domingo, 5 de septiembre de 2010

¡PARTIDO DE ALTA VOLTAXE!

O presidente do Club Baloncesto Burela,Pedro Chao, confirmou que o vindeiro mércores día 22 o Breogán de Lugo, de LEB Ouro, e o Feve Oviedo, de LEB Plata, disputarán un partido amigable no pavellón de Vista Alegre, en Burela. A disputa deste partido supón un feito histórico xa que despois de máis de 20 anos o Breogán volverá a xogar un partido en Burela, o cal supón achegar o baloncesto de elite a todos os afeccionados da Mariña», explicou Pedro Chao.
Tamén está confirmada o horario de inicio do partido, previsto para as 20.00 horas.