lunes, 16 de septiembre de 2013

Final do verán

Final do verán

   Cando empeza o curso escolar damos por rematadas as actividades de verán , que este ano foron:

Finalistas en Burela 3x3
Subcampións en San Cibrao sub18
  1. Adestramentos, con máis de 50 xogadores/as implicados, repartidos nos adestramentos de minibasket (Rubal), basket infantil e cadete (Madar) e tecnificación de juniors e seniors (Madar).
  2. Torneos de verán, nos que os noso xogadores/as competiron na modalidade de 3x3 con grandes resultados, campións e subcampións en minibasket en Burela e San Cibrao, con avances en infantís e moi ben en cadete/junior onde as nosas xogadoras só cederon nas finais diante de equipos masculinos.
  3. Torneo 3x3 de Burela, repartido en 2 días, con 14 equipos coa colaboración do Concello de Burela.

     Agora so queda prepararnos para iniciar unha interesante temporada 2013/14

martes, 9 de julio de 2013

Empezamos 2013/14

ADESTRAMENTOS DE VERÁN


    Iniciamos a nova temporada 2013/14 cunha nova edición dos adestramentos de verán, na que se traballarán fundamentos físicos, técnicos e tácticos para todas as categorías do noso clube de forma voluntaria e gratuita.

     Os adestramentos se iniciarán o vindeiro luns día 15 , cunha primeira reunión para fixar días por categorías ou niveis, reparto de grupos e desde o martes 16 se realizarán adestramentos diarios (3 días á semana por grupo).

   Se queres mellorar este é o momento de subir o teu nivel de baloncesto.

   Se non eres do CB Burela e queres participar tamén podes, pásate polo pabillón e fala cos adestradores para incorporarte a un nivel.

    Benxamíns, alevíns, infantís, cadetes, juniors e seniors do CB Burela levan 3 anos mellorando o seu baloncesto durante os veráns.

    Non deixes pasar a oportunidade de facer deporte, apender algo máis de baloncesto e pasalo ben con moitos xogadores do teu nivel ou superior .

           APÚNTATE

lunes, 1 de julio de 2013

Fin actividades 2012/13

Final tempada 2012/13

   O CB Burela da por rematada a temporada 2012/13, na que debemos salientar as seguintes cuestións:
  1. Aumento da base, cun total de 106 deportistas, con 14 grupos con partidos : 1 de iniciación, 1 prebenxamín, 2 benxamíns, 3 alevíns masculinos, 3 alevíns femininos, 2 infantís femininos, 1 infantil masculino, 1 cadete feminino, 1 junior feminino e 1 senior feminino.
  2. Terceira posición do equipo benxamín mixto nos campionatos provinciais. Liga e Copa nos escolares da Mariña
  3. Subcampionato galego na 2ª División Senior de Galicia.Campionato no grupo Norte.
  4. Terceira posición provincial do equipo cadete feminino.
  5. Chegar cun grupo masculino á categoría infantil, sentando as bases dun futuro equipo cadete.
  6. Creación dos grupos de iniciación.
  7. Participación en torneos no exterior: Navia con gran nivel deportivo.
  8. Ser o referente na Mariña do basket feminino, co equipos en todas as categorías con xogadoras formadas na Mariña.
  9. Conseguimos un patrocinador : Pescados Rubén
   Por todo isto, agradecemos ó patrocinador, directivos, adestradores, xogadores/as, pais/nais, seguidores.. o apoio recibido toda este temporada e o traballo realizado.

   Todos estos logros esperamos melloralos na vindeira temporada que iniciaremos a mediados de xullo cos entrenamento de verán que tan bo resultado nos están dando nas últimas temporadas.

Proximamente nos veremos de novo.



miércoles, 19 de junio de 2013

Copa da Mariña e torneos fin de tempada

Copa da Mariña

  Os equipos do deporte escolar do CB Burela participaron na Copa da Mariña cos seguintes resultados:
  • O equipo benxamín mixto de Manolo gañou a copa ó impoñerse de novo ó equipo de CB Ribadeo con certa comodidade aínda que o partis¡do se celebrou na cancha ribadense.
  • O equipo alevín Mixto dirixido por Rubal e Madar quedou en segunda posición detrás dos anfitrións, o CB Ribadeo, cun equipo formado por unha mistura dos equipos alevins masculino e feminino, pois unha boa parte dos seus xogadores/as estaban de excursión en Bélxica co seu colexio. Polo tanto o equipo feminino non participou na Copa alevín feminina.
  • Os equipos infantís participaron en Viveiro e remataron na terceira posición.

Clausura das escolas municipais de Xove

    Os equipos alevín masculino e prebenxamín participaron na clausura das escolas deportivas municipais de Xove , onde saíron invictos e conseguiron ser os mellores dos equipos participantes : o prebenxamín de Lolo gañou con comodidade os locais e o alevín masculino quedou en primeira posición do triangular contra CB Viveiro e ADC Xove aínda que varios compoñentes do equipo estaban de excursión fin de curso co seu colexio.
Copa dos noso alevíns en Navia

Torneo de Minibasket de Navia

 Os equipos benxamíns de CB Burela (reforzados con xogadores/as do CB Ribadeo) e o noso equipo alevín masculino participaron na oitaba edición do prestixioso torneo de minibasket de Navia en Asturias a fin de de semana do 7 ó 9 de xuño.
  • Os equipos benxamins participaron en sendos cuadangulares onde acadaron a terceira posición na categoría masculina (dirixidos por Manolo)e a cuarta posición en categoría feminina (dirixidos por Sama).
  • Os nosos alevíns en Navia
  • O equipo alevín masculino dirixido por Rubal non pasou da séptima posición polo gran nivel da competición (os mellores equipos de Cantabria e Asturias) e pola ausencia dos nenos do colexio dos Castros de excursión fin de curso.
   Boa experiencia para os nosos, competindo diante de rivais con gran calidade técnica e táctica e diante de nenos que os superaban en idade e superioridade física.
  O vindeiro ano tentaremos repetir a experiencia con máis garantías de competir .

Amistoso infantil masculino en Burela

  O noso equipo infantil masculino caeu derrotado diante dun combinado infantil do CB Ribadeo e o Cb Vegadeo. Este partido sirveu para ver en acción ós nosos novos xogadores rafa e román que se incorporaron no tramo final da temporada e que nos axudarán no equipo cadete o vindeiro ano.