lunes, 11 de noviembre de 2013

SENIOR FEMININO: Nova victoria en Coruña

SENIOR feminino: Suma e sigue

     O equipo senior feminino do CB Burela desprazouse á Coruña para xogar contra o Basket Coruña un partido que , en principio, se debía ter xogado en Burela, e que por problemas de pabillón se xogou en Coruña, no pabillón de Riazor . Unha nova e clara victoria 35-100 para as nosas nun partido con pouca historia no que as nosas deixaron patente unha grande superioridade, aínda que viaxábamos coas sensibles baixas de Lucía Paz e de Claudia.

     O partido foi igualado nos seus primeiros 5 minutos polos erros claros en canastas fáciles das nosas , que non tiñan o día en ataque diante dun combativo rival. Arranxados os problemas rematamos o 1º cuarto xa con ventaxa 9-17. O segundo cuarto xa foi máis parecido ó xogo que despregamos esta temporada , baseado na defensa e na rápida circulación de balón, e o parcial de 6-30 deixaba ás nosas no descanso cun 15-47 e o partido resolto. Os parciais do segunto tempo (12-28 e 8-25) deixan moi clara a idea da superioridade do xogo do noso equipo diante dun rival refuxiado nunha zona durante moitos minutos do encontro.
Afinando puntería antes do partido en Riazor
   Coas juniors Adela, Celia, Saray, Tamara (que debutaba en competición senior) e Tatiana na rotación desde o primeiro cuarto e momentos en que o cinco en pista era junior (cunha media de idade que non chegaba ós 17 anos) competimos de forma positiva e , estos partidos para as máis novas deben servir  para mellorar todos os conceptos do xogo, sempre apoiadas polas senior.

    Destacaron todas en defensa e no ataque o ritmo de Lucía C., e a anotación de Miriam e Margarita , que están elevando a súa confianza de cara a compromisos máis dificiles.

   Xogaron e anotaron: Alba (6), Miriam (16), Lucía C. (6), Mar (10), Tatiana (8), Tamara (4), Marta (10), Margarita (16), Saray (8), Adela (7) e Celia (9).

     Destaca tamén o número de faltas persoais 8 só para as locais e ¡22! para as visitantes.

  A vindeira xornada de novo viaxe á Coruña para enfrentarnos a ADFRO, colista da competición sen coñecer a victoria, que , de non haber cambios, será o vindeiro domingo ás 12 h.