lunes, 27 de abril de 2015

SENIOR FEMININO: Victoria para pechar a liga

Final da liga para as senior con bo sabor de boca


     Último partido de liga para o CB Burela na súa primeira experiencia na 1ª Autonómica Feminina e o equipo de Rubal buscaba deixar un bo sabor de boca diante da nosa afición, despois dunha liga onde xa cumpriran os obxectivos varias xornadas atrás.
   Só a baixa de Marta Álvarez (desde xaneiro non participou) e co equipo ó completo buscaba a victoria diante o calasancias de Coruña, rival que rematou a liga en quinta posición (nós seremos sextas) e que nos derrotara no partido de ida por 11 puntos en Riazor.

  Despois dun inicio dubitativo, con varias perdas de balón, o xogo e o marcador eran igualados (15-12).
  Moitas faltas e moitos tiros libres quitabanlle brillo ó xogo pero  a emoción parecía asegurada cun partido moi igualado (31-26 ó descanso), o noso equipo non era capaz de sacar diferencias no marcador pola mala selección de tiro, pero en defensa estaba cumplindo , non deixando anotar con fluidez ás coruñesas.
O noso equipo celebrando a victoria e o final de liga:
   Despois dun inicio pouco acertado da segunda parte, as visitantes lograron acercarse con tres triples da súa exterior Nimo, pero as transicións do equipo de Burela e un novo impulso da súa defensa individual revertiron a dinámica negativa para seguir incrementando a diferencia , dinámica que sigueu no último cuarto coas nosas xa por encima dos 10 puntos de ventaxa. Os últimos minutos son para esquecer, pois o equipo contrario centrouse máis nos árbitros que no partido polo que a diferencia final quedou en 17 puntos.

  Non foi o mellor partido da temporada, pero unha victoria para rematar a liga sempre senta ben, destacando o xogo de conxunto do equipo, sen depender en ataque de nungunha xogadora e coa participación de todas as xogadoras dispoñibles. As máximas anotadoras foron Mar e Adela con 13 puntos.

Clasificación final da 1ª Autonomica Feminina 2014/15
  Na clasificación un sexto posto cumple sobradamente co obxectivo da temporada, pero nos queda un mal sabor de boca dos 7 partidos perdidos por unha diferencia menor de 5 puntos, e de ter sorte en algún de esos partidos poderíamos falar dunha clasificación moito mellor.

  O adestrador Rubal recalcou o mérito de cada xogadora en individual e da excelente química do grupo , que con moitísimo esforzo e moi poucos medios plantou cara toda a temporada a clubes clásicos do basket feminino galego. Tamén debemos agradecer a nosa  afición o seu apoio en cada partido.

   Agora toca descanso , recuperar lesións e golpes e preparar o final de curso da maior parte das xogadoras coa incertidume de poder seguir competindo o ano que ven nunha liga na que este equipo debe estar por calidade e traballo.