lunes, 26 de octubre de 2015

APRAZADO O PARTIDO DO SÉNIOR FEMENINO

O SÉNIOR FEMENINO DEBUTARÁ O PRÓXIMO 8 DE NOVEMBRO EN VISTA ALEGRE

O partido que estaba programado para o próximo fin de semana no pavillón de Esteiro (Ferrol) entre o equipo local Universitario de Ferrol e o CB. Burela foi aprazado ata o próximo 20 de novembro en Vista Alegre, asi que o debut do noso equipo en liga terá lugar o próximo 8 de novembro en Vista Alegre ante o poderoso LA SALLE  de Santiago que a temporada pasada nos gañou os dous partidos. Esperemos que nesta terceira ocasión cambien as tornas.

VICTORIA DO SÉNIOR NO DERBY EN SAN CIBRAO

CD. SAN CIBRAO 45 - C.B. BURELA 59

Moi bo ambiente no Pavillón Da Veiga en San Cibrao con moitos aficionados tanto locais coma de Burela nas gradas. Partido dos que crean aficción.
Partido serio o do noso equipo dominando o xogo dende o principio ata o final, aínda que no arreón final do equipo local, no último cuarto, non puxo en perigo a victoria, a pesar de que perdemos este cuarto.
Dominamos o rebote xogando en varias fases con tres xogadores "grandes". Pola nosa banda preferiamos un partido máis rápido pero a condensación fixo o parquet moi resbaladizo de aí a opción de xogar cos máis grandes. Tivemos unha boa circulación de balón e tiros cómodos que de estar un pouco máis finos no tiro farian posible unha victoria máis cómoda. Unha nova victoria para nós que nos dá tranquilidade, xa que gañar fóra non é fácil e máis complicado aínda se é un derby.

RESULTADOS POR CUARTOS:
1º Cuarto  9 - 17
2º Cuarto  7  -17
3º Cuarto 11 -13
4º Cuarto 18 -12

ANOTADORES: Jacobo PEDROSA, 25, MARTÍN 4, DAVID, SAMUEL, ANDRÉS 17, JAVI 2, RAFA, HÉCTOR 2, CRISTIAN 9, OMAR E ADRIÁN.
Categoría:Temporada:
Resultados y Clasificación|Calendarios|Equipos|Próximos Partidos
Resultados y Clasificación
2015/2016 3ª DIVISION MASCULINA

 


Jornada 3 25/10/2015
C. B. BECERREÁ - S.D.C. GARABOLOS60-5724/10/201518:00
C.D. SAN CIPRIAN - C. B. BURELA45-5925/10/201519:00
RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA - C.B. CHANTADA ´B´54-4624/10/201520:00
PRAIA AUGAS SANTAS RIBADEO - CAFETERIA POLO C. B. SARRIA76-4925/10/201512:00

Clasificación Jornada
 EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R. 
1PRAIA AUGAS SANTAS RIBADEO3302051236+3
2C. B. BECERREÁ3301721596+3
3C. B. BURELA3211701585+2
4RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA3211651585+1
5CAFETERIA POLO C. B. SARRIA3121571624-2
6C.D. SAN CIPRIAN3121331644-1
7S.D.C. GARABOLOS3031731883-3
8C.B. CHANTADA ´B´3031151783-3

Próxima Jornada 4 01/11/2015
PRAIA AUGAS SANTAS RIBADEO - C. B. BECERREÁ-01/11/201500:00
CAFETERIA POLO C. B. SARRIA - RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA-31/10/201520:00
C. B. BURELA - C.B. CHANTADA ´B´-01/11/201500:00
S.D.C. GARABOLOS - C.D. SAN CIPRIAN-01/11/201512:00
Imprímelo

lunes, 19 de octubre de 2015

PRIMEIRA VITORIA DO SÉNIOR MASCULINO

CB. BURELA 59 S.D.C. GARABOLOS 54

Partido xogado no Pavillón Monte Castelo o sábado 17 ás 18:00 horas.
Primeira vitoria do noso equipo sénior masculino ante un bo rival que fixo unha defensa en zona.
Tivemos intres en que circulamos ben o balón contra a zona que xunto coa bos defensa presionante permiteunos ir ao descanso con 9 puntos de ventaxa.
No terceiro cuarto chegamos a estar 13 puntos arriba dando a impresión de que podiamos  romper o partido, a partir deste intre empezamos a precipitarnos tirando sin posicións claras e dando moitas facilidades ao rival, o que propiciou que chegaran a empatar e faltando 5 minutos que se puxeran 4 puntos arriba.
A partir deste intre voltamos  a defender con intensidade e o acerto no tiro permitiron chegar ao final con ventaxa de 5 puntos.
Os de Manolo obtiveron  a primeira vitoria, pero deben mellorar moito en concentración e ter máis tranqulidadeno xogo.
Resultado por cuartos:
1º cuarto  9  -10
2º cuarto 23 - 13
3º cuarto 15 - 18
4º cuarto 12 -13

Anotadores:
Martín 2, Samuel 2, Cristhian 17, David 2, Hector, Mario, Adrián, Rafa, Andrés 16, Jacobo 16 e Omar 4.

lunes, 12 de octubre de 2015

PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA PARA O SÉNIOR MASCULINO


CB. BURELA 52 - CB. BECERREÁ 59
O pasado domingo 4 de outubro iniciábase a liga para o noso equipo sénior masculino, recibimos en Burela ao CB. Becerreá. Resultado final Burela 52 - Becerreá 59.
A pesar de que non fixemos un mal partido pasounos factura un inicio de temporada con poucos adestramentos e un só partido amisto de pretemporada, nun equipo que ten bastantes cambios respeto da anterior temporada. En cambio o Becerreá que ten o mesmo equipo do ano pasado era un equipo máis conxuntado.
Perdemos demasiados balóns e temos que pechar máis o rebote. Para o ser o primeiro partido non o fixemos mal de todo, concedemos demasiados ataques ao rival, hai que mellorar en defensa e practicar as axudas.
Resultados por cuartos:
1º Cuarto: 9 -12
2º Cuarto: 22-14
3º Cuarto 9 - 18
4º Cuarto 12 - 15
Xogaron e anotaron: Angel, Cristhian (16), Mario, Rafa, David (4), Adrián, Jacobo (19), Omar, Manolo (8) e Samuel (5).