lunes, 1 de julio de 2013

Fin actividades 2012/13

Final tempada 2012/13

   O CB Burela da por rematada a temporada 2012/13, na que debemos salientar as seguintes cuestións:
  1. Aumento da base, cun total de 106 deportistas, con 14 grupos con partidos : 1 de iniciación, 1 prebenxamín, 2 benxamíns, 3 alevíns masculinos, 3 alevíns femininos, 2 infantís femininos, 1 infantil masculino, 1 cadete feminino, 1 junior feminino e 1 senior feminino.
  2. Terceira posición do equipo benxamín mixto nos campionatos provinciais. Liga e Copa nos escolares da Mariña
  3. Subcampionato galego na 2ª División Senior de Galicia.Campionato no grupo Norte.
  4. Terceira posición provincial do equipo cadete feminino.
  5. Chegar cun grupo masculino á categoría infantil, sentando as bases dun futuro equipo cadete.
  6. Creación dos grupos de iniciación.
  7. Participación en torneos no exterior: Navia con gran nivel deportivo.
  8. Ser o referente na Mariña do basket feminino, co equipos en todas as categorías con xogadoras formadas na Mariña.
  9. Conseguimos un patrocinador : Pescados Rubén
   Por todo isto, agradecemos ó patrocinador, directivos, adestradores, xogadores/as, pais/nais, seguidores.. o apoio recibido toda este temporada e o traballo realizado.

   Todos estos logros esperamos melloralos na vindeira temporada que iniciaremos a mediados de xullo cos entrenamento de verán que tan bo resultado nos están dando nas últimas temporadas.

Proximamente nos veremos de novo.