicións e contraataques impediron romper o partido ó final da 1º cuarto (19-8). Boa defensa e mellor circulación de balón daban as primeiras ventaxas ás nosas. O segundo cuarto ofreceu unha mala imaxe das nosas, moi desacertadas en ataque e blandas na defensa, permitindo ás visitantes acercarse ata un 30-24 ó descanso.
Lucía Carabán, omnipresente
    As segundas partes son sempre o escenario perfecto para as nosas, onde impoñen a diferencia de ritmo coas adversarias, pero esta vez as visitantes cunha Jessica estelar seguían reducindo as diferencias ata colocarse por diante (36-37), con momentos graves de concentración cun criterio arbitral  polo que houbo que recompoñer liñas, chamar á eficiencia defensiva e volver a correr, polo que xogamos os mellores momentos do partido deixando a diferencia a falta de 1 cuarto en 53-43. arecía xa resolto o partido pero non era o día das nosas, desquiciadas e cargadas de faltas , permitindo que as coruñesas voltasen a reducir as diferencias ata os 4 puntos finais (62-58).

    O horario vespertino,  a falta de adestramentos por semana por culpa dos temporais, o criterio desconcertante arbitral, a calidade das visitantes... podían ser atenuantes para este partido gris das nosas, pero a realidade signuifica que sin a agresividade e forza habituais somos un equipo da parte alta pero non somos imbatibles. tamén lle da moito valor á nosa traxectoria, pouco valorada pola diferencia coas rivais, baseada no esforzo e sentido colectivo do noso grupo, tanto das veteranas como do grupo máis numeroso de xogadoras por debaixo de 20 anos, valor endadido de este equipo.

    Destacou Lucía Carabán en todas as facetas do xogo e o esforzo  de todas (aínda que esta vez falto do acerto habitual).

  Xogaron e anotaron : Miriam 7, Lucía C. 16, Mar 6, Tatiana 6, Marta 3, Claudia, Margarita 12, Adela  7 e Celia 5.
               Parciais: 19-8 / 11-16 / 23-19 / 9-15   24 faltas, sen eliminadas

   Toca traballar e mellorar para vindeiros partidos, o vindeiro de novo en Burela (seguramente sábado) contra Basquet Coruña (6 victorias, pero as 3 últimas xormadas gañando).

jueves, 6 de febrero de 2014

Partidos do fin de semana

Fin de semana 8/9 febreiro

     Este vindeiro fin de semana temos competición en amistosos, ligas FGB  e ligas escolares:

  • Prebenxamín mixto, con partido amigable contra a ADC Xove o vindeiro sábado 8 no Monte Castelo. 
  • Benxamín Feminino Escolar, con viaxe a Mondoñedo o sábado 8 para enfrentarse ó Lourenzá-Mondoñedo.
  • Alevín Feminino Escolar, sábado 8 ás 10,30 contra  CB Viveiro (14-38 para as nosas en Viveiro) no pabillón Monte Castelo.
  • BENXAMÍN MASCULINO FEDERADO,  co partido entre os dous equipos nosos Benxamín A e Benxamín B o domingo 9 ás 16.30 no Vista Alegre
  • ALEVÍN FEDERADO, cun novo enfrentamento entre os 2 representantes do CB Burela Alevín A contra Alevín B o domingo ás 18 h no Vista Alegre.
  • INFANTIL masculino e feminino non xogan, a vindeira semana empezarán a 2ª fase.
  • JUNIOR MASCULINO, toca descansar (por ser un grupo impar) e acumular adestramentos para os tres últimos partidos.
  • SENIOR FEMININO, co partido contra CB Cambre no Vista Alegre o domingo 9 ás 11 h.
MOITA SORTE A TOD@S

25000 visitas

25000 visitas: Gracias

   Hoxe o noso blog chegou ás 25.000 visitas e queremos dar as gracias a todos/as os que nos visitan no noso blog, xogadores/as, pais/nais, adestradores, directivos, simpatizantes, rivais....


  Tamén queremos mellorar, dando máis e mellor información das actividades do CB Burela, incrementando, na medida do posible as informacións dos equipos, as fotos publicadas....., para responder a toda a atención que nos dades.    GRACIAS

miércoles, 5 de febrero de 2014

Boas noticias da canteira

Fin de semana positivo na base

   Nova xornada das categorías de base e resultados positivos en xeral para os nosos equipos de base, con boas victorias e algunha derrota previsible.
CB BURELA JR Masculino

JUNIOR MASCULINO .  
     Víctoria do equipo de Manolo (2ªconsecutiva) diante do CB Chantada por un claro 47-29 (24-14 ó descanso), o que lle permite seguir con opcións de clasificación para a segunda fase do torneo junior de 2ª división. 
    O partido iniciose de forma relaxada para os nosos e só conseguiron unha renta de 10 puntos ó descanso. Na segunda parte incrementouse a presión defensiva e mellorou a diferencia no marcador aínda que os tiros exteriores non entraron. destacaron  Cristhian (14 ptos) Miguel Moreno e Omar en ataque e Miguel Rivas no rebote. 
     Xogaron e anotaron: Diego, Martín 8, Román, Omar, Alberto, Rivas, Mario, Cristhian 14, Rafa 2, Miguel M 7, Alejandro e Angel 2.  
     Na vindeira xornada o equipo descansará  (por ser liga impar) podendo preparar mellor  as tres xornadas restantes do campionato.
Clasificación Liga junior  FGB masculina Lugo
 INFANTIL MASCULINO
     Coa visita ó líder CB Ribadeo, un equipo superior ó noso e o equipo de Angel e Rogelio viaxaba con moi poucos efectivos (5 infantís e 1 alevín) e voltou cunha derrota abultada 82-16, cunha pésima primeira parte . Tanto Angel, Diego, Brais, Marco, Noel e o alevín Alex se esforzaron pero a diferencia de potencial entre os equipos é moi grande.
      Na clasificación final de grupo rematan en segunda posición , detrás do equipo dominador CB Ribadeo.
Clasificación final Liga FGB Infantil Masculina Lugo Norte

ALEVÍN MASCULINO
     Gran victoria dos nosos en Ribadeo 31-49, cun equipo coas baixas de Miguel, Diego e Bruno pero coa colaboración e bo xogo dos benxamíns Hugo e Antón. Destaca o feito do protagonismo dun árbitro nun partido de minibasket, pero o feito de non pitar as reiteradas violacións técnicas (pasos, dobles...) provocou as faltas técnicas ó noso adestrador Suso, co que antes de retirar ó equipo de partido se decideu para o xogo (non había posesións de 24"). Despois do descanso, e xa con posesións de 24" (non se entende que haxa dúas normas para un mesmo partido) un dos árbitros decideu pitar con normalidade e o partido foi normal, coa superioridade dos nosos en ataques rápidos e co colapso en ataque dos locais. 
    Só queda unha xornada, na que os nosos se xogan a 1ª posición co CB Viveiro (temos unha sanción por irregularidades de alineación), e enfrentámos ó outro alevín do CB Burela (Mixto).

ALEVÍN MIXTO
      Derrota do alevín mixto diante do CB Viveiro 29-57 en Vista Alegre, nunha mala primeira parte na que os de Viveiro colleron unha ventaxa xa definitiva. Erros no pase e no tiro e moita precipitación impediron ó equipo de Lolo poder competir diante dun equipo que dispoñía de xogadores moi físicos. O equipo acumula experiencia nesta liga para poder competir no futuro con máis garantías de éxito.

ALEVÍN FEMININO ESCOLAR
Alevin Feminino Escolar de Lolo 
    As de Lolo viaxaban a Mondoñedo para xogar diante do Lourenzá-Mondoñedo e poder recuperar os puntos perdidos na 1ª xornada en Burela. E así foi, co trío Carla-Jimena-Nuria ó mando das operacións o equipo venceu con autoridade ás locais por un claro 9-35. Esperamos que encontrasen o camiño que as leve a poder diputar a liga .

BENXAMÍN MASCULINO A
    Derrota mínima do equipo A de Manolo en Ribadeo 57-52, nun partido en que tanto Pablo como Hugo non tiveron as forzas  suficientes para aguantar un partido con pouca rotación. Novamente destacar a falta de criterio arbitral á hora de señalar violacións do reglamento. 
     O equipo sigue en 1ª posición cunha victoria de marxe diante dos de Ribadeo e do benxamín B do Cb Burela , e a vindeira xornada enfréntase co Benxamín B en Burela

BENXAMÍN MASCULINO B
    Victoria dos de Burela diante o CB Viveiro en Burela, 31-26, na que Antón manexou o partido e así chegan ó último partido con opcións de clasificación.


  

martes, 4 de febrero de 2014

Decimocuarta victoria das SENIOR

NOVA VICTORIA NA COSTA DA MORTE

     Decimocuarta xornada da 2ª feminina e decimocuarta victoria do noso equipo no seu desprazamento máis longo, a Cee , máis de  500 Kms ida e volta, diante dun equipo que ocupa a parte baixa da clasificación pero que levaba dúas victorias consecutivas.
    O noso equipo contaba coas baixas de Lucía Paz e Alba (baixas definitivas para a temporada) e coas baixas puntuais de Miriam e Marta para este partido, contando con 3 xogadoras senior e o resto (5 juniors). Non estaba moito mellor o equipo local que só dispoñía de 6 xogadoras, tamén moi memado polas lesións.
Claudia, notable con 12 ptos.

   O partido iniciábase cunhas lixeiras ventaxas visitantes contrarrestadas polas locais con accións individuais, (7-12, 1º cuarto) para conseguir un empate a 14 que marcou o mellor momento das locais que despois iban a encaixar un parcial demoledor de 6-40 de seguido (descanso 18-37, 3º cuarto 26-68) que marcaba diferencias abulatdas para rematar o partido cun abultado 34-91. A eliminación por faltas da súa xogadora máis alta tamén facilitou o rebote defensivo e a saída rápida en ataque.

    As nosas, despois dun inicio dubitativo con fallos en ataque e finalización, poideron correr o contraataque e boas transicións, impeñendo un ritmo alto inalcanzable para as locais, que permitía anotar con facilidade (79 ptos en 3 cuartos finais) e afogar en defensa as locais que só anotaban en accións individuais e pagaban a falta de rotación e o cansancio en defensa e nas accións de ataque.

Clasificación e xornada 14 e 15 da 2ª Feminina FGB
   Destaca o reparto na anotación das oito xogadoras disponibles, o esforzo defensivo xa clásico de esta temporada, repartindo os minutos entre as 8 xogadoras independentemente de ser seniors ou juniors. Este foi o mellor partido da temporada para Claudia (12 ptos).

  Xogaron e anotaron: Lucía C. 9, Mar 14, Tatiana 7, Tamara 6, Claudia 12, Margarita 16, Adela 16 e Celia 11.

     7-12 / 11-25 / 8-29  / 8-25
  
  Na clasificación seguimos invictos con 2 victorias de ventaxa sobre as perseguidoras, e a vindeira xornada recibiremos ó CB Cambre, rival da parte medio-alta da clasificación que se está comportando de forma irregular na liga (gana ás mellores, perde coas da parte baixa) pero que é un dos mellores equipos da liga.