miércoles, 20 de enero de 2016

NOVA VITORIA DO SÉNIOR MASCULINO

C.B. BURELA 83 - SARRIA 60

Partido máis complicado do que reflexa o marcador final, Sarria empezou moi ben o partido domiñando o xogo interior e anotando con facilidade. No segundo cuarto axustamos a defensa aos pivotes o que fixo que non tiveran as facilidades do primeiro, démoslle a volta ao marcador e fomos ao descanso gañando de 11 puntos. No terceiro cuarto seguimos maniatando o seu xogo interior e nós tivemos máis acerto no tiro exterior nos minutos que nos defenderon en zona, asimesmo tras domiñar o rebote poidemos contraatacar e darlle máis rapidez ao partido para ao final gañar con máis facilidade da esperada.
Destacar o debut de Ortega que ten que ir collendo o ritmo para permitir darlle descanso ao base titular que era unha posición que tiñamos que reforzar cun escolta ou aleiro.

RESULTADOS POR CUARTOS
1º CUARTO  14  - 21
2º CUARTO  31  - 13
3º CUARTO  19  - 15
4º CUARTO  19  - 11

ANOTADORES:
Pedrosa 20, Héctor 7, Samuel 3, Andrés 26, Mario, Cristhian 12, Adrián, Angel, Rivas 4, Omar 9, Ortega 2.