miércoles, 1 de abril de 2015

COPA DEPUTACIÓN (1ª parte): Os Preminis campións en masculino e feminino

Os dous preminis gañan a Copa Deputación

  Fin de semana intenso para o CB Burela coa disputa da Copa Deputación de Baloncesto Base. Na categoría de Minibasket (ata os 12 anos) a sede foi Ribadeo (con mois boas e novas instalacións adicadas ó basket) e participaban 4 equipos (1 alevín mixto: Mini e 3 benxamíns: Premini) e foi todo un éxito para o noso clube coa victoria  dos conxuntos participantes en categoría premini. Destaca o feito de que era a representación de premini máis importante do evento.

     En categoría Premini masculino o equipo A de Lolo gañou de forma brillante a competición, gañando con amplos marxes e coa participación de todos os nenos desprazados a Ribadeo, destacando de forma individual a aportación de Antón Expósito e de Diego Novoa . Os nosos gañaron a Maristas de Lugo (72-30), ó CB Viveiro (54-18) e na final ó Hotel Bouza Ribadeo (74-38). Unha nova alegría para este equipo que quedou na primeira posición da liga provincial no seu grupo Norte, e que vai iniciar a fase decisiva polo título provincial despois das vacacións de Semana Santa.
  En Cambio o equipo B tamén con Lolo ó frente non pasou da primeira ronda porque está formado por xogadores de primeiro ano e xogadores de iniciación (6 e 7 anos), tendo que medirse na cancha con nenos que lles levaban ata 3 anos, cunha diferencia física moi grande. Pero Alvaro, Nico, Raúl, Pablo, David e Gabriel competiron e xa deron pinceladas do que poden dar no futuro.

     En Premini feminino, as nosas dirixidas por Margarita gañaron unha final moi reñida a Estudiantes de Lugo por 29-26. Un partido cun inicio explosivo das nosas (14-2) que se igualou pero no que as de Marga non deixaron escapar nun frenético final . Destacou Nuria nas nosas, e a  participación de Henar sendo aínda xogadora de iniciación. Na foto da esquerda se pode ver a todo o grupo celebrando a victoria coa copa e as camisetas de agasallo por parte da Deputación, cun gran ambiente no equipo que se ve nos seus grandes sorrisos.



    En Mini Masculino/Mixto os/as de Madar non tiveron sorte e perderon en cuartos co Galén (que despois disputaría a final) 58-61. As ausencias de xogadores destacados (Pablo F.) e os nervios no final do partido non deixaron ós nosos comandados por Hugo pasar a semifinais. O feito de participar cun equipo formado por nenos e nenas de dous conxuntos que xogan competicións diferentes tamén foi un lastre para o CB Burela. Con todo durante fases do encontro foron por diante e só os lanzamentos exteriores de tres puntos dos de Lugo no final de partido fixeron que este grupo quedara eliminado. Outra vez a sorte lles dará o seu lado máis agradable.

     Un éxito para a base do noso clube, no que debemos destacar ós xogadores/as, adestradores/as e pais e nais que fan que o baloncesto exista en Burela e que nos depare éxitos como os de Ribadeo.
Grupo de MInibasket da Copa Deputación 2015 en Ribadeo