domingo, 15 de agosto de 2010

¡ARRANCA A TEMPADA 2010-2011!

O Clube Baloncesto Burela, por medio da presente nota, pon en coñecemento dos xogadores/as interesados que iniciamos os entrenos de cara a vindeira tempada 2010-2011.

Asi, o próximo xoves 19 de agosto inician os entrenos os seguintes equipos:

O júnior femenino, equipo conxunto do Clube Baloncesto Burela e Celtas de Foz, que adestrará as ordes de Manolo Cobas nos pavillóns de Marzán e Vista Alegre de Burela.
O cadete femenino, que adestrará as ordes de Carlos Méndez (Madar), que inscribiremos para participar na fase de apertura e poder optar a liga autonómica de Galicia.
O infantil femenino, que tamén adestrará as ordes de Madar e que tamén participará na fase de apertura previa aos cruzamentos para a liga galega.

O resto dos equipos, infantil masculino, que adestrará as ordes de Lolo Ben; e os de minibasket e premini comenzarán os entrenos no próximo mes de setembro na data que se anunciará oportunamente.

Lembramos a todos aqueles xogadores/as que viñeron entrenando e competindo co clube, e a aqueles/as que queiran practicar o baloncesto que se poden poñer en contacto cos seus adestradores ou ben chamar ao teléfono 670493726, onde se lles informará dos horarios e pavillón de entreno.

Polo tanto, o próximo xoves 19, damos o pistoletazo de partida a unha nova tempada que esperamos sexa polo menos tan exitosa para clube e xogadores coma a pasada, na que lembramos tivemos éxitos deportivos e de participación en tódalas categorías.

¡INSCRÍBETE XA!