martes, 10 de marzo de 2015

Senior Maculino : Derrota axustada en vista Alegre

Derrota moi axustada dos senior

    Nova xornada da 3º división masculina e nova derrota dos senior diante do equipo lucense Arrocería Os Cachivaches, cun axustado 49-53, nun partido moi nivelado que podía caer para calquera dos dous lados, pero que nuns minutos finais desafortunados, a victoria foi para o equipo de Lugo.

Os nosos en defensa
    Mal inicio dos de Manolo, cun parcial de 4-19  de inicio, que fixo que o partido se puxera moi costa arriba, pero nos minutos finais do primeiro cuarto e nun excelente segundo cuarto igualaron o marcador cun 25-28 ó descanso. A igualdade foi a tónica da segunda parte cun 33-37 no minuto 30 e cun último cuarto no que os de Burela se puxeron por diante peros rivais souperon superar ese mal momento e estar máis acertados nun final moi agónico para levarse a victoria que os afianza na terceira posición da liga.
    Os nosos notaron a ausencia de Randy (de viaxe) pero contaron por primeira vez na temporada con Diego Pedrosa (lesionado ata fai dúas semanas), cunha esperanzadora actuación . As claves da derrota poden ser a superioridade na zona dos lucenses e certo abuso do tiro de longa distancia dos nosos, que combinados con pérdidas de balón en momentos clave e o mal inicio de partido, déronlle a posibilidade ós rivais de levarse o partido.

   As vindeiras xornadas (quedan 4 partidos) o CB Burela enfréntase a rivais da parte medio-baixa da clasificación polo que terán opcións de abandonar a penúltima posición. O vindeiro fin de semana visita ó Cidade de Lugo , partido importante onde poden achegarse a unha victoria da 8ª posición cun partido menos. O partido disputarase en Lugo o domingo en horario de tarde (19h).
Clasificación actual (o CB Burela ten 1 partido menos).


  

domingo, 8 de marzo de 2015

Esforzo inútil das seniors en Ourense

Gran esforzo sen recompensa final en Ourense


   Novo partido da 1ª Autonómica de baloncesto feminino e desprazamento do CB Burela a Ourense para enfrentarse ó Universitario Campus Ourense, equipo da parte alta da táboa e que en Burela gañara por unha diferencia moi reducida.
   O equipo de Rubal desprazábase coas baixas por estudos de Marta A. e Salomé e coa baixa de última hora de Celia enferma, co que coa alta de Lucía Carabán (despois dun mes lesionada) tiña á súa disposición a 8 xogadoras.

   O inicio foi moi competido e dominado polas defensa polo que a  anotación foi moi baixa (7-11), con lixeiras ventaxas das visitantes, pero coa igualdade no xogo e no marcador (24-25 ó descanso). As defensas individuais non deixaban alegrías nos ataques. 

  A segunda metade parecía que favorecía ás locais, que presionaban a toda cancha e aproveitaban as perdas de balón das nosas para dar un pequeno tirón no marcador, sacando sempre froito dos erros no pase do CB Burela. Unha desventaxe de 8 puntos non fixo que as nosas se rendiran, e loitando contra o cansancio e alternando defensa individual e zona conseguían parar ás de Ourense, que atravesaban unha crise de acerto ofensivo , polo que as diferenzas se estreitaron pouco a pouco. Margarita foi a principal arma ofensiva do CB Burela con 2 triplas, canastras en transición e tamáen en estático (22 puntos na segunda parte).

Tempo morto en Vista Alegre na ida
  Así se chegaba a igualar o partido no final do último cuarto, no que as nosas se situaban con ventaxas mínimas (58-60) e tiñan verdadeiras opcións de disputar a victoria. A falta de acerto e o cansanzo xunto co acerto da local Lamelo (2 triplas) déronlle o partido ás locais deixando estéril o grande esforzo das xogadoras do CB Burela durante todo o partido (66-61). 

   Polo CB Burela  xogaron: Fátima (4), Mar (13), Laura, Tania, Marta Cifu (7), Lucía Carabán (8), Margarita (24) e Adela (5). 17 faltas , sen eliminadas
       Parciais: 7-11/17-14/24-19/19-17

   Outro partido que se decide nun final apretado que as nosas non poden levarse a victoria , pero que reforza o nivel do grupo de cara ós seis partidos que quedan de liga.

  O vindeiro domingo (Vista Alegre 17h.) recibimos a outro dos equipos da parte alta , PÍO XII de Santiago, equipo que nos gañou na prórroga na ida e que será outra dura proba para as nosas.

viernes, 6 de marzo de 2015

Senior masculino: Polémica derrota en Becerreá

Derrota na prórroga dos seniors

   Nova xornada da 3ª división masculino no seu grupo lucense e derrota pola mínima do CB Burela en Becerreá  57-53, despois dunha prórroga. O conxunto de Manolo perde unha gran oprtunidade de achegarse aá parte media da clasificación quedando descolgado na penúltima posición a falta de cinco partidos por disputar.

Tempo morto de manolo en Vista Alegre
  O partido en Becerreá xa iba ser complicado coa baixa de Jacobo, máximo anotador do equipo, por motivos laborales, ademáis unha pista esbaradiza que impedía a rapidez e fluidez dos ataques e premiaba o xogo lento e interior dos locais, iba poñer moi complicado o partido para os nosos. Pero o equipo de Manolo non se rinde e despois dunha primeira parte gris consigueu colocarse por diante no final do partido, e nun final moi apretado dispuxo de dous tiros libres a falta de 4 segundos para gañar o partido. os árbitros anulaban o tiro anotado (por pisar a liña) e o partido foi á prórroga onde os locais tiveron a sorte de cara.

   Destacou Humberto con 14 puntos, ben secundado por Randy e Héctor, e só as ausencias non permiten ver o potencial real de este conxunto que debería estar optando a meterse nas 4 primeiras prazas. O vindeiro fin de semana (domingo 19h en Burela) unha nova oportunidade de ver o nivel do grupo diante dun dos equipos punteiros (Arrozería Cachivaches) e poder achegarse ós rivais que nos superan na clasificación.


Clasificación actual

martes, 3 de marzo de 2015

Canteira. destacan os máis pequenos

Resultados da base : 28 feb / 1 marzo

  Nova xornada nos equipos de base do CB Burela e resultados moi positivos en casi todas as categorías:

Benxamín Feminino Escolar
  1. Benxamín Masculino Escolar, victoria moi folgada por 67-17diante das Escolas Deportivas do Concello de Cervo. Os de Lolo non deron opción ó equipo de San Cibrao e pecharon a acta xogando e deixando xogar ó rival.
  2. Benxamín Feminino Escolar, victoria sobre O Pilar de Foz por44-38, diante dun equipo que tiña superioridade física, devolvendo a derrota da primeira volta. As nenas de Marga remontaron no terceiro cuarto e gañaron o partido con moita brillantez. Destacaron na ofensiva Nuria e Marta.                                                                                                                                  
  3. Alevín Feminino Escolar, derrota diante das Escolas Deportivas de Lourenzá no Mte.Castelo por  28-46, non souperon as de Marga e Madar  superar a un conxunto moito máis alto e potente no físico e cederon unha derrota moi digna.                                                                                       
    Alevín feminino Escolar
  4. Infantil Feminino Federado,victoria moi clara diante do Val do Lemos de  Monforte en Burela por 45-21, as de Madar xa no grupo que pelexa polo título provincial gañoulle o terceiro clasificado do grupo Sur e só lle queda xogar  contra o Ensino Galén e o Cidade de Lugo para rematar a liga. O conservar os resultados da 1ª fase o noso equipo ten moi limitadas as súas aspiracións e opta a rematar entre as 4 mellores escadras da provincia.
  5. Infantil Masculino Federado, a mágoa da xornada ó caer derrotados no Mte Castelo contra o Celtas Martínez por46-47 no último minuto do partido. Despois dunha primeira parte para esquecer 18-31, os de Rogelio ofreceron a súa mellor versión nunha gran reanudación , remontando o partido e tendo ata 3 puntos arriba a falta de escasos 2 minutos. Dúas canastas dos de Foz os puxeron por diante e a última acción ofensiva de Alberto non acertou co aro polo que se sumou a primeira derrota da segunda fase. Cabe destacar a arbitraxe , que en termos xerais non afectou ó resultado, pero que non é ético que un árbitro sexa fillo do adestrador focense.
  6. Cadete Feminino , victoria moi clara diante Cidade de Lugo70-22, cunha Paula moi mermada que fixo que o resto do equipo asumira máis responsabilidades. As de Madar encarrilan a eliminatoria polo quinto posto final e poden seguir  co reparto de minutos para as menos habituais no partido de volta en Lugo. A eliminatoria final polo quinto posto será contra Ensino de Lugo.
    Alevín Masculino Federado
  7. Junior Masculino , despois do gran éxito de clasificarse para os playoff polo título provincial , a semifinal contra o equipo líder (Innova Const. AXSC) iniciouse cunha clara derrota en Burela  que deixa  casi sentenciada a semifinal 42-78, polo que o equipo de Manolo debe disfrutar do partido de volta  para rematar a competición ligueira con bo sabor de boca. O partido non foi competido pola intensa presión defensiva dos capitalinos que foi mermando a escasa rotación dos nosos (coa lesión de Román máis aínda).