sábado, 18 de septiembre de 2010

¡PRESENTACIÓN DO PARTIDO LEITE RIO BREOGÁN-FEVE OVIEDO!

O Leite Río Breogán e o Feve Oviedo disputarán o vindeiro 22 de setembro ás 20 horas no pavillón Vista Alegre o I Torneo Concello de Burela de baloncesto. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos.
A concelleira de Deportes, Neves Cando, sinalou que “a Fundación Balogal púxose en contacto con nós a través do Clube Baloncesto Burela para ver a posibilidade de organizar un partido aquí co Breogán. E por suposto aceptamos encantados polo que supón poder disfrutar dun baloncesto de calidade do noso pobo e por achegar os equipos grandes aos nosos rapaces e rapazas que practican este deporte en Burela”.
A edil nacionalista convidou “a todo o mundo para acudir o vindeiro mércores a presenciar o partido que disputarán o Breogán de Lugo e o Oviedo, unha oportunidade única para achegar o baloncesto máis profesional ás nosas categorías base e ao público en xeral amante do baloncesto”.
¡TOD@S A VISTA ALEGRE!