domingo, 27 de enero de 2013

Senior: Importante victoria en Castro

Fin de semana positivo


    Fin de semana positivo en canto a victorias nas ligas FGB e nos alevins 2002 e derrotas en alevin e infantil femininos.

   En Senior visita a Castro para seguir coa boa racha de resultados e victoria complicadísima por 60-66 nun partido durísimo onde as nosas tiveron que remontar varias veces e xogarse un partido igualado nos últimos tres minutos. Nun ambiente moi frío o noso equipo saiu relaxado e deulle ventaxas cómodas ás locais que tiñan un increíble acerto desde a liña de 3 (5 triples antes do descanso) rematando por detrás o 1º cuarto (15-14) e no descanso (38-32). Coas pilas postas e coa intención de cambiar o ritmo de xogo , o equipo de Burela impuxo un ritmo moito máis rápido , cunha defensa presionante e logrou as primeiras vantaxas no partido (final 3º cuarto 49-55). A cantidade de faltas cometidas levaba ás locais á liña de tiros libres e conseguían neutralizar a ventaxa e poñerse cun esperanzador 60-56, pero a intensidade das nosas volveu a deixar o marcador cunha pequena ventaxa final que nos da unha nova victoria (8v-3d).
  No noso equipo xogaron  Marta (1), Melani (3), Marga (12), Mar (13) , Miriam (11), Tania,, Irene F. (4),  Sol, Irene M.(2), Carla (11), Lucía (5) e Claudia (4).
  O vindeiro fin de semana doble xornada co partido en Burela contra Cambre o sábado e o desprazamento a Lugo o domingo para xogar contra as líderes Area 10 (partido que correspondía ó seguinte sábado de entroido). Estos dous partidos poden ser claves para loitar polos primeiros postos oui deixarnos na parte medio-alta da clasificación.

  En cadete, victoria sen historia en Mondoñedo por 29-42 cun partido nada vistoso diante dunha defensa zonal e con moi pouco ritmo. As cadetes siguen na parte alta da clasificación coas mesmas victorias que as líderes.
Alevín feminino cos seus adestradores o pasado sábado
  
 En infantil e alevín femininos derrotas amplias para as nosas aínda que se ve unha melloría no seu xogo pero a irregularidade fai que perdan as opcións de pelexar polos partidos.

 Por último, os alevíns masculinos do 2002 gañaron por 46-44 ó Martínez Otero de Foz nun partido que tiñan dominado e que se complicaron ó final. Siguen segundos na clasificación cunha soa derrota no seu grupo de basket escolar.