jueves, 17 de junio de 2010

¡ADEUS Á TEMPADA 09-10!

O vindeiro venres 18 rematan os adestramentos da tempada 09-10, tempada na que os equipos do CB Burela colleitaron os seus mellores resultados deportivos. Todo esto fai que vos animemos a tódol@s rapaz@s a que sigades prácticando baloncesto e esperamos seguir contando coa vosa presenza a partir de setembro que será cando dé comezo a nova tempada. Asimesmo, aproveitamos para felicitar a tódol@s nen@s e adestradores polos éxitos colleitados, así como, aos patrocinadores pola súa inestimable colaboración e desexamosvos un bó verán.

¡NORABOA A TOD@S!