lunes, 19 de octubre de 2015

PRIMEIRA VITORIA DO SÉNIOR MASCULINO

CB. BURELA 59 S.D.C. GARABOLOS 54

Partido xogado no Pavillón Monte Castelo o sábado 17 ás 18:00 horas.
Primeira vitoria do noso equipo sénior masculino ante un bo rival que fixo unha defensa en zona.
Tivemos intres en que circulamos ben o balón contra a zona que xunto coa bos defensa presionante permiteunos ir ao descanso con 9 puntos de ventaxa.
No terceiro cuarto chegamos a estar 13 puntos arriba dando a impresión de que podiamos  romper o partido, a partir deste intre empezamos a precipitarnos tirando sin posicións claras e dando moitas facilidades ao rival, o que propiciou que chegaran a empatar e faltando 5 minutos que se puxeran 4 puntos arriba.
A partir deste intre voltamos  a defender con intensidade e o acerto no tiro permitiron chegar ao final con ventaxa de 5 puntos.
Os de Manolo obtiveron  a primeira vitoria, pero deben mellorar moito en concentración e ter máis tranqulidadeno xogo.
Resultado por cuartos:
1º cuarto  9  -10
2º cuarto 23 - 13
3º cuarto 15 - 18
4º cuarto 12 -13

Anotadores:
Martín 2, Samuel 2, Cristhian 17, David 2, Hector, Mario, Adrián, Rafa, Andrés 16, Jacobo 16 e Omar 4.