domingo, 11 de enero de 2015

Victoria axustada en Vigo

Victoria na prórroga do CB Burela

  Sexta xornada da 1ª Autonómica para as nosas rapazas senior e terceira victoria na liga en Vigo diante do Seis do Nadal-Coia.
  Intenso partido , moi igualado, entre dous equipos moi parellos, cun final de infarto no que as nosas tiveron gañado e perdido varias veces o partido pero que tivo que resolverse nunha prórroga na que as nosas souperon chegar con opcións ás últimas xogadas e aproveitar a oportunidade de sumar esta importante victoria.

 Desprazábase o equipò de Rubal coas baixas de Marta Alvarez, Laura Chao e Salo por motivos académicos, polo que a rotación das nosas quedaba reducida a 8 xogadoras. Tamén debemos resaltar que non chegaban no seu mellor momento polos problemas que tiveron durante as vacacións de Nadal para adestrar.

 De inicio xa se deixaba ver a igualdade co que iba a trancurrir o partido aínda que as nosas nun bo final de cuarto superaban as locais  12-17 facendo unha gran defensa con variantes tácticas. En ataque Mar e Lucía Carabán aportaban por dentro e por fora. O segundo cuarto foi igualado  e as locais conseguiron rebaixar as ventaxas para chegar ó descanso 3 puntos abaixo (26-29). Neste cuarto levou o peso anotador Margarita con 7 puntos consecutivos.
As nosas, celebrando a victoria

  Despois do descanso o CB Burela estivo por debaixo das súas posibilidades con moitas perdas de balón sen sentido, fallos en situacións fáciles e acusaron a intensidade defensiva local polo que as viguesas déronlle a volta ó marcador cun parcial 15-9, poñéndose 3 arriba (41-38) para iniciar o último cuarto con lixeiras ventaxas (de ata 4 puntos) pero as nosas voltaban ó seu xogo habitual e equilibraban o marcador gracias a aportación de Mar con 7 puntos no final do partido e neses minutos finais de infarto chegaban con empate a 54 e posesión en ataque de 9 segundos que non souperon aproveitar polo que se chegaba a outra prórroga . Cinco minutos finais cargados de presión, faltas e tiros libres para rematar cun tiro libre de Lucía C. nos poñía con ventaxa 59-60 que as locais non conseguían dar a volta nos últimos segundos.

  Polo CB Burela, xogaron : Fátima (1), Mar (19), Tania, Marta Cifu (6), Lucía Carabán (11), Marga (11), Adela (6) e Celia (6).  19 faltas eliminada Marga min.42  

   Gran victoria nun xélido pabillón de Balaídos, cun longo desprazamento (540 kms.) que permite ás nosas alcanzar a parte media da clasificación coas mesmas victorias que o 4º clasificado e unha victoria menos que as segundas clasificadas. Enorme o mérito das nosas xogadoras que coa base do equipo da pasada temporada compiten con todos os equipos da liga.