miércoles, 9 de junio de 2010

¡DULCE DESPEDIDA!

Ao final non houbo machada en Vista Alegre. O noso equipo junior feminino necesitaba vencer por 25 puntos ao Maristas BCA da Coruña para proclamarse campionas da Copa Galicia e só puido facelo por catro: 52-48. A vitoria non lle serviu para arrebatar o título ás herculinas, pero si para endulzar a despedida dunha tempada que podería considerarse brillante.
As pupilas de Marco Justo , que onte viviu o último partido da súa etapa na Mariña, saíron con forza e asinaron un parcial de 7-0 que fixo soñar á a súa parroquia pero non amedrentou á sólida escuadra herculina, que puxo en funcionamento a súa maquinaria de inmediato e nunca permitiu que a diferenza no electrónico superase a decena de puntos.
Por parte do CB Burela xogaron; Tania Paleo, Laura Chao, Laura Claro, Vicky, Ana, Araceli, Raquel, Lucía e Irene.

¡NORABOA RAPAZ@S!