lunes, 23 de febrero de 2015

Cruel final para as nosas senior

Derrota a falta de 2 décimas do CB Burela

    Novo partido das senior en Burela, despois dunha semana de parón ó ser unha liga impar, diante do Arxil de Pontevedra 64-65, nun final moi apretado e de gran emoción.

   A igualdade do partido de ida (victoria das nosas no último segundo) facía supoñer que o partido iba a ser igualado, pero as baixas que acumula o noso equipo (Lucía Carabán e Lucía Paz por lesión, Marta Alvarez e Laura Chao por estudos) deixaban moi reducido (8) o número de xogadoras na convocatoria polo que as visitantes partían como favoritas ó presentar o seu conxunto ó completo . 

   O inicio (0-8, min. 3) facía presaxiar outro mal partido das locais, pero un tempo morto de Rubal , a aparición de Margarita con 7 puntos seguidos e a volta ó xogo habitual daban a volta ó marcador (17-15 ó final do primeiro cuarto. A igualdade era a nota predominante ata o descanso e o 33-30 do marcador deixaba todo por facer na segunda parte.

Mar, entrando a canasta
   A segunda parte seguía con lixeiras diferencias da nosas (ata 8 puntos por encima e replicas visitantes (47-45 ó final do terceiro cuarto) coa boa labor de Mar na zona visitante e da pontevedresas Díaz e Taboada, alternando varias defensas os dous equipos sin que o encontro se decantase.  O último cuarto foi de infarto con diferencias mínimas, pero o cansancio local, cada vez máis evidente, xunto coas eliminacións  (Celia min.33 e Marta Cifu min. 38) polo que se perdeu a iniciativa no marcador, aproveitando as visitantes pérdidas de balón que lles deron bandexas fáciles. Pero O CB Burela nunca se rinde e consigueu revertir unha desventaxa de 3 puntos cunha canastra da junior Fátima e dous tiros libres de Adela para colocarnos arriba 64-63 a falta de 4 segundos. Catro segundos fatídicos nos que o equipo de Arxil consigueu un tiro da súa xogadora máis veterana que lles daba a victoria a falta de dúas décimas.

   Destacaron en Burela Mar inmensa na zona, Margarita dominante ata que unha defensa " de abrazo" das visitantes a sacaron do partido e unha Adela moi castigada na dirección do equipo. Polas visitantes a interior Díaz e a veterana Taboada levaron o peso do partido.

Clasificación actual
  Polo CB Burela xogaron e anotaron: Fátima (5), Mar (20), Tania, Marta Cifu (7), Margarita (16), Adela (12) e Celia (4).  24 faltas  Eliminadas Celia e Marta Cifu
    Parciais: 17-15 / 16-15 / 14-15 / 17-20

   Con este resultado o CB Burela pasa á séptima posición con 4 victorias en 10 partidos, e o vindeiro fin de semana haberá outro descanso para viaxar a Ourense o seguinte fin de semanadiante do potente Universitario Campus Ourense (sábado 7, 16h). Esperamos que o noso equipo recupere algunha das xogadoras ausentes no partido do domingo.