jueves, 18 de octubre de 2012

ACTIVIDADE PARA O FIN DE SEMANA : 20/21 OUTUBRO

SENIOR FEMININO: Cambre- Burela (Sábado 12h. Cambre)
CADETE FEMININO: Viveiro-Burela (Domingo 12h. Viveiro)

domingo, 14 de octubre de 2012

Empeza a temporada

EMPEZA A COMPETICIÓN 

     A tempada oficial 2012/13 xa está aquí, o novo equipo senior do C.B. Burela xa iniciou a liga interzonal norte cunha vistoria local diante doCB Ribeiras do Lea por un resultado final de 69 a 45.
       Despois dun inicio desacertado (3-10) a defensa preionante das nosas empezou a dar froito despois de rematar o 1º cuarto (10-12). Un gran segundo cuarto, cun parcial de 22 a 8 deixou unha ventaxa no descanso de 32 a 20. 
       Rematado o descanso, o relax non nos sentou ben e as visitantes se acercaron a 4 puntos, un tempo morto e voltou a defensa que tan bo resultado dera antes e rematou este cuarto cun resltado de 45 a 32. O cansancio físico das visitantes fixo que o ultimo cuarto fose tranquilo para o Burela que acumulou unha renta final de 25 puntos(69-45).
       Unha boa rotación, a dosificación de esforzos, unha gran actitude e as ganas demosrtadas fixeron que os poucos entrenos realizados serviran para dar a coñecer un grupo forte que nos pode dar moitas satisfacións este ano.
        Todas as xogadoras fixeron un gran traballo tanto no esforzo defensivo como no ataque á zona do equipo rival.

     
         As anotadoras foron : Margarita (14), Irene Méndez (12), Marta (12), Miriam (16), Mar (2), Sol (-), Araceli (5), Lucía (-), Irene Fdez. (5) e Carmen (4) . Anotaron 2 triplas Araceli e Miriam.

    1ºC : 10-12     2º C : 22-8    Descanso : 32-20   3º C :  13-11   4º C: 24-12   Final :  69-45

    A vindeira semana hai partido en Coruña para o que esperamos contar con Melani, Carla, Sonia e Claudia e ir afinando os sistemas de ataque e da nosa defensa.

 

martes, 11 de septiembre de 2012

Horarios de adestramento 2012/13
  • Benxamín (2003/06):   
Martes (Os Castros) Venres (Monte Castelo) 15.45-17h.  
  • Alevín Feminino (2001-02): 
Martes (Os Castros) Venres (Monte Castelo) 17-18.15h.
  • Alevín masculino (2001-02):
Luns e xoves (Monte Castelo) 18.45-20h. 
  • Infantil feminino (1999-2000):
Mércores e venres (Monte Castelo) 18.15-19.30h. 
  • Infantil e cadete masculino (1997-2000):
Martes e venres (Os Castros) 19.30-21h.


miércoles, 1 de agosto de 2012

 IMAXE: Subcampionato provincial benxamín 2012

TEMPORADA 2012/13
Inicio de actividades
Se queres xogar ó baloncesto, podes xogar con nós:
BENXAMÍN (masc/fem):  2003/2006
ALEVÍN (masc/fem) : 2001/2002
INFANTÍL (masc/fem) : 1999/2000
CADETE (fem): 1997/1999
JUNIOR (fem): 1995/1996
Ponte en contacto con nós, ESPERÁMOSTE