lunes, 31 de marzo de 2014

CAMPIONAS !!!

VICTORIA DAS SENIOR EN LOURENZÁ 

   Vixesimoprimeira victoria das senior na súa visita a Lourenzá (40-68) e segundo campionato consecutivo da 2ª Senior Feminina FGB para o CB Burela a falta dunha xornada para rematar a liga. 

    Para este importante partido contra as terceiras clasificadas contábamos coas baixas das junior (xogaban ó mesmo tempo en Coruña e non foi posible compatibilizar horarios) ademáis da lesionada Lucía Paz. A rotación das nosas reducíase ás seis xogadoras senior dispoñibles polo que este partido debíase plantexar de outra forma en defensa  para dosificar ás xogadoras e evitar o perigo das faltas.

As nosas 6 xogadoras celebrando a victoria en Lourenzá
   Con precaucións na intensidade defensiva e con total confianza na capacidade das xogadoras de superar unha nova defensa zonal se iniciou o partido no que xa se marcaron diferencias no primeiro cuarto (13-21) no que as locais estaban aínda no partido grazas ós triples (3) e ó pouco acerto das nosas nas finalizacións. A terceira falta da súa mellor xogadora interior  e a boa defensa visitante posibilitou incrementar as diferencias ó descanso (23-39).
   O terceiro cuarto se iniciou con pouco acerto e dificultades defensivas que achegaron ás locais pero sen baixar nunca dos dez puntos polo que houbo que poñerse as pilas en defensa para voltar a unha dinámica positiva mantendo unha diferenza de casi 20 puntos antes de iniciar o último cuarto (34-51). neste periodo final as nosas , aínda que por debaixo do seu nivel, brillaron como acostuman colapsando o ataque local e incrementando as diferencias sen notar a falta de descansos .

Clasificación actual
   As locais só deron problemas o tiro exterior (máis triples que canastras de 2) e a súa defensa zonal foi superada de forma fácil polas nosas, que poderían anotar moitos máis puntos se estivesen ó nivel de outras fases da liga. so lamentar a lesión fortuita da local Ainhoa , á que lle desexamos a máis rápida recuperación.

    Polo CB Burela xogaron e anotaron : Miriam 15, Lucía C. 9, Mar 9, Marta 8, Claudia 6 e Margarita 21.
    17 faltas sen eliminadas  Parciais: 13-21 / 10-18 /  11-12 /  6-17

   Só queda recibir ó mellor rival das nosas en Burela o vindeiro fin de semana para rematar esta brillante liga regular e poder preparar a eliminatoria co mellor equipo da zona Sur para poder ser as mellores  de 2ª.

                                 NORABOA CHICAS

jueves, 27 de marzo de 2014

Canteira : mal fin de semana

Canteira: Fin de semana para esquecer

   Nova xornada dos noso equipos de base e malos resultados para o CB Burela, con derrota en juniors, infantís, alevín e benxamín feminino. 

  1. Junior masculino, co partido de volta en Lugo da semifinal provincial contra Estudiantes (que xa gañara en Burela). Derrota final 68-54 nun partido moi competido que un dos árbitros se dedicou a estropear, coas faltas e técnicas coas que perseguiron ós mellores dos visitantes Omar e Cristian. Esta dificultade fixo que un marcador favorable de 8-17 se convertira nunha diferencia en contra no segundo e terceiro cuartos. Os de Manolo xogaron co hándicap da baixa do base Miguel lesionado e coa ausencia dos xogadores exteriores por faltas. O mellor en ataque foi Omar con 21 ptos.
  2. Infantil feminino, con outra derrota en Lugo contra Cidade de Lugo 48-40, con Paula como xogadora máis destacada con 19 puntos. A ausencia de marcador electrónico (moi habitual na capital lucense) desvirtúa o xogo, pois non se pode seguir con claridade o partido. O mellor das nosas foi o último cuarto cun parcial de 8-14, cunha imaxe na que debemos insistir no futuro.
  3. Infantil masculino, con outra derrota 74-46 en Lugo contra Cidade de Lugo,  con marco e Noel como xogadores destacados (18 e 10 ptos.). a peor noticia foi a lesión de angel no 1º cuarto e o mal xogo xeral, pouco rebote, mala circulación de balón e pouca intensidade . Toca mellorar e recuperar efectivos para o futuro.
  4. Alevín masculino FGB, cunha clara derrota 42-90 contra Culleredo en Vista Alegre. Os nosos seguen sen adaptarse á 1ª división galega e sufriron unha clara derrota como locais. Miguel e Cristhian foron os mellores nos nosos e a baixa intensidade e os casi 40 balóns perdidos no partido (16 no primeiro cuarto) fixeron o resto. O equipo vaise abaixo coas adversidades e non levanta cabeza co marcador en contra. Toca traballar para afrontar con máis garantías o encontro do domingo contra CB Ferrol en Burela.
  5. Benxamín feminino escolar, con outra derrota en Ribadeo, pero unha derrota por só 10 puntos (43-33), contra un forte rival (gañou de 30 en Burela). Estas nenas están facendo un traballo fantástico (dirixidas por Marga e Lucía) e no futuro nos agardan boas novas.

lunes, 24 de marzo de 2014

Senior fem.: 20 de 20

Vixésima victoria das senior en Burela

  Nova xornada da 2ª feminina e nova victoria das nosas senior diante do CB O Corgo cun resultado final de 66-32.  Con esta victoria só chega con gañar o seguinte partido en Lourenzá  ou perder o último por menos de 10 puntos contra o segundo clasificado , Sta María del Mar, en Burela para asegurar o campionato.

Marta Cifu
   Partido pouco brillante en Burela diante dun rival con pouca rotación e refuxiado nunha zona moi pechada.   Xa no inicio se viron as primeiras diferencias entre a aposta das nosas pola velocidade e a defensa e a alternativa visitante polo xogo lento e o tiro exterior. O resultado ó rematar o 1º cuarto 16-8  non foi máis abultado polos erros na transición e nas finalizacións de canastas fáciles. O guión se repiteu no seguinte cuarto, con outro parcial parecido pero xa sen a brillantez de outros días chegando ó descanso cun cómodo 30-16.
    Despois do descanso parecía mellorar o xogo local con Marta e Margarita comandando as accións de ataque, pero os momentos de pouca claridade no pase e de erros na defensa non foron aproveitados polas visitantes que tiraban a toalla ó rematar o terceiro cuarto (46-23). O último cuarto tampouco foi brillante e o cansancio e a carga de persoais das visitantes fixeron o resto deixando a diferencia  final por encima dos 30 puntos.

 Polo CB Burela xogaron e anotaron : Miriam 8, Lucía 2, Mar 4, Tatiana 4, Tamara 4, Marta 14, Claudia 2, Margarita 19, Adela 6 e Celia 3.     20 faltas Eliminada Lucía C. 5F
                                                    Parciais: 16-8/14-8/16-7/20-9

  O vindeiro fin de semana visitamos Lourenzá , sendo un partido moi interesante ó estar clasificadas en terceiro lugar, un partido de rivalidade comarcal entre dous estilos moi diferentes de baloncesto e é un partido onde as nosas se poden proclamar campionas do grupo Norten da 2ª división.

sábado, 22 de marzo de 2014

Canteira: campanazo dos infantís en Lugo


Gran victoria dos infantís e amargo debut para os alevíns


 Nova xornada para a nosa canteira e resultados diversos:

CB Burela Junior Maculino 2014
  • Junior masculino, cunha amarga derrota en Vista Alegre diante do Estudiantes de Lugo (36-62), nun partido no que os nosos non tiveron opcións e pagaron moi caro o seu mal día en ataque. A defensa foi correcta pero a intensidade dos rivais deixou ós noso na súa peor marca ofensiva do ano. Toca recompoñerse e afrontar o choque de volta en Lugo coa esperanza de competir cos capitalinos e rematar a temporada de forma positiva, pois a eliminatoria está casi perdida. Boa temporada dos nosos que avanzaron bastante no seu xogo e resultados. En Lugo xogan  o domingo 23 (anexo 2 12h.)

MarcoT.
  • Infantil masculino, coa mellor noticia do fin de semana, victoria en Lugo diante Estudiantes (58-67), cunha enorme actuación do noso xogador máis destacado, Marco, que superou os 40 puntos anotados e foi imparable para os locais. Os de Angel Cao retoman as esperanzas de cara a unha liguiña que parecía insasequible e poden este domingo 23 dar un paso enorme se gañan en Lugo ó Cidade de Lugo para intentar conseguir unha sensacional segunda praza detrás dos dominadores CB Ribadeo. o partido será en Frigsa (domingo 12h). Boa temporada para este grupo no que xa foi un éxito clasificarse para esta liguiña provincial.

  • Infantil feminino, coa derrota en burela contra as rivais da Costa, o CB Viveiro, equipo que demostrou unha certa superioridade ó contar con máis xogadoras acertadas no ataque que contrarrestaban o esforzo ofensivo de Paula, referente no atque das nosas. Deben dar un paso ó frente varias xogadoras para subir o rendemento dun grupo que pode competir coas rivais de esta liguiña provincial. Neste partido as de Madar pagaron un malísimo terceiro cuarto no que pasaron de ir por diante no marcador a perder por máis de 10 puntos. Este sábado 22 xogan en Lugo diante o Cidade de Lugo (anexo 2 , 12h) para intentar evitar caer á 4ª praza da liga.
  • Alevín masculino, cun amargo debut na liga FGB Norte cunha abultada derrota diante Estudiantes Lugo (72-27), nun partido no que conatron coa baixa de Alex e coa participación de dous novos benxamíns (Luís e Diego N). xa desde o inicio se veua un equipo superior tanto no físico como en intensidade e os nosos, dirxidos esta vez por Manolo, non tiveron opcións de meterse no partido. destacou Miguel con 16 puntos. O vindeiro domingo reciben en Vista Alegre (17h.) ó Coretti Culleredo, coa misión de mellorar o seu xogo e competir cos mellores equipos da zona Norte.

  • Benxamín B, co seu adestrador Lolo
    Alevín feminino, cunha nova victoria en Lourenzá, no que as de Lolo veñen dando mostras dunha gran melloría en xogo, que se traduce en abultadas victorias nas últimas xornadas. Este fin de semana non compiten.
  • Benxanín masculino, co enfrentamento entre os dous equipo do noso clube, e a victoria sobrada do equipo A (2003) que aproveitou a ausencia por lesión do mellor xogador do grupo B para impoñerse por 28-51. Este equipo segue a liderar a liga con dúa victorias de marxe sobre o CB Ribadeo e o equipo B está na terceira praza. Estos equipos non compiten ata o vindeiro fin de semana no que visitarán ó Viveiro (equipoA) e ó Ribadeo (equipo B). Boa temporada dos benxamíns que están a facer un traballo fabuloso.

  • Benxamín feminino, cunha nova victoria en lourenzá (26-36) na que o equipo de Lucía e Marga remontaron na segunda metade polo acerto de Claudia e Julia. Este equipo vai a máis e o domingo en Ribadeo (16,30, pabillón novo) teñen unha gran oportunidade de medir as súas forzas coas favoritas de esta liga.


martes, 18 de marzo de 2014

Senior fem.: Doble xornada con dúas victorias

Dúas victorias máis para as nosas seniors

   Fin de semana intenso para o noso equipo senior feminino, con doble xornada incluíndo o partido da xornada 19 en Sarria e o partido aprazado en Burela contra Pulpalia Lugo. E foi un fin de semana positivo pois o equipo acadou unha doble victoria en menos de 24 horas que deixa a liga casi sentenciada a favor das nosas.

 CB SARRIA 51-CB BURELA 68

    Desprazamento á sempre dificil cancha de Sarria, cun equipo xa coñecido de categorias inferiores, ben adestrado e con nivel de físico e intensidade que as levou á terceira praza da liga coa baixa de Claudia por problemas físicos.
Equipo ó completo CB Burela Sr Feminino
    O partido empezou de maneira brillante para as de Burela, cun parcial no 1º cuarto de 4-20 (parcial 2-20) que deixaba ver un xogo moi equilibrado entre a intensa defensa e o ataque contra defensa individual moi ben resolto no que destacaba a nosa capitana Marta. O nivel da defensa local tiña que subir e conseguiron as de Sarria conter a diferencia ó descanso 19-35.
     A segunda parte foi ben distinta pois a dureza defensiva das locais e o gran acerto no tiro neste cuarto e unha técnica ó noso adestrador polas protestas diante da dureza local,  levou ás locais a achegarse no marcador ata os 6 puntos ainda que se remataba o cuarto cun tranquilizador 42-53. Quedaba un cuarto e as sarrianas levaron o partido ó límite baixando a diferencia por debaixo dos 10 puntos pero as de Rubal pegaron un arreón final en defensa e no acerto no tiro que levou á diferencia final de 18 puntos.

   As nosas junior xa acumulaban un esforzo pola mañá do sábado e había partido aprazado ó día seguinte polo que non se disputou o partido coa intensidade habitual para gardar forzas e evitar lesións nun fin de semana tan cargado.

   Polo CB Burela xogaron e anotaron: Miriam 11, Lucía 12, Mar 10, Tatiana 3, Tamara 2, Marta 8, Margarita 10, Adela 10 e Celia 2.   4-20/15-15/23-18/9-15  24 faltas sen eliminadas

    Destacou de novo o conxunto, anotando de forma moi repartida e con espíritu colectivo en defensa.

CB BURELA 65- PULPALIA LUGO 44

   Xa na tarde do domingo recibíamos ó Pulpalia Lugo, equipo da zona media con xogadoras veteranas que nos gañaran na pasada temporada en Burela e que quedaran moi arriba na clasificación no pasado curso.

Tempo morto contra Pulpalia (1ª volta) - Foto Marta Alv.
  Co desgaste do partido "duro" en Sarria as nosas afontaban o seu segundo ou terceiro (juniors) partido no fin de semana e o primeiro cuarto foi igualado pois as visitantes co tiro exterior e a calidade da súa interior Fernández igualaban o cuarto cun 14-12 no marcador. Co aumento da intensidade defensiva e a posibilidade de anotar en contraataque e en transición se fixo un cuarto casi perfecto (21-6) para rematar ó descanso cunha renda 35-18 que deixaba o partido casi sentenciado. Un novo cuato brillante deixaba a diferencia en 56-31 para acabar o partido coas xogadoras con menos minutos e rematar o partido cun resultado claro de 65-44.
  Bo partido en liñas xerais, con anotación repartida e esforzo defensivo notable polo desgaste de anteriores partidos, no que debemos destacar no ataque a  Margarita na segunda metade.

   Polo CB Burela xogaron e anotaron: Alba 3, Miriam 2, Lucía 5, Mar 7, Tatiana 6, Tamara 4, Marta 8, Claudia 2, Margarita 17, Saray, Adela 7 e Celia 4.


    Así o equipo segue imbatido, con 19 victorias consecutivas a falta das últimas 3 xornadas e con 2 victorias de marxe coas segundas clasificadas, Sta. María del Mar. a vindeira xornada recibimos ó Corgo (5º clasificado) en Burela o domingo en Vista Alegre (19h.)

sábado, 1 de marzo de 2014

O CB BURELA - PULPALIA SUSPENDIDO

Suspensión do partido das senior

 A Federación Galega de Baloncesto suspendeu o partido que as nosas senior debían disputar en Burela o domingo 2 pola imposibilidade das capitalinas de presentarse ó encontro ó presentar varias xogadoras un certificado médico de baixa por intoxicación alimentaria.

   Seguramente esto nos obrigará a doblar xornada o vindeiro fin de semana do 15 e 16 de marzo, coa viaxe a Sarria o sábado 15 e o partido aprazado en Burela o domingo 16.

    Desde o noso clube lamentamos este aprazamento do que non somos responsables.


x