miércoles, 23 de marzo de 2016

NOVA VITORIA DO SENIOR MASCULINO

C.B. BURELA 64 - GARABOLOS 47

Saímos moi concentrados á cancha e intentando minimizar a aportación do mellor xogador do Garabolos, tamén aseguramos o noso rebote defensivo non permitindo a segunda opción dos visitantes; pola contra fomos capaces de facer dano coa segunda opción no rebote ofensivo. Melloramos nas perdas de balón, tivemos menos que outras veces, non obstante seguimos pouco acertados no tiro exterior. Esta vitoria mantennos na loita polo título con Ribadeo que se decidirá en Burela dentro de dúas semanas, non obstante os dous equipos estamos clasificados para xogar a fase de ascenso.

RESULTADOS PARCIAIS:
1º CUARTO :  23 - 11
2º CUARTO :  17 -  6
3º CUARTO :  12 - 12
4º CUARTO .  12 - 18

ANOTADORES: Mario, Cristhian 21, Héctor 11, Martín 2, Samuel, Adrián 3, Pedrosa 13, M. Rivas 1, Omar 2, Rafa 5, Manolo 6.