martes, 13 de mayo de 2014

Base : Derrota dos alevíns en Vista Alegre

Estudiantes Lugo gaña en Vista Alegre

    O equipo alevín masculino do CB Burela que compite en 1ª  división galega recibía en Vista Alegre ó líder do grupo, Estudiantes de Lugo , equipo invicto con gran superioridade física e que xa nos gañou dúas veces neste ano 2014. O obxectivo era mellorar o xogo con respecto á primeira volta e competir cos lucenses polo menos en algún cuarto.

     O partido non foi brillante dos nosos, que baixan o nivel diante de equipos físicos e altos, non acabaron de pensar que podían facerlles daño no 1x1, e xa no primeiro cuarto a diferencia marcouse polos rebotes ofensivos (4-11) e polas perdas de balón (21), sendo a tónica da primeira metade  que rematou cun resultado 17-34. 
      Na reanudación un cuarto sen anotar deixaba un 17-42 para iniciar o 5º periodo no que os nosos con máis forza e seguridade  empataron (10-10) e demostraron que a diferencia non é tan grande. O último cuarto rematou por ampliar a diferencia ata o 33-63 final.
Os alevíns nun tempo morto en Vista Alegre

    En anotación Miguel, Pablo e Adrián levaron o peso con 23 puntos dos 33 do equipo.

     Mención aparte merece a arbitraxe, cun criterio incomprensible , pitando o máis mínimo contacto pero sen pitar faltas perigosas para os nenos, deixando moita marxe na regla dos pasos e favorecendo a defensa máis física. O equipo máis forte (forza e altura) sempre gaña con estas arbitraxes , e aínda que nos falta un escalón (ou dous) para cpmpetir cos de Lugo, a diferencia técnica e táctica entre os dous equipos non é tan grande.

   Tamén debemos destacar a mellora na competitividade dos nosos nenos, que se van adaptando a xogar cos mellores equipos do Norte de Galicia, o que nos vai dar ventaxa á hora de enfrentarnos ós equipos da nosa comarca.