domingo, 5 de mayo de 2013

Subcampionato galego para o CB Burela

¡Subcampionas galegas de 2ª división !

   Encontro de volta da Final do campionato galego de 2ª división feminina 2012/13 onde o Cb Burela debía remontar os 19 puntos de diferencia quenos deixara a derrota como locais contra o CB Allariz. O parte de baixas seguía sendo abultado con Miriam e Irene F. lesionadas (Araceli para toda esta temporada e parte da próxima) e a baixa de última hora de Melani (viaxou pero non podía xogar). Pouca rotación (7 xogadoras) contra un rival moi experto (tanto en idade como en competición) e cunha rotación máis amplia.  Só recuperábamos a Carla para este importante partido.

   Coa idea de competir e tentar conseguir a victoria empezábamos o partido no que despois dun inicio esperanzador (4-7)  as locais tomaban a dianteira nun cuarto moi vistoso no que os ataques brillaban (22-16).     O seguinte cuarto ofrecíanos unha mellor defensa pero as dificultades en ataque eren moi grandes ó non permitir o noso xogo interior (as baixas nos lastran moito no tiro exterior)  e chegábamos ó descanso cunha diferencia de 8 puntos (30-22).
    A nosa filosofía non nos permite rendirnos e seguimos cunha gran defensa e logramos reducir as diferencias ata os 4 puntos (38-34) cando remataba o terceiro cuarto.
   Necesitábamos un esforzo extra para remontar o partido e conseguimos apretar o marcador aínda máis pero un par de canastas anuladas e o acerto final das veteranas locais deixaron o resultado final en 55-48.
     Gran partido a pesar das nosas limitacións, gran esforzo das nosas xogadoras nos demostraron  de que temos nivel para competir con equipos con superioridade física e de experiencia. Destacou de novo Mar xunto con Carla e Marta que levaron o peso da anotación, sendo esta vez as junior menos importantes, aínda que a experiencia seguro que será moi positiva para o futuro.
O CB Burela Sr Feminino posa coas medallas e a Copa de subcampionas
 Polo CB Burela xogaron: Mar (19), Carla (11), Lucía, Irene M (2), Marta (11), Claudia (2) e Marga (3).
                    Tanteo: 22-16  /  8-6  /  8-12  /  17-14        10 faltas, sen eliminadas

Podes vernos na páxina da FEGABA

Rematamos así a temporada, cun enorme éxito para as nosas xogadoras que fixeron cunha mistura de veteranía e xuventude un EQUIPO no que todas son importantes e no que a boa química do grupo e o traballo realizado nos fixo merecedoras de acadar o ascenso de categoría por méritos deportivos , nunha temporada que non esqueceremos nunca.  
GRACIAS RAPAZAS