martes, 26 de enero de 2010

¡CB BURELA TEMPADA 2009-2010!

A finalidade do C.B. Burela é a de divulgar a realización desta práctica deportiva que enriquece a capacidade motriz e coordinativa do nen@, que mellora coa práctica de distintas actividades físicas, como natación, fútbol, baloncesto,…todas elas distintas e beneficiosas na formación dos nen@s.

PROMOCIÓN:
A nivel feminino a posibilidade de finalizar a súa etapa nas categorías base do CB Burela, de continuar a práctica deportiva mediante un convenio de colaboración co Club Baloncesto Ensino de Lugo o cal facilitará unha saída deportiva ás que posúan un bo nivel facilitándolle a convivencia deportiva cos seus estudos.
A nivel masculino o noso obxectivo a corto prazo é o de ir sacando equipos exclusivamente masculinos dende as categorías inferiores e ir pouco a pouco subindo de categorías sen descoidar a base.

OBXETIVOS:
Consolidar e fomentar a práctica do deporte base entre os nen@s baseándonos nas seguintes liñas de actuación:
1-disfrutar dunha práctica deportiva por parte dos nen@s
2-divulgar unha serie de valores, deportividade, compañeirismo, honestidade…
3-fomentar o deporte como parte importante do enfoque da súa vida.


domingo, 24 de enero de 2010

¡NACE O BLOG DO CB BURELA!

Benvidos ao blog oficial do Clube Baloncesto Burela.
O noso clube únese deste xeito ás novas tecnoloxías tratando de achegarvos tódalas novas relacionadas co baloncesto en xeral e co CB Burela en particular.
A grande familia que formamos o CB Burela esperamos que vos guste e que sexa unha canle de comunicación útil para tod@s.

1,2,3 EQUIPO!!!