viernes, 25 de junio de 2010

¡MEMORIA TEMPADA 09-10!

Unha vez que remataron as competicións en todas as categorías nas que participou, o club baloncesto Burela presenta a memoria de actividades. A tempada do club baloncesto Burela pode calificarse como moi boa en resultados deportivos, demostrando asi que o baloncesto é un deporte en auge nas categorias base na comarca e nas que o club baloncesto Burela, a pesar dos poucos anos que leva en activo é un dos piares importantes.

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA TEMPADA 2009-2010

José Pedro Chao Polo, na condición de presidente da entidade CLUB BALONCESTO BURELA, presenta a seguinte memoria de actividade do Clube da tempada que remata.

Na presente tempada 2009-2010 o Clube Baloncesto Burela participou nas competicións con seis equipos ( 5 femininos e un masculino) nas categorías que seguen:

SÉNIOR FEMENINO

Neste equipo cun total de 8 licenzas, participamos na liga interzonal Santiago – Lugo. Adestrou as ordes de José Manuel Cobas un total de 4 horas semanais. Salientar que é a primeira temporada que participamos cun equipo sénior femenino, cumpriu os obxecivos deportivos previstos, xa que quedou clasificado en quinto lugar.

JÚNIOR FEMENINO

Este equipo cun total 13 licenzas, participou no torneo de apertura da Delegación Luguesa de Baloncesto, quedando primeiro clasificado o cal lle deu a opción a un cruzamento para optar a Liga Galega, onde foron eliminadas pola Compañía de María de Vigo. Participou na liga provincial de Lugo, onde quedou clasificado en primeiro lugar proclamándose campión provincial de Lugo, nos meses de Abril, Maio e Xuño participou representando a Lugo, na Copa FGB de Baloncesto, superando dúas eliminatorias frente a Seis de Nadal de Vigo, e o Celta Maristas tamén de Vigo, quedando ao final subcampión da Copa FGB na eliminatoria frente ao Marista BCA de A Coruña, o cal constitue un éxito importante para un clube modesto frente a clubes con moita tradición no basket femenino de Galicia, que eloxiaron a competitividade do noso equipo nas súas páxinas web.

Entrenou un total de 4 horas semanais as ordes do entrenador superior de basket Marco Justo Sierra.

INFANTIL FEMENINO

Este equipo ten un total de 15 licenzas, participou na fase zonal da competición escolar, onde quedou clasificado en segundo lugar cunha soa derrota e a piques de acceder a fase final provincial en representación da A Mariña.

Entrenou 4 horas semanais as ordes do adestrador Carlos Méndez Pena.

ALEVÍN FEMENINO

Este equipo ten un total de 12 licenzas, participou na fase zonal da competición escolar, proclamandose campión da mesma, polo cal participou na fase final provincial acadando o cuarto posto.

Adestrou 3 horas semanais as ordes da adestradora Laura Chao.

Unha xogadora deste equipo Noa Expósito participou habitualmente nas seleccións luguesas da categoría alevín.

ALEVÍN MASCULINO

Neste equipo temos un total de 10 licenzas, participou na fase zonal da competición escolar, proclamandose campión da mesma sen coñecer a derrota. Participou na fase final provincial, acadando o terceiro posto.

Adestra 3 horas semanais as ordes do adestrador Eulogio Ben López-

Un xogador deste clube, Álvaro Ferreira, foi seleccionado pola Federación Galega de Baloncesto para representar a Galicia nos campionatos nacionais que tiveron lugar en San Fernando (Cádiz) entre o 27 e o 31 do pasado mes de marzo.

BENXAMÍN FEMENINO

Neste equipo, temos 12 licenzas, adestran 3 horas semanais as ordes da adestradora Laura Claro e participan na fase zonal da competición escolar.

A vista do anterior, temos que sinalar que deportivamente, foi un ano moi bo para os intereses do clube. Tivemos ademáis adestrando 4 xogadores infantis masculinos que non chegaron para facer un equipo polo cal non participaron en competicións oficiais; o mesmo nos ocorreu con tres xogadoras cadetes, que non participaron nas competicións oficiais.