jueves, 27 de noviembre de 2014

DERROTA POLA MÍNIMA DO SENIOR FEMININO EN BURELA

Derrota no Vista Alegre no último minuto


    Non tivo sorte o CB Burela na 3ª xornada da 1ª Autonómica Feminina, que enfrentaba ás nosas co Campus Ourense, cunha derrota no final do partido por 54-57, pero coa sensación de que o partido podía quedar cun resultado distinto.

    Tres partidos de liga con finais apretados e dúas derrotas que deben ser a peaxe do primeiro ano na categoría en forma de inexperiencia, de adapatación ás arbitraxes e de falta de acoplamento das novas incorporacións.

   Empezaron moi ben as nosas, cunha defensa asfixiante e acerto ofensivo (10-1, min.6) pero que deixou xa certo atisbo de recuperación visitante no último minuto no que as visitantes anotaron un parcial de 0-5 para rematar o cuarto 14-6.
Margarita, máxima anotadora
   O segundo cuarto foi no que as visitantes remontaron o partido aproveitando a rotación local e algún erro defensivo (29-26 ó descanso). Quedaba moito partido e a igualdade dos equipos traducíase en marcadores axustados nos que a cada arreón local, respondían as visitantes con canastras que igualaban o marcador(42-39 min 30). Ata sete puntos de ventaxa dispuxeron as de Rubal pero o cansancio e as faltas non deixaron cerrar o partido polo que todo se decideu nun último cuarto de infarto, no que as visitantes se puxeron por diante con 5 puntos de ventaxa pero as nosas sen rendirse tiveron oportunidade de remontar. Todo se resolveu no último minutos con algún erro no ataque e a permisividade arbitral coa dura defensa visitante que lles deu 3 puntos de ventaxa no final do partido  (54-57). 

    Parece raro que despois da dura defensa visitante só lles sinalaran 16 faltas, pero deberemos asumir que os partidos nos que a arbitraxe é permisiva o noso equipo será sempre o perxudicado por contar cun plantel moi inexperto. cunha idade media baixa  e que debe continuar adaptándose á categoría.

    Xogaron: Marta A., Fátima, Mar (8), Tania (2), Marta Cifu (9), Lucía C.(12), Marga (15), Adela (4) e Celia (4).    18 faltas Eliminada Mar (min. 37) Parciais : 14-6 / 15-20 / 13-13 / 12-18

    Margarita con 15 puntos foi a máxima anotadora , ben acompañada por Lucía C., Mar e Marta Cifu e no que se votou en falta a aportación das xogadoras de banquiño (desacertadas en ataque : só 6 ptos.).

    Moito esforzo e traballo inútil para un equipo que está demostrando que esta é a súa categoría, que está en 1ª para quedarse e que os equipos rivais van a ter que esforzarse moito para gañar tanto en Vista Alegre como nos partidos como visitantes.
Clasificación a 1 de decembro
   A vindeira xornada toca viaxar a Santiago, cun partido o vindeiro domingo (19h) contra PIO XII, equipo clásico da categoría e que leva os mesmos resultados que o CB Burela, dúas derrotas e 1 victoria e unha puntuación en defensa e ataque moi semellante ó noso equipo.

   Esta liga, tal como se ve na clasificación da esquerda, está moi igualada e moitos dos partidos están a resolverse nos últimos minutos con finais moi apretados.

A XORNADA DO 29/30 DE NOVEMBRO

A XORNADA (29/30-11)

    Novo maratón de basket dos equipos do CB Burela este fin de semana:
  1. Benxamín escolar (Feminino), Foz,  sábado  10h contra O Pilar Foz
  2. Benxamín masculino escolar, Descansa
  3. Benxamín masculino federado, Burela,  Vista Alegre Domingo 10.30h contra  CB Ribadeo
  4. Alevín feminino,Aprazada a visita a Lourenza-Mondoñedo
  5. Alevín masculino, San Cibrao, , sábado 10h  contra EEDD Cervo
  6. Infantil feminino, Burela, Monte Castelo,  Domingo, 12h contra CB Ribadeo
  7. Infantil masculino, Burela Vista Alegre,  Domingo, 19h contra CB Ribadeo
  8. Cadete feminino, Viveiro  (Municipal),  sábado 12h contra CB Viveiro
  9. Junior masculino, Lugo (anexo), ´sabado 18h contra Estudiantes 98
  10. Semior masculino, Lugo (anexo) sábado 20h contra Os Cachivaches
  11. Senior Feminino, Burela, domingo 17h contra Universitario Campus Ourense

Minibasket: resultados opostos

Resultados diversos en MINIBASKET

    Xornada dispar para os nosos nas categorías de canastra pequena, con varias victorias e derrotas:

  • BENXAMÍN FEMININO XOGADE: cunha clara derrota diante do Pilar de Foz (11-62), un equipo masculino moito máis físico que no deu opción ó noso equipo. O fin de semana próximo poderán xogar cun equipo feminino, tamén do Pilar, en Foz, o sábado en horario de mañá (10h).
  • BENXAMÍN B, con victoria en Foz diante do Celatas, 31-61, demostramdo gran superioridade técnica.
  • BENXAMÍN FEDERADO, victoria contundente diante Divina Pastora 72-21, con enorme demostración de poderío diante dun equipo de Lugo moi frouxo. Poideron disfrutar de máis minutos os menos habituais .
  • ALEVÍN FEMININO, as de Madar perderon en Burela diante do Pilar por 38-39, nun partido moi igualado, resolto no último minuto no que as nosas poideron gañar o partido en dúas posesións que desperdiciaron.
  • ALEVÍN MASCULINO, nova victoria dos de Lolo, 56-18, diante do Pilar de Foz. Os nosos non deron ningunha opción ós visitantes.

Grupos infantís: dúas derrotas como locais

Fin de semana malo para os grupos infantís

     Nova xornada das ligas infantís e dobre derrota en Burela para os dous equipos, que deben mellorar para non perder as opcións de entrar nos grupos que pelexarán polo título provincial.

  1. INFANTIL FEMININO, derrota moi clara diante dun Ensino Salesianos que mostrou unha superioridade desde o inicio e afogou coa súa presión defensiva e o seu ritmo en ataque ás nosas. Andrea con 12 puntos e a constante pelexa de Carla non abondaron nun equipo que debe dar un paso ó frente para competir na categoría. O vindeiro domingo, 12h en Burela, terán unha nova oportunidade de medirse ó CB Ribadeo, que está invicto nas dúas xornadas disputadas.                     Xogaron: Aida, Carla (8), Ainhoa, Andrea (12), Jimena (4), Irina (2) e Kesia  (4).
    Quinteto infantil masculino nun partido
  2. INFANTIL MASCULINO, mal partido e derrota diante Celtas Martínez (39-45)moi superior en físico, con moitos erros e dificultades en ataque e defensa. Con todo, unha reacción final levou a rebaixar a diferencia de 12 puntos a 2 pero foi insuficiente para darlle a volta ó marcador. Deben adaptarse á filosofía defensiva do seu novo adestrador (Madar) así como ó traballo coral en ataque que faga que se adapten ó baloncesto en canastras grandes.                    Xogaron: Diego Pardo/5, Adrián/6, David/2, Diego M /4, Juli /9, Xoel, Alex, Pablo /2, Bruno /2 e Angel /9.   Notaron as ausencias de Cristian e Alberto así como a indisposición de Antón e a lesión nun dedo de Alex.

Cadete Feminino : derrota contra as líderes

Derrota das cadetes contra CB Sarria

Paula Ares
      
    Nova xornada da liga cadete provincial e derrota do CB Burela en Vista Alegre diante o CB Sarria, equipo líder e dominador do grupo por 24-52. O equipo visitante foi superior claramente ás nosas  e só Paula puxo certa resistencia (12 Ptos.). 

    Xogaron no equipo de Madar : Clara (1), Teresa, Lara, Caroline (4), Alba (3), Luna, Mary, Mirella, Ana(2), Ashley(4), Romi e Paula (12).

     A única nota positiva foi o esforzo en defensa (rebaixando a media das de Sarria en máis de 20 puntos) e o segundo cuarto que foi favorable ás nosas. Toca mellorar para no baixar da metade da clasificación con 2 victorias e dúas derrotas , igualadas co próximo rival, o CB Viveiro, o que se lle pode arrebatar a terceira posición en caso de victoria o vindeiro sábado as 12h. en Viveiro

martes, 25 de noviembre de 2014

SENIOR E JUNIOR MASCULINO : Victoria doble en Burela

Dúas victorias para os de Manolo

    Moi boa xornada para os de Manolo, con dúas victorias en Vista Alegre:

  1. SENIOR MASCULINO, victoria diante o CB Becerreá cun marcador 62-50, pero que garda certos matices: Un xogo irregular que daba unha renda de 9 puntos ó descanso, un gran terceiro cuarto e un mal final onde se lle deixa ó rival achegarse a 6 puntos , aínda que a victoria non correu perigo.  
          Xogaron: Pablo Fdez. (16), Gabi (4), Samuel (3), Pablo R.(4), Kike, Juan, Héctor (4), Adrián (1), Jacobo (19) e Ángel (11).                                                                                                   Destacaron en anotación Jacobo, Pablo Fdez e Angel , para conseguir a primeira victoria da temporada, para viaxar a Lugo na vindeira xornada para enfrentarse ó líder de grupo: Arrocería Os Cachivaches.                                                                                    
    Os  equipo posando xuntos en Vista Alegre
  2. JUNIOR MASCULINO, nova victoria contra CB Chantada en Burela por 50-47, nun partido con moitas fases, dominio local no 1º cuarto , segundo cuarto desastroso (chegaron a ir perdendo 12-26), gran terceiro cuarto e final malo onde incluso tivo o CB Chantada a oportunidade de levarse a victoria nos últimos segundos.  Destacou o monopolio ofensivo de Cristhian (19 ptos.) e volveron a notar a ausencia do enfermo Alvaro Ferreira.                                                                                                  
     Xogaron: Angel (3), Román, Cristhian (19), Miguel (9), Damián (12), Noel, Mario e Rafa (7).         O CB Burela mantense 4º e terá a oportunidade de seguir escalando na clasificación o vindeiro sábado (18h) en Lugo enfrentándose ó 3º clasificado (Estudiantes 98) que ten o mesmo nº de victoria e derrotas que os nosos.

domingo, 23 de noviembre de 2014

Victoria en 1ª Autonómica


   Primeira victoria do CB Burela en 1ª Autonómica na difícil pista do Arxil de Pontevedra (53-55), victoria do equipo dirixido por Rubal de moito mérito diante dun clube cunha gran estructura e tradición no basket feminino galego e dun equipo que trata de ter xogando en autonómica ás mellores das súas juniors e de dar ritmo e experiencia ás xogadoras senior para poder axudar ó equipo de LF2.

Lucía Carabán
  Viaxaba o equipo de Rubal coas baixas de Marta Alv. e Salo por problemas de estudos e con Lucía Paz que xa fai parte dos adestramentos pero á que lle falta o tramo final da súa recuperación da grave lesión de xeonllo do pasado decembro de 2013.

   O partido empezaba cunha intensidade defensiva enorme do equipo local, con continuos contactos en defensa que as fixo acumular faltas persoais e ter que optar por defensas máis conservadoras mentras as nosas xogadoras buscaban un ritmo defensivo constante e a búsqueda de transicións coas que desbordar ás locais. A igualdade ó rematar o 1º cuarto foi grande 11-12, e o segundo cuarto foi parecido pero un arreón final  local facía que chegasen cunha lixeira diferencia ó descanso 27-23. Marta Cifu con 10 puntos era a xogadora máis destacada. Os erros nos tiros libres (3-13) pasaban factura ás nosas pero deixaba o partido aberto para a segunda parte.

Fátima e Celia
   O Arxil cunha defensa zonal intentaba escaparse no marcador, con diferencias para as locais de 7 puntos, pero apareceu Marga, con 11 puntos consecutivos, e igualou o partido de novo 39-37, para empezar un último cuarto non apto para cardiacos, coa lesión dunha xogadora local (a que lle desexamos a máis rápida recuperación) e  a eliminacón por faltas de Marga .Este cuarto dicurría con lixeiras diferencias das locais pero con problemas para anotar con fluidez (os seus últimos 9 puntos foron tiros libres), mentras as nosas cada vez máis cómodas contra a súa zona conseguiron empatar o partido a 53 e recuperar un balón a falta de 5´´que os árbitros sinalaron como campo atrás (bastante dubidoso) . Tocaba sufrir cun balón das rivais para gañar o partido pero Adela roubou o pase e anotar unha bandexa que nos deu a victoria.

    Destacaron todas polo esforzo defensivo (algunhas das rivais xa xogan en LF2) e pola paciencia e criterio no ataque, pero debemos dar especial mención a Lucía Carabán, omnipresente en todas as facetas do xogo), Marta Cifu (rápida e consistente) e a aportación das xogadoras máis novas (Celia e Adela) cando partido estaba máis complicado.
As nosas xogadoras celebrando a victoria

    Xogaron: Mar (7), Marta Cifu (12), Adela (5), Fátima (2), Lucía Carabán (13), Marga (12) Tania, Laura e Celia (4).
                   19 faltas (eliminada Marga min. 37) Parciais : 11-12 / 16-11 / 12-14 / 14-18

jueves, 20 de noviembre de 2014

SENIOR FEMININO: Partido en Pontevedra


Horarios 22 e 23 de novembro

Moito BASKET en Burela

   Xornada completísima para o CB Burela, con  ¡ 11 partidos !, casi todos en Burela, así que os que queiran baloncesto teñen onde elexir.

  1. Benxamín escolar (Feminino), Burela,  sábado Monte Castelo 12.30h contra O Pilar Foz
  2. Benxamín masculino escolar, Foz,Marzán, sábado 11.15h contra Celtas Foz
  3. Benxamín masculino federado, Burela,  Vista Alegre Domingo 16h contra  Divina Pastora Lugo
  4. Alevín feminino, Burela, Monte Castelo, sábado, 11.15h contra O Pilar Foz
  5. Alevín masculino, Burela, Monte Castelo, sábado 10h  contra O Pilar Foz
  6. Infantil feminino, Burela, Monte Castelo,  Domingo, 17.30h contra Ensino Salesianos Lugo
  7. Infantil masculino, Burela Monte Castelo,  Domingo, 19h contra Celtas Foz
  8. Cadete feminino, Burela, Monte Castelo,  Domingo 12h contra CB Sarria
  9. Junior masculino, Burela, Vista Alegre, Sábado 12h CB Chantada
  10. Semior masculino, Burela, Vista Alegre,  Domingo 18h contra CB Becerreá
  11. Senior Feminino, Pontevedra, CGAR, Domingo 12h contra Arxil Pontevedra

VEN A ANIMARNOS





Senior Masculino: Derrota en Vilalba

Derrota dos senior

   Podíamos pensar que o noso novo equipo senior masculino non acaba de coller o aire á competición, pero as circunstancias que rodearon a disputa do seu partido en Vilalba non eran as máis propicias para lograr un bo resultado: Disputarse á mesma hora que o partido dos junior (varios xogadores e , sobre todo o adestrador Manolo forman parte dos dous equipos), a imposibilidade de cambio horario pola falta de árbitros, o feito de non aprazar o partido), xunto coas moitas baixas do plantel fixo que só foran 6 xogadores.
Os nosos senior aplicados na defensa
    O resultado era máis que previsible, derrota 75/53 contra o Newton Formación Terra Chá , pero cunha primeira parte igualada e só a pouca rotación e o cansancio dos nosos fixo que os da Terra Chá se foan no marcador. O máis destacado do equipo foi Jacobo con 27 puntos xunto con Pablo Fdez.

    O vindeiro fin de semana este equipo terá a oportunidade de iniciar o camiño das victorias contra o CB Becerreá (equipo que tampouco coñece a victoria en 4 xornadas disputadas) en Burela, no Vista Alegre, o domingo en horario de tarde (18h.).

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Junior Masculino: Outra victoria en Monforte

Importante victoria dos juniors en Monforte


Damián, aplicado en defensa
     Importante victoria dos juniors de Manolo en Monforte diante do Val do Lemos  51 / 57, que permite  acadar a terceira victoria na liga e seguir a estela dos mellores equipos da provincia. O equipo do CB Burela sitúase cuarto despois de cinco xornadas con tres victorias e dúas derrotas (como locais).

     Non foi boa a primeira parte dos nosos e o empate a 27 deixaba as espadas no alto para a reanudación onde sí se veu ó equipo aguerrido e rápido de Manolo, collendo ventaxas cómodas e administrando as rendas cando máis apretaban os locais.  Destacou por encima de todos Cristhian con 26 puntos e Miguel axudou no ataque con outros 14.

    Xogaron : Rafa (3), Mario (2), Román, Cristhian (26), Noel (2), Miguel (149 e Damián (8).

   Seguimos cunha rotación pequena polas baixas de Alvaro e  Angel, pero os cadetes que participan van collendo o aire de esta categoría.
Clasificación despois de 5 xornadas
   A vindeira semana os junior tentarán conseguir a primeira victoria como locais diante do CB Chantada, que só leva 1 victoria en 5 xornadas, partido que se disputará en Vista Alegra o sábado ás 16 h.

CADETE FEMININO: VICTORIA FÁCIL EN LUGO

VICTORIA DAS CADETES

    Nova xornada da liga cadete provincial e importante victoria das cadetes en Lugo diante do Cidade de Lugo 23/59 no mellor partido das de Madar, cunha defensa máis sólida e un ataque rápido o que xa decantou o partido ó descanso (10/30). A segunda parte , de trámite , non cambiou as dinámicas e as diferencias chegaron ata os 36 puntos finais.

Luna
Ashley
  Xogaron: Teresa (6), Lara (4), Carol (4), Alba (2), Luna(9),   Clara (4), María, Mirella (2), Ashley (13), Ana, Paula (15) e Romi.

  Destacaron Luna (o seu mellor partido), Ashley e Paula, pero anotaron casi todas, polo que a súa moral se reforza de cara á vindeira xornada en Burela diante das imbatidas e máximas favoritas CB Sarria, cunha das mellores xogadoras  da liga , Clara, que será difícil de parar.

   O partido en Burela será previsiblememte o domingo 23 en horario matinal (12h.) no Vista Alegre.)

martes, 18 de noviembre de 2014

Nova victoria dos infantís en Lugo

Victoria a domicilio en Lugo contra Estudiantes


   Terceira xornada da liga infantil masculina e segunda victoria do CB Burela, ó superar a Estudiantes de Lugo por 39/46 no Anexo do Pabillón Universitario de Lugo.

Angel entrando a canastra en Lugo
     Partido moi intenso pero de pouca calidade, con moitas imprecisións e pérdidas de balón,  pero xogado a unha velocidade alta. Os nosos despois dun primeiro cuarto igualado, chegaron ó descanso cunha renda de 9 puntos (19/28) despoi dun cuarto brillante que nos deu a idea do potencial de este  grupo (9/18).

    A segunda parte , chea de imprecisións e decisións precipitadas, sempre foi controlada polos nosos, pero cun xogo irregular que deberán mellorar de cara a vindeiros compromisos máis comprometidos. Destacou Diego Pardo aínda que os seus fallos desde a liña de tiro libre deberán ser correxidos.
 Na clasificación seguimos segundos detrás do imbatido CB Ribadeo e na vindeira xornada recibimos ó Celtas Martínez de Foz, previsiblemente o domingo no Monte Castelo (19h.) nun horariop aínda non confirmado.
  A victoria contra os de Foz nos daría moitas opcións imcluso de disputar a liga contra os de Ribadeo, pero unha derrota complicaría o grupo bastante.

Victoria fácil das infantís contra Estudiantes

Victoria en Lugo

   Fácil partido das infantís de Carlos Madar en Lugo (7/44) cun rival moi inexperto, con moitas xogadoras en de categoría alevín. O equipo rival tivo moitos problemas para anotar, a súa primeira canastra foi no terceiro cuarto , e as nosas, sin un xogo moi brillante acumularon diferencias de forma regular , renunciando a aumentar a presión defensiva pola pouca entidade do rival. 

Detalle do partido en Lugo con Jimena de espaldas.
   Anotaron todas as xogadoras e repartiron minutos : Jimena (8), Aida (6), Andrea (4), Kesia (8), Irina (2), Ainhoa (8), Carla (4) e Alejandra (2).

    Destaca a presencia da alevín Alejandra que disfrutoui de minutos e aportou como as alevíns.

   A vindeira xornada toca recibir ó potente Ensino Salesianos que está gañando os seus partidos con moita facilidade , polo que será un dificil test para as nosas. O partido será en Burela (Mte. Castelo), previsiblemente domingo 23 ás 17,30h.

   Na clasificación o CB Burela figura en 3ª posición , despois de Ribadeo e Salesianos.

LIGAS FEDERADAS: Espectacular balance como visitantes: 5 victorias

Todos os partidos a domicilio gañados

Espectacular rendemento do noso equipos federados cun pleno de victorias nas visitas a Lugo e Monforte. Cinco victorias desde Benxamín masculino (Premini) ata junior masculino e un partido aprazado dos senior en Vilalba (por falta de árbitros) foi o balance do fin de semana.

Clasificación do equipo benxamín Masculino do CB Burela
   En categoría premini (benxamín) masculina, victoria do equipo de Lolo no pabillón do Palomar en Lugo diante Estudiantes Verde 52/63, cun gran final de partido no que acumulou a diferencia para gañar. Antón, Diegoe Nico lideraron un grupo onde cada día aportan máis o resto de equipo . 
  A vindeira xornada o noso equipo recibe ó Divina Pastora no Vista Alegre (previsiblemente domingo 16h.), un equipo que aprazou o partido da primeira xornada e , polo tanto, do que carecemos de referencias. 

Minibasket Escolar

3 DERROTAS CONTRA MARTÍNEZ OTERO

   Mal fin de semana para os noso equipos escolares, con 3 derrotas contra o Colexio Martínez Otero de Foz, en categoría alevín e benxamín.

Equipo Alevín Feminino con Madar e Margarita
  • BENXAMÍN FEMININO, derrota en Foz, por un axustado 37/35, nun partido dominado polas nosas xogadoras ata os últimos minutos, onde o equipo de Foz (mixto), sacou ós mellores xogadores no último cuarto, deixando ós nenos máis pequenos sen xogar.A npsa adestradora, Margarita reparteu os minutos e deulle entrada á prebenxamín Alicia que anotou unha canastra.
  • BENXAMÍN MASCULINO, derrota en Burela  moi clara do equipo de Lolo, 24/55, nun partido igualado ata o descanso, pero que dous cuartos sen casi anotación decantaron o partido para os visitantes.
  • ALEVÍN FEMININO, derrota en Foz das nenas de Madar cun marcador máis abultado (48/34) do xogo que se veu en Foz. as nosas sempre foron a remolque no marcador pero con diferencias pequenas, salvo no final no que as locais incrementaron a súa anotación. Moitas rotacións das nosas e participación de varias benxamíns no equipo. Tamén destaca a ausencia de Claudia, lesionada, que mermou considerablemente a rotación.
    Os resultados non deben importarnos demasiado porque está por encima a progresión técnica de todas as xogadoras , o xogo clectivo por encima das individualidades e a capacidade dos  e das mellores de axudar ós seus compañeiros/as.

viernes, 14 de noviembre de 2014

Xornada 15 e 16 de novembro

Partidos do fin de semana



jueves, 13 de noviembre de 2014

SENIOR MASCULINO : Derrota contra Sagrado Corazón

Os senior estrénanse en Burela con derrota

    Mal estreno dos senior en Burela , cunha abultada derrota 39/62, nun partido para esquecer, cun primeiro cuarto con boas sensaciíns e igualdade no marcador, un segundo cuarto aceptable e unha segunda parte chea de erros en defensa e ataque que levou ós visitantes a unha cómoda victoria.
Clasificación despois de 3 xornadas

   O conxunto visitante con só 7 xogadores pero con moita veteranía  deulle ós nosos a idea de cómo competir en Provincial, unha liga onde o nivel aumenta cada ano pola imposibildade dos equipos de ligas superiores de afrontar gastos de desprazamento de moitos xogadores, polo que hai equipos de provincial con moitos xogadores moi experimentados en ligas superiores.

  Os nosos , en cambio, esñán iniciando o camiño para convertirse nun equipo conxuntado, e só acumulando adestramentos e partidos poden dar un salto de calidade. Así, debemos dar un tempo antes de que cheguen as victorias.

Junior Masculino: Derrota dolorosa en Burela

Derrota en Burela dos juniors

    Quinta xornada da liga provincial junior e derrota en Burela para os nosos contra os líderes da competición , AXSC Innova de Lugo, que solventaron o partido cunha ampla marxe 37/69.

       Os visitantes , cun equipo máis completo e unha rotación moi grande, romperon o partido na segunda parte, polo cansancio dos nosos e a incapacidade de superar a súa intensidade defensiva. 

     Só Cristian, Damián e Miguel aportaron de forma significativa en ataque, e a baixa de novo de Alvaro Ferreira fixo bastante difícil o xogo local, competindo en moitas fases do encontro con dous cadetes no quinteto.

Cristian e Miguel iniciando unha transición ofensiva
  Xogaron : Rafa(29), Mario (2), Angel, Román (2), Christian (10), Noel (2), Miguel (9) e Damián (10).

    A vindeira xornada toca viaxar a Monforte (domingo 12h.) para xogar contra o Val do Lemos que só gañou 1 partido ata agora, pero este partido coincide en horario co partdo dos senior en Vilalba (e o adestrador é o mesmo) polo que pode haber cambios de última hora.
Clasificación despois da xornada 4

Infantil feminino: Derrota pola mínima

As infantís rozan a victoria

Aida
    O equipo infantil feminino, dirixido por Madar, perdeu en Burela contra as  ED Lourenzá por 34-36, nun partido onde as nosas notaron a reducida rotación da que dispoñen e non souperon atacar a eterna zona visitante. Este equipo infantil deberá empregarse a fondo nos adestramentos para aumentar o seu ritmo de xogo, que ademáis se ve lastrado polo reducido número de xogadoras que producen no aspecto ofensivo, o que as fai máis vulnerables.
      Destacaron Carla e Aida en ataque.
    O ataque de zonas non é algo que este equipo entrene pois é unha defensa que non fai mellorar as xogadoras nin en ataque nin en defensa, e as infantís deben mellorar día a día.

     O vindeiro fin de semana inician a 2ª Dicisión Infantil Feminina coa complicada visita a Lugo contra o Estudiantes 02, partido programado para o sábado ás 18h.

martes, 11 de noviembre de 2014

MINIBASKET: Boas sensacións

Boas sensacións para os nosos en Minibasket

     

      Grandes resultado para os equipos de Minibasket, cos seguintes resultados:

  1. Prebenxamín, victoria en Viveiro por 9-22
  2. Benxamín masculino A , victoria moi clara en Viveiro por 19-66
  3. Alevín feminino, en Burela, victoria por 7 puntos diante do CB Viveiro
  4. Alevín Masculino, clara victoria diante o CB Viveiro, 55-16 en Burela
     Moi boas as sensacións de estos grupos onde van encaixando nos equipos os xogadores/as máis rodados e destacados cos nenos/as que empezaron este ano e que deben acumular partidos para ver os resultado dos adestramentos.

  

sábado, 8 de noviembre de 2014

DEBUTAMOS EN PRIMEIRA CON DERROTA


      Gran partido en Vista Alegre no que o CB Burela debutaba en 1ª Autonómica diante dun potente rival, Universitario de Ferrol, dirixido por un histórico dos banquillos (Miguel Maseda), con xogadoras que alternan o equipo de autonómica con adestramentos e partidos de Liga Femenina.

     O partido empezouse con nervios das nosas e co gran acerto rival na liña de 3 puntos (4/4) que daba ventaxas claras ás ferrolanas (2/10) rematando o cuarto cun claro 8/19 a favor das visitantes.

      O equipo de Rubal pareceu despertar e realizou un gran segundo cuarto, cunha boa defensa que non permiteu máis lanzamentos exteriores e un xogo coral de ataque que buscaba ás pívots cerca do aro, remontando no marcador ata un esperanzador 26/28 ó descanso.

Marta Cifu
       Na reanudación despois de minutos inde as de Burela dispuxeron de varios empates e posesións para mandar no marcador, as ferrolanas aproveitaron uns minutos de atasco en ataque das locais e con varios roubos voltaron a poñer puntos de ventaxa ó final do cuarto 34/42.

      O equipo local intentou con defensas alternativas romper o ritmo das ferrolanas , conseguindo parar o ataque pero as pérdidas de balón en ataque e dous triples casi seguidos impediron rebaixar a desventaxa de 4 puntos, polo que o carrusel de tiros libres deixou a diferencia final en 7 puntos (44/51).

     Unha verdadeira mágoa para o adestrador local as canastras falladas desde cerca e os fallos en tiros libres, que de non producirse , poderían levar as locais a darlle a volta ó marcador. Destaca tamén o esforzo das xogadoras, con Margarita bastante mermada no seu rendemento, e o debút das máis novas en esta esixente categoría. 

     Por parte ferrolana destacou o reparto de puntos das xogadoras, o acerto desde a liña de 3 puntos e a paciencia nos seus ataques buscando os mellores tiros.

      Destacou o traballo de Mar nas dúas zonas e a incansable capitana Marta Cifu nas transicións.

  Xogaron e anotaron : Salo, Marta A., Mar (10), Laura, Tania, Marta Cifu (8), Fátima (4), Lucía C. (7), Margarita (9), Adela (4), Celia (2).

     21 faltas , eliminadas Margarita e Marta Cifu.  Cuartos: 8/19   18/9    8/14   10/9

    Toca seguir traballando, por diante dúas semanas de adestramentos (descansamos o vindeiro fin de semana), para ir a Pontevedra para enfrentarnos ó Arxil.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Fin de semana completo

Moito basket para ver en Burela


    Este fin de samana estreno ó grande do CBBurela diante da súa afición, con partidos desde preminibasket ata dous partidos senior:

MINIBASKET:
  1. Prebenxamín,  Viveiro (Tarrío), domingo 9 12.15h., CB Viveiro
  2. Benxamín masc A, Viveiro (Tarrío), domingo 9 11h., CB Viveiro
  3. Alevín Fem , Burela (Mte. Castelo), domingo 9 16h , CBViveiro
  4. Alevín masc. Burela (Vista Alegre), sábado 8, 10.30h., CB Viveiro
BASKET
  1. Infantil fem., Burela (Vista Alegre), sábado 8 11.45h., EDM Lourenzá
  2. Infantil  masc. contra Cadete Fem, sábado 8 17h CB Burela
  3. Cadete fem contra Infantil masc, sábado 8 17h CB Burela
  4. Junior masculino contra Sagrado Corazón  , domingo 9 , Vista Alegre 12h.
 SENIOR
  1. 1ª AUTONÓMICA, CB BURELA-UNIVERSITARIO FERROL   Domingo 17h Vista Alegre
  2. 3ª AUTONÖMICA, CB BURELA-SAGRADO CORAZÓN LUGO Domingo 19h Vista Alegre

martes, 4 de noviembre de 2014

Junior Masculino: Victoria na prórroga en Lugo

Victoria apoteósica en Lugo

   O noso equipo junior viaxaba o domingo a Lugo para xogar contra Galén  e voltou cunha traballada victoria na prórroga 59/62. 

Cristian en ataque
    Viaxaba Manolo con só 7 xogadores dispoñibles, coas baixas de Angel e Alvaro, limitando moito as rotacións e o rebote defensivo. Así a falta de rebote fixo que mandaran de inicio dos capitalinos, pero o mellor xogo dos nosos fixo que tiveran cómodas rendas cun 18/24 ó descanso. Un fatal terceiro cuarto deulle ventaxa ós de Galén e chegouse a un final de partido igualado no que os nosos non materializaron a última posesión polo que todo se iba a decidir na prórroga.
   Na prórroga a pesar de todas as adversidades , xogando varios minutos con só 4 xogadores, uns ataques ben realizados con tiros bel elexidos deron esta importante victoria.

   Xogaron e anotaron: Rafa (5), Mario (4), Román (9), Cristian (15), Noel, Miguel (15) e Damián (14).
Clasificación actualizada
   A vindeira xornada toca recibir en Burela ó Sagrado Corazón de Lugo, nun partido que o ano pasado foi moi igualado, polo que esperamos un bo espectáculo.

CADETE FEMININO : Irregular inicio de liga

Cara e cruz para as cadetes

     Inicio de liga para as cadetes de Madar na 2ª división cadete FGB e derrota na primeira xornada en Ribadeo pero con victoria en Burela na segunda xornada.

CB Burela contra Ensino
      O sábado, derrota clara en Ribadeo  52/26, nun partido onde a local Uxía dominou o partido totalmente e as nosas non poideron parala. As nosas bastante grises todo o partido sen que ningunha destacara .
  Xogaron e anotaron: Teresa, Lara(4), Carol(7), Luna, Clara(1), Mary(6), Mirella, Ashley , Ana (2), Romi e Paula (6).

       O domingo en Burela victoria moi axustada contra Ensino de Lugo, despois de remontar un marcador adverso 20/24 ó descanso, unha lixeira melloría do xogo no último cuarto deixou ás nosas coa victoria 43/40. Moitas pérdidas de balón e moitos nervios mun partido no que a nosa xogadora máis destacada do ano pasado , Paula, meteu 16 puntos aínda que non destacou moito no seu xogo.
   Xogaron e anotaron: Teresa(4), Lara(2), Carol(2), Luna, Clara(2), Mary, Mirella(11), Ashley (6), Ana, Romi e Paula (16).

    Toca descansar este fin de semana , despois dun doble partido, para enfrentarse o seguinte fin de semana ó Cidade de Lugo que agora mesmo leva 3 derrotas nas 3 primeiras xornadas.

MINIBASKET : Inicio prometedor

Bo inicio no MINIBASKET

    Todas as categorías van iniciando as súas ligas e para os nosos equipos de Minibasket empezou a temporada con moi boas sensacións, victorias con bo xogo, con xogadores/as destacados e coa convicción de estar na liña que nos leva a medrar  cada ano , non só en estatura , tamén en xogo individual e colectivo .
   Estos partidos contra Viveiro serviron para preparar as inminentes ligas que están a punto de empezar e das que aínda non coñecemos os calendarios

    Os resultados foron:
  1. Benxamín A CB Burela    60  /  39   CB Viveiro
  2. Benxamín B CB Burela    18  /  41     CB Viveiro
  3. Alevín Masc CB Burela   65  /  42    CB Viveiro
  4. Alevín Fem  CBBurela     38 /  36    CB Viveiro
    Equipos Premini e Iniciación en maio de2014

lunes, 3 de noviembre de 2014

Infantil masculino

O infantil masculino en marcha

    O equipo infantil masculino do CB Burela, dirixido por Madar e Rogelio, iniciou a súa temporada encadrado na liga Norte de Lugo xunto co Celtas Martínez de Foz, o Hotel Bouza de Ribadeo, o CB Viveiro e o Estudiantes 2001 de Lugo.
Os nosos nun saque de fondo en Ribadeo
    Na 1ª xornada tocaba desprazarse a Ribadeo e o resultado foi adverso 51/42 (na pretemporada perderan por 43 puntos de diferencia). As pérdidas de balón e os erros de canastas fáciles non deixaron ós nosos competir pola victoria. O local Luís non foi parado pola nosa defensa e sumamos a nosa primeira derrota do ano

Clasificación actual, rematada a 2ª xornada
     Na 2ª xornada, este domingo, recibimos en Burela ó CB Viveiro, que se presentou cunha rotación limitada. O inicio do partido foi positivo (10-2) pero o segundo e terceiro cuartos estiveron sempre cuns marcadores axustados. Trece minutos de mellor xogo distanciaron ós rivais e sumamos unha cómoda victoria 53/47. Destacaron na anotación, sumando dobres figuras, Diego Pardo, Adrián e Pablo.

     A vindeira semana toca descansar para viaxar a Lugo a seguinte semana a visitar ó Estudiantes 2001.