viernes, 11 de febrero de 2011

¡DOMINGO 13: TOD@S A BURELA!

BURELA ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO UNHA XORNADA DE BALONCESTO DESTINADA ÁS CATEGORÍAS CADETE, INFANTIL E MINIBASKET TANTO MASCULINAS COMO FEMININAS DE TODA A PROVINCIA.

Burela acollerá o domingo 13 de febreiro unha xornada de baloncesto destinada ás categorías cadete, infantil e minibasket tanto masculinas coma femininas de toda a provincia. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deportes, Neves Cando.

A edil nacionalista sinalou que “seguindo coa colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, que xa nos permitiu o ano pasado acoller en Burela unhas xornadas de concentración da selección galega alevín feminina de cara ao campionato de España e asímesmo desenvolver a primeira das xornadas do centro de tecnificación itinerante, que puxo en marcha dita Federación… agora colaborando nós coa Delegación Zonal de Baloncesto de Lugo e co Clube Baloncesto Burela váise desenvolver o domingo 13 de febreiro unha nova xornada de traballo destinada a completar o programa destes centros de tecnificación”.

Neves Cando explicou que “ditos centros son unha ferramenta de seguimento dos xogadores e xogadoras máis novos. Trátase dunha convocatoria aberta, unha completa xornada de adestramentos e exercizos orientada ás categorías cadete, infantil e minibasket tanto masculinas como femininas. Os clubes da Mariña e de toda a provincia poderán enviar ata un máximo de 3 xogadores e 3 xogadoras, que segundo a súa idade seguirán un plan de traballo desde as 12 da mañá ata as sete da tarde nos dous pavillóns de Burela, o Vista Alegre e o dos institutos”.

viernes, 24 de diciembre de 2010

¡BO NADAL!

Dende a directiva e todol@s membr@s que formamos o Club Baloncesto Burela queremos desexarlle a todo o mundo unhas Felices Festas de Nadal.

¡BO NADAL!

miércoles, 1 de diciembre de 2010

¡RESULTADOS FIN DE SEMANA!


LIGA PROVINCIAL
JUNIOR FEM.
A.X. SAGRADO CORAZÓN 32-59 CELTAS-BURELA PRIMERA CALIDAD

LIGA PROVINCIAL
CADETE FEM.
CB BURELA 46-43 CELTAS PRIMERA CALIDAD

LIGA ESCOLAR
INFANTIL FEM.
CB BURELA 29-21 CB CELTAS

ALEVIN FEM.
CB BURELA 2-41 ED LOURENZÁ

ALEVIN MIXTO.
CB VIVEIRO 2-52 CB BURELA

BENXAMIN MIXTO.
CB BURELA 19-37 MARTINEZ OTERO "A"

miércoles, 24 de noviembre de 2010

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!


LIGA PROVINCIAL
JUNIOR FEM.
A.X. SAGRADO CORAZÓN - CELTAS-BURELA PRIMERA CALIDAD
Sábado 27 ás 18:30h. no Anexo I de Lugo.

LIGA PROVINCIAL
CADETE FEM.
CELTAS PRIMERA CALIDAD - CB BURELA
Sábado 27 ás 11:30h. no Pavillón Torqués de Marzán.

LIGA ESCOLAR
INFANTIL FEM.
Xornada Aprazada.

ALEVIN FEM.
CB BURELA-ED LOURENZÁ
Sábado 27 ás 11:30h no Pavillón Monte Castelo.

ALEVIN MIXTO.
CB BURELA - CB VIVEIRO
Sábado 27 ás 10:30h no Pavillón Monte Castelo.

BENXAMIN MIXTO.
CB BURELA - MARTINEZ OTERO "A"
Sábado 27 ás 12:30h no Pavillón Monte Castelo.