lunes, 6 de mayo de 2013

Amigables do fin de semana

Amigables xogados este fin de semana

  Este fin de semana non tiñamos competición oficial polo que se programaron uns partidos de alevíns masculinos e femininos diante o CB Navia e un partido junior feminino diante o CB Viveiro.

  En alevíns , os nosos conxuntos non tiveron nada que facer diante dos equipos alevíns de CB Navia, tanto os equipos masculino como o feminino non deron ningunha opción ós nosos/as, demostrando unha superioridade técnica e táctica indiscutibles que se debe engadir á superioridade física evidente. Dous equipos moi traballados, con gran intensidade no xogo, boa defensa , os conceptos tácticos do minibasket moi ben aprendidos e unha boa técnica individual.
Os dous equipos masculinos posan despois do partido
  Deixan claro cal é o camiño que debemos seguir para mellorar e poder progresar e achegarnos ó seu nivel.

    Por outra banda , as nosas juniors/cadetes xogaron un partido en Vista Alegre contra o CB Viveiro junior feminino, cun resultado amplio (75-52) para ver os progresos das junior que compiten en categoría senior e ver tamén ás cadetes como compiten de ti a ti coas junior da comarca. Destacou Margarita que dixou ver un ritmo superior ó resto  e tamén é reseñable a velocidade das nosas na 1ª parte onde tiveron momentos moi inspirados. Tamén xogou Paula, que non desentonou sendo infantil de 1º ano.

  Polo CB Burela xogaron: Sol, Melani (2), Katia (8), Noa (13), Tamara (6), Tatiana (15), Paula, Irene (6) e Margarita (25).

   Por outra banda , o vindeiro fin de semana os benxamíns mixtos de Manolo participarán no campionato provincial en Lugo por segundo ano consecutivo, cunha base moi sólida e xa estaremos ó tanto do que alí suceda  e daremos cumprida información.