jueves, 27 de noviembre de 2014

DERROTA POLA MÍNIMA DO SENIOR FEMININO EN BURELA

Derrota no Vista Alegre no último minuto


    Non tivo sorte o CB Burela na 3ª xornada da 1ª Autonómica Feminina, que enfrentaba ás nosas co Campus Ourense, cunha derrota no final do partido por 54-57, pero coa sensación de que o partido podía quedar cun resultado distinto.

    Tres partidos de liga con finais apretados e dúas derrotas que deben ser a peaxe do primeiro ano na categoría en forma de inexperiencia, de adapatación ás arbitraxes e de falta de acoplamento das novas incorporacións.

   Empezaron moi ben as nosas, cunha defensa asfixiante e acerto ofensivo (10-1, min.6) pero que deixou xa certo atisbo de recuperación visitante no último minuto no que as visitantes anotaron un parcial de 0-5 para rematar o cuarto 14-6.
Margarita, máxima anotadora
   O segundo cuarto foi no que as visitantes remontaron o partido aproveitando a rotación local e algún erro defensivo (29-26 ó descanso). Quedaba moito partido e a igualdade dos equipos traducíase en marcadores axustados nos que a cada arreón local, respondían as visitantes con canastras que igualaban o marcador(42-39 min 30). Ata sete puntos de ventaxa dispuxeron as de Rubal pero o cansancio e as faltas non deixaron cerrar o partido polo que todo se decideu nun último cuarto de infarto, no que as visitantes se puxeron por diante con 5 puntos de ventaxa pero as nosas sen rendirse tiveron oportunidade de remontar. Todo se resolveu no último minutos con algún erro no ataque e a permisividade arbitral coa dura defensa visitante que lles deu 3 puntos de ventaxa no final do partido  (54-57). 

    Parece raro que despois da dura defensa visitante só lles sinalaran 16 faltas, pero deberemos asumir que os partidos nos que a arbitraxe é permisiva o noso equipo será sempre o perxudicado por contar cun plantel moi inexperto. cunha idade media baixa  e que debe continuar adaptándose á categoría.

    Xogaron: Marta A., Fátima, Mar (8), Tania (2), Marta Cifu (9), Lucía C.(12), Marga (15), Adela (4) e Celia (4).    18 faltas Eliminada Mar (min. 37) Parciais : 14-6 / 15-20 / 13-13 / 12-18

    Margarita con 15 puntos foi a máxima anotadora , ben acompañada por Lucía C., Mar e Marta Cifu e no que se votou en falta a aportación das xogadoras de banquiño (desacertadas en ataque : só 6 ptos.).

    Moito esforzo e traballo inútil para un equipo que está demostrando que esta é a súa categoría, que está en 1ª para quedarse e que os equipos rivais van a ter que esforzarse moito para gañar tanto en Vista Alegre como nos partidos como visitantes.
Clasificación a 1 de decembro
   A vindeira xornada toca viaxar a Santiago, cun partido o vindeiro domingo (19h) contra PIO XII, equipo clásico da categoría e que leva os mesmos resultados que o CB Burela, dúas derrotas e 1 victoria e unha puntuación en defensa e ataque moi semellante ó noso equipo.

   Esta liga, tal como se ve na clasificación da esquerda, está moi igualada e moitos dos partidos están a resolverse nos últimos minutos con finais moi apretados.