sábado, 5 de enero de 2013

ADEUS 2012... BENVIDO 2013 !!!

GRACIAS !!!!

     Unha vez rematado o 2012 non temos moito tempo de facer un balance do ano que pasou, pero temos unha sensación positiva xa sexa polo aumento da familia do CB Burela (xa somos máis de 100!), o aumento dos equipos que participan en ligas oficiais, o novo equipo senior do que esperamos moitas satisfacións, o interés do noso blog (2000 visitas nos últimos 4 meses), ou cuestións mías pequenas pero tamén importantes.
     Temos que incidir nas cousas que fixemos ben e rectificar as que facemos regular ou mal, pero nos queda moito marxe de mellora e , cheos das mellores intencións, seguiremos na mesma liña de traballo e amor polo deporte.
Felices Reis Magos Baloncestísticos
    Rematamos os adestramentos do Nadal con 50 xogadores participando e os adestramentos do equipo senior con 6 adestramentos e 1 partido (gañamos a Vegadeo por 49 a 44) en 2 semanas e retomamos na vindeira semana o ritmo normal de temporada, con ánimos renovados e a ilusión intacta en mellorar o noso xogo e , por consecuencia, os nosos resultados. 
    Tamén participamos nun adestramento de tecnificación da Federación Galega de Baloncesto en idade alevín con 8 participantes que deixaron unha boa impresión dos seus progresos na primeira parte desta temporada. Asimesmo, as cadetes Noa e Tatiana e a junior Margarita reforzaron os equipos do Ensino de Lugo nun torneo na capital lucense , participando sen problemas con xogadoras que participan en ligas de maior nivel (aquí podes ver  a web)
    En canto ó blog, continuaremos reflexando a realidade semanal do noso clube con crónicas, fotos, enlaces, clasifiacións, calendarios, novas, estatísiticas... para mellorar aínda máis o interés polo noso clube.