jueves, 24 de diciembre de 2015
martes, 15 de diciembre de 2015
OITAVA VITORIA CONSECUTIVA DO SENIOR MASCULINO
SDC. GARABOLOS 66 - CB. BURELA 74
Garabolos é un serio rival e xogar na súa cancha complicado para calquer equipo, saben loitar e vender cara a derrota. Saben pelexar e perden os partidos por escasa marxe.
No primeiro cuarto Garabolos fixo unha boa defensa, nós circulamos ben o balón pero fallamos no tiro, no segundo cuarto fomos mellorando algo no tiro e chegamos ao descanso cunha triple lonxana, dende medio campo, de Pedrosa que nos facía chegar ao descanso gañando de 5 puntos.
Nos terceiro e último cuartos onde voltamos a estar estáticos non circulando ben o balón. De todas formas aguantamos os acercamentos do rival e rematar gañando nunha pista na que é complicado facelo.
MARCADORES PARCIAIS:
1º CUARTO 14 - 18
2º CUARTO 16 - 16
3º CUARTO 18 - 20
4º CUARTO 19 - 20
ANOTADORES:
Samuel, Andrés 23, Cristhian 19, Manolo 11, Héctor 2, Rafa 3, Omar 3, Pedrosa 13 e Mario
GAÑA O INFANTIL MASCULINO
INFANTIL MASCULINO: CB. BURELA 41 - CELTAS DE FOZ 14
Partido cómodo dos nosos que sirviu de aprendizaxe para reforzar conceptos e no que tiveron minutos todos os xogadores:
MARCADORES PARCIAIS
1º CUARTO 11 - 2
2º CUARTO 8 - 4
3º CUARTO 7 - 4
4º CUARTO 15 - 4
ANOTADORES:
Martiño 4, Hugo 9, Alex 11, Cristian, Xoel 2, Daniel 2, David 7 e Antón 6.
domingo, 13 de diciembre de 2015
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO 12 - 13 DE DECEMBRO
Só a derrota por 5 puntos do sénior femenino empaña os moi bos resultados da fin de semana.
PRIMEIRA DIVISIÓN AUTONÓMICA FEMENINA
CB. Burela 52 - Peleteiro 57
TERCEIRA DIVISIÓN MASCULINA
S.D.C. Garabolos 66 - CB. Burela 74
SEGUNDA DIVISIÓN CADETE FEMENINA
CB. Viveiro 37 - CB. Burela 39
SEGUNDA DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA
CB. Burela 41 - Martínez Otero Celtas 14
MINIBASKET MASCULINO
CB. Ría de Ribadeo 83 - CB. Burela 68
PREMINIBASKET MASCULINO
CB. Ría de Ribadeo 26 - CB. Burela 44
MINIBASKET ESCOLAR MASCULINO
CB. Burela 47 - Cervo 30
PREMINIBASKET ESCOLAR MASCULINO
CB. Burela 63 - Cervo 12
PREMINI FEMENINO ESCOLAR
CB. Viveiro 28 - CB. Burela 31
martes, 1 de diciembre de 2015
SÉTIMA VITORIA CONSECUTIVA DO SÉNIOR MASCULINO
CB. BECERREÁ 47 - CB. BURELA 70
1º CUARTO: 11 - 9
2º CUARTO: 10 - 22
3º CUARTO: 16 - 23
4º CUARTO: 10 - 16
2º CUARTO: 10 - 22
3º CUARTO: 16 - 23
4º CUARTO: 10 - 16
Anotadores :
Martín: 1
Andrés: 14
Cristhian: 14
Manolo: 13
Héctor: 4
Mario: -
Rafa: 3
Omar: 4
Jacobo: 17
Martín: 1
Andrés: 14
Cristhian: 14
Manolo: 13
Héctor: 4
Mario: -
Rafa: 3
Omar: 4
Jacobo: 17
Partido complicado no primeiro cuarto, fallando tiros cómodos e con pouca consistencia no xogo interior, no segundo cuarto gracias a unha maior presión das liñas de pase e un maior acerto no tiro de media distancia unido a un mellor xogo interior logrouse ir ao descanso con dez puntos de ventaxa.
Tras o descanso Becerreá planteou unha defensa zonal que causou algún problema nos primeiros compases do terceiro cuarto, pero ao ir asentando o xogo e circulando mellor o balón puidose anotar varias veces de tres puntos obligandoos a defendernos de novo en individual. No último cuarto cerrouse o partido correndo uns cantos bos contraataques consolidando asi a faceta das transicións rapidas, algo necesario este ano para ter mais repertorio de xogo.
Tras o descanso Becerreá planteou unha defensa zonal que causou algún problema nos primeiros compases do terceiro cuarto, pero ao ir asentando o xogo e circulando mellor o balón puidose anotar varias veces de tres puntos obligandoos a defendernos de novo en individual. No último cuarto cerrouse o partido correndo uns cantos bos contraataques consolidando asi a faceta das transicións rapidas, algo necesario este ano para ter mais repertorio de xogo.
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO 28- 29 DE NOVEMBRO
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA
C. Pío XII Rosalía 67 - CB. Burela 52
TERCEIRA DIVISIÓN MASCULINA
CB. Becerreá 47 - CB. Burela 70
CADETE FEMININA
CB. Burela 25 - Pan de Mondoñedo 46
ALEVÍN FEMENINO FEDERADO
CB. Burela 25 - Galén 65
ALEVÍN FEMENINO ESCOLAR
Colexio O Pilar 63 - CB. Burela 21
ALEVÍN MASCULINO FEDERADO
CB. Burela 88 - Galén 56
BENXAMÍN FEMENINO FEDERADO
CB. Burela 46 - Galén 30
BENXAMÍN FEMININO ESCOLAR
Colexio O Pilar 43 - CB. Burela 37
BENXAMÍN MASCULINO FEDERADO
CB. Ría de Ribadeo 19 - CB. Burela 69
martes, 24 de noviembre de 2015
PROGRAMA DE RADIO BURELA: Crónica de dous partidos desta fin de semana
No arquivo que acompañamos crónicas dos partidos Cadete feminino e Sénior Masculino do noso colaborador Juan Luis Moreno
http://www.ustream.tv/recorded/78386634lunes, 23 de noviembre de 2015
CRÓNICA PARTIDO SÉNIOR
VILALBA 42 - C.B. BURELA 58
Partido difícil ante un rival moi complicado na súa cancha. O resultado final non reflexa a igualdade que houbo na cancha, xa que aínda que fomos sempre por diante, por unha marxa máis pequena do que reflexa o resultado final.
Non foi un dos mellores partidos do noso equipo, xa que no ataque non circulamos con fluidez e tivemoa unha mala porcentaxe de acerto no tiro, isto contrarestamolo cunha boa defensa e un bo poder reboteador que nos facilitou máis posesións que ao rival.
RESULTADOS POR CUARTOS:
1º CUARTO 16 - 18
2º CUARTO 9 - 15
3º CUARTO 8 - 14
4º CUARTO 9 - 11
ANOTADORES: Pedrosa 17, Samuel, Andrés 15, Mario, Cristhian 11, Javi, Manolo 2, Omar 2.
|
Equipo
|
P.J.
|
P.G.
|
P.P.
|
P.F.
|
P.C.
|
PTO.
|
R.
|
|
1
|
7
|
6
|
1
|
450
|
327
|
13
|
+1
|
||
2
|
7
|
6
|
1
|
427
|
344
|
13
|
+6
|
||
3
|
6
|
5
|
1
|
316
|
277
|
11
|
+2
|
||
4
|
7
|
3
|
4
|
450
|
409
|
10
|
-1
|
||
5
|
7
|
3
|
4
|
347
|
386
|
10
|
-3
|
||
6
|
7
|
2
|
5
|
390
|
415
|
9
|
+1
|
||
7
|
7
|
2
|
5
|
286
|
370
|
9
|
-1
|
||
8
|
6
|
0
|
6
|
221
|
359
|
6
|
-6
|
CRÓNICA PARTIDO DE INFANTIS
C.B. BURELA 43 - RIBADEO 65
Nos primeiros cuartos non soubemos respostar a súa presión en toda cancha, perdemos moitos balóns que posibilitaron canastras fáciles dos adversarios.Tras o descanso fomos melloroando neste aspecto, pero foinos imposible remontar o partido.
Nós tamén o pasamos mal para defender cando o rival ten un xogador alto na cancha, o noso xogador máis alto Bruno segue lesionado.
Anotacións por cuartos:
1º Cuarto 8 - 19
2º Cuarto 9 - 16
3º Cuarto 15 - 19
4º Cuarto 11 - 11
Anotadores: MARTIÑO 16, HUGO, ALEX 7, CRISTHIAN 4, IVAN 2, XOEL, DANIEL 3, DAVID 4, AARON 4, ANTÓN 3.
domingo, 22 de noviembre de 2015
BO FIN DE SEMANA PARA OS NOSOS EQUIPOS
RESULTADOS FIN DE SEMANA DO 21-22 DE NOVEMBRO
SÉNIOR FEMENINO 1ª Autonómica
CB. Burela 46 - UNI de Ferrol 52
CB. Burela 61 - Calasancias Coruña 55
SÉNIOR MASCULINO 3ª División
Vilalba 42 - CB. Burela 58
INFANTIL MASCULINO Federado
CB. Burela 43 - Ribadeo 65
ALEVÍN MASCULINO
C.B Burela 34 - Estudiantes 79 (Federado)
Celtas de Foz 26 - CB. Burela 57 (Deporte escolar)
ALEVÍN FEMENINO Federado
Sarria 30 CB. Burela 49
BENXAMÍN FEMENINO Federado
CB. Burela 40 - Estudiantes 75
BENXAMÍN MASCULINO
CB. Burela 65 - Estudiantes Verde 14
lunes, 16 de noviembre de 2015
VICTORIA DO INFANTIL MASCULINO
C.B. BURELA 44 - ENSINO 42
1º Cuarto 10 - 15
2º Cuarto 10 - 7
3º Cuarto 13 - 9
4º Cuarto 11 - 11
Dúas triplas finais decidiron o partido.
Partido igualado con moitas perdas de balón pola nosa banda e dificultades en capturar rebotes, dificultade que se debe en boa parte a falla de altura do equipo.
Ao final o acerto no tiro decantou o partido ao noso favor.
MOI BO PARTIDO EN VISTA ALEGRE
VICTORIA do senior masculino en fronte do Ribadeo
C.B.Burela 59 - Ribadeo 58
1º CUARTO : 14 - 14
2º CUARTO : 16 - 21
3º CUARTO : 12 - 12
4º CUARTO : 17 - 11
2º CUARTO : 16 - 21
3º CUARTO : 12 - 12
4º CUARTO : 17 - 11
Anotadores :
Martín : 7
Samuel : 3
Angel:-
Andrés : 19
Cristhian : 11
Javi:-
Héctor : 2
Mario :-
Rafa:-
Pedrosa : 15
Omar : 2
Martín : 7
Samuel : 3
Angel:-
Andrés : 19
Cristhian : 11
Javi:-
Héctor : 2
Mario :-
Rafa:-
Pedrosa : 15
Omar : 2
Partido complicado diante dun gran rival no cal o equipo foi sempre por detrais no marcador a partir do segundo cuarto, motivo polo que a remontada se convirteu nun feito moi complicado que se culminou no ultimo tramo do derradeiro cuarto.
Foi un encontro marcado polo desacerto no tiro e polas dificultades no rebote, posto que eles cargabano ben. Nunca se deixou de creer na victoria e grazas en parte polos tiros libres anotados de Cristhian na última posesión, sumado ao mellor porcentaxe no tiro e ao gran traballo defensivo por parte de todos logrouse remontar. Ribadeo tivo a última posesión do encontro pero non foi capaz de anotar.
Gran ambiente nas gradas, que axudou moito ao equipo, así da gusto xogar!! Moitas gracias a todos e como xa sabedes sodes benvidos en todos os partidos de ahora en diante.
#VamosBurela #SomosEquipo
Foi un encontro marcado polo desacerto no tiro e polas dificultades no rebote, posto que eles cargabano ben. Nunca se deixou de creer na victoria e grazas en parte polos tiros libres anotados de Cristhian na última posesión, sumado ao mellor porcentaxe no tiro e ao gran traballo defensivo por parte de todos logrouse remontar. Ribadeo tivo a última posesión do encontro pero non foi capaz de anotar.
Gran ambiente nas gradas, que axudou moito ao equipo, así da gusto xogar!! Moitas gracias a todos e como xa sabedes sodes benvidos en todos os partidos de ahora en diante.
#VamosBurela #SomosEquipo
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA
RESULTADOS FIN DE SEMANA DO 14-15 DE NOVEMBRO
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMININA
Sarria 58 - CB. Burela 54
TERCEIRA SÉNIOR MASCULINA
CB. Burela 59 - Ribadeo 58
CADETE FEMENINA
CB. Burela 44 - Cidade de Lugo 36
INFANTIL MASCULINO
CB. Burela 44 - Ensino 42
ALEVÍN FEMININO
CB. Burela 38 - Cidade de Lugo 68
ALEVÍN MASCULINO
CB. Burela 41 - Cidade de Lugo 56
BENXAMÍN MASCULINO
CB. Burela 29 - Galén 38
lunes, 9 de noviembre de 2015
Resultados da fin de semana
BOA FIN DE SEMANA PARA OS NOSOS EQUIPOS.
Primeira autonómica, sénior femenina
CB. Burela 56 - La Salle 44
Terceira sénior masculina
Sarria 47 - CB. Burela 76
Segunda Infantil masculina
CB Viveiro 42 - CB. Burela 38
Mini Masculino
CB. Viveiro 32 - CB. Burela 64
Mini Feminino
CB. Viveiro 38 - CB. Burela 23.
martes, 3 de noviembre de 2015
PARTIDOS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA
ESTA FIN DE SEMANA EMPEZAN ALGÚNS DOS EQUIPOS DA BASE
SÉNIOR FEMENINO
CB. BURELA - LA SALLE Domingo día 8 ás 17:00 pavillón Vista Alegre.
SÉNIOR MASCULINO
SARRIA - CB. BURELA Sábado día 7 ás 20:00 Pavillón do Chanto Sarria.
INFANTIL MASCULINO
CB. VIVEIRO - CB. BURELA Sábado día 7 ás 16:00 en Viveiro
ALEVÍN MASCULINO
CB. VIVEIRO - CB. BURELA Domingo día 8 ás 17:30 en Viveiro
ALEVÍN FEMENINO
CB. VIVEIRO - CB. BURELA Domingo día 8 ás 19:30 en Viveiro.
lunes, 2 de noviembre de 2015
TERCEIRA VICTORIA CONSECUTIVA DO SÉNIOR MASCULINO
C.B. BURELA 64 - CHANTADA B 37
Partido cómodo dos de Manolo diante dun Chantada B que está aínda en periodo de formación e adaptandose á categoría. O noso equipo domiñou claramente o partido sobre todo no xogo interior.
Este partido valeunos para darlles minutos aos xogadores menos habituais. Se queremos poñer unha eiva ao noso equipo foi a excesiva relaxación e confianza do último cuarto, aínda que entra dentro da normalidade que poidan ocorrer estas situacións.
Resultados por cuartos:
1º cuarto . 19 -6
2º cuarto 20 - 12
3º cuarto 12 - 7
4º cuarto 13 - 12
Anotadores: Martín 7, Samuel 6, Cristhian 8, David 5, Javi 10, Héctor 9, Mario 2, Rafa, Pedrosa 7, Omar 10.
lunes, 26 de octubre de 2015
APRAZADO O PARTIDO DO SÉNIOR FEMENINO
O SÉNIOR FEMENINO DEBUTARÁ O PRÓXIMO 8 DE NOVEMBRO EN VISTA ALEGRE
O partido que estaba programado para o próximo fin de semana no pavillón de Esteiro (Ferrol) entre o equipo local Universitario de Ferrol e o CB. Burela foi aprazado ata o próximo 20 de novembro en Vista Alegre, asi que o debut do noso equipo en liga terá lugar o próximo 8 de novembro en Vista Alegre ante o poderoso LA SALLE de Santiago que a temporada pasada nos gañou os dous partidos. Esperemos que nesta terceira ocasión cambien as tornas.
VICTORIA DO SÉNIOR NO DERBY EN SAN CIBRAO
CD. SAN CIBRAO 45 - C.B. BURELA 59
Moi bo ambiente no Pavillón Da Veiga en San Cibrao con moitos aficionados tanto locais coma de Burela nas gradas. Partido dos que crean aficción.
Partido serio o do noso equipo dominando o xogo dende o principio ata o final, aínda que no arreón final do equipo local, no último cuarto, non puxo en perigo a victoria, a pesar de que perdemos este cuarto.
Dominamos o rebote xogando en varias fases con tres xogadores "grandes". Pola nosa banda preferiamos un partido máis rápido pero a condensación fixo o parquet moi resbaladizo de aí a opción de xogar cos máis grandes. Tivemos unha boa circulación de balón e tiros cómodos que de estar un pouco máis finos no tiro farian posible unha victoria máis cómoda. Unha nova victoria para nós que nos dá tranquilidade, xa que gañar fóra non é fácil e máis complicado aínda se é un derby.
RESULTADOS POR CUARTOS:
1º Cuarto 9 - 17
2º Cuarto 7 -17
3º Cuarto 11 -13
4º Cuarto 18 -12
ANOTADORES: Jacobo PEDROSA, 25, MARTÍN 4, DAVID, SAMUEL, ANDRÉS 17, JAVI 2, RAFA, HÉCTOR 2, CRISTIAN 9, OMAR E ADRIÁN.
lunes, 19 de octubre de 2015
PRIMEIRA VITORIA DO SÉNIOR MASCULINO
CB. BURELA 59 S.D.C. GARABOLOS 54
Partido xogado no Pavillón Monte Castelo o sábado 17 ás 18:00 horas.
Primeira vitoria do noso equipo sénior masculino ante un bo rival que fixo unha defensa en zona.
Tivemos intres en que circulamos ben o balón contra a zona que xunto coa bos defensa presionante permiteunos ir ao descanso con 9 puntos de ventaxa.
No terceiro cuarto chegamos a estar 13 puntos arriba dando a impresión de que podiamos romper o partido, a partir deste intre empezamos a precipitarnos tirando sin posicións claras e dando moitas facilidades ao rival, o que propiciou que chegaran a empatar e faltando 5 minutos que se puxeran 4 puntos arriba.
A partir deste intre voltamos a defender con intensidade e o acerto no tiro permitiron chegar ao final con ventaxa de 5 puntos.
Os de Manolo obtiveron a primeira vitoria, pero deben mellorar moito en concentración e ter máis tranqulidadeno xogo.
Resultado por cuartos:
1º cuarto 9 -10
2º cuarto 23 - 13
3º cuarto 15 - 18
4º cuarto 12 -13
Anotadores:
Martín 2, Samuel 2, Cristhian 17, David 2, Hector, Mario, Adrián, Rafa, Andrés 16, Jacobo 16 e Omar 4.
lunes, 12 de octubre de 2015
PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA PARA O SÉNIOR MASCULINO
CB. BURELA 52 - CB. BECERREÁ 59
O pasado domingo 4 de outubro iniciábase a liga para o noso equipo sénior masculino, recibimos en Burela ao CB. Becerreá. Resultado final Burela 52 - Becerreá 59.A pesar de que non fixemos un mal partido pasounos factura un inicio de temporada con poucos adestramentos e un só partido amisto de pretemporada, nun equipo que ten bastantes cambios respeto da anterior temporada. En cambio o Becerreá que ten o mesmo equipo do ano pasado era un equipo máis conxuntado.
Perdemos demasiados balóns e temos que pechar máis o rebote. Para o ser o primeiro partido non o fixemos mal de todo, concedemos demasiados ataques ao rival, hai que mellorar en defensa e practicar as axudas.
Resultados por cuartos:
1º Cuarto: 9 -12
2º Cuarto: 22-14
3º Cuarto 9 - 18
4º Cuarto 12 - 15
Xogaron e anotaron: Angel, Cristhian (16), Mario, Rafa, David (4), Adrián, Jacobo (19), Omar, Manolo (8) e Samuel (5).
viernes, 4 de septiembre de 2015
Horario dos adestramentos
Estes son horarios dos adestramentos da tempada 2015/2016.
Todos os interesados poden acudir aos pavillóns nos horarios correspondentes a falar co adestrador.
VOLTA Á ACTIVIDADE
NOVA TEMPORADA 2015/2016
Ao longo do presente mes de setembro comenzarán os adestramentos en todas as categorías, para as categorías alevín (nados en 2004 e 2005) benxamín (2006 e 2007) e prebenxamín ( nados no 2008 e posteriores) comenza o 21 de setembro.
Na próxima entrada poñeremos os horarios semanais.
Todos os nenos/as que desexen xogar ao noso deporte poden poñerse en contacto co club no tlfno. 670563531.
lunes, 27 de abril de 2015
SENIOR FEMININO: Victoria para pechar a liga
Final da liga para as senior con bo sabor de boca
Último partido de liga para o CB Burela na súa primeira experiencia na 1ª Autonómica Feminina e o equipo de Rubal buscaba deixar un bo sabor de boca diante da nosa afición, despois dunha liga onde xa cumpriran os obxectivos varias xornadas atrás.
Só a baixa de Marta Álvarez (desde xaneiro non participou) e co equipo ó completo buscaba a victoria diante o calasancias de Coruña, rival que rematou a liga en quinta posición (nós seremos sextas) e que nos derrotara no partido de ida por 11 puntos en Riazor.
Despois dun inicio dubitativo, con varias perdas de balón, o xogo e o marcador eran igualados (15-12).
Moitas faltas e moitos tiros libres quitabanlle brillo ó xogo pero a emoción parecía asegurada cun partido moi igualado (31-26 ó descanso), o noso equipo non era capaz de sacar diferencias no marcador pola mala selección de tiro, pero en defensa estaba cumplindo , non deixando anotar con fluidez ás coruñesas.
![]() | |
O noso equipo celebrando a victoria e o final de liga: |
Despois dun inicio pouco acertado da segunda parte, as visitantes lograron acercarse con tres triples da súa exterior Nimo, pero as transicións do equipo de Burela e un novo impulso da súa defensa individual revertiron a dinámica negativa para seguir incrementando a diferencia , dinámica que sigueu no último cuarto coas nosas xa por encima dos 10 puntos de ventaxa. Os últimos minutos son para esquecer, pois o equipo contrario centrouse máis nos árbitros que no partido polo que a diferencia final quedou en 17 puntos.
Non foi o mellor partido da temporada, pero unha victoria para rematar a liga sempre senta ben, destacando o xogo de conxunto do equipo, sen depender en ataque de nungunha xogadora e coa participación de todas as xogadoras dispoñibles. As máximas anotadoras foron Mar e Adela con 13 puntos.
![]() |
Clasificación final da 1ª Autonomica Feminina 2014/15 |
Na clasificación un sexto posto cumple sobradamente co obxectivo da temporada, pero nos queda un mal sabor de boca dos 7 partidos perdidos por unha diferencia menor de 5 puntos, e de ter sorte en algún de esos partidos poderíamos falar dunha clasificación moito mellor.
O adestrador Rubal recalcou o mérito de cada xogadora en individual e da excelente química do grupo , que con moitísimo esforzo e moi poucos medios plantou cara toda a temporada a clubes clásicos do basket feminino galego. Tamén debemos agradecer a nosa afición o seu apoio en cada partido.
Agora toca descanso , recuperar lesións e golpes e preparar o final de curso da maior parte das xogadoras coa incertidume de poder seguir competindo o ano que ven nunha liga na que este equipo debe estar por calidade e traballo.
lunes, 20 de abril de 2015
SENIOR FEMININO: Derrota axustada en Santiago
As Seniors caen en Santiago nun final moi axustado
Penúltima xornada da 1ª Autonómica e derrota en santiago diante de La Salle por un axustado 69-65, nun partido no que a pesar da derrota as nosas consiguen de forma matemática eludir as dúas últimas prazas da liga a falta dunha xornada.
Como ven sendo habitual, ás baixas habituais de Marta A., e Salomé sumouse Laura Chao que non viaxou ó estar lesionada e cun total de 8 xogadoras na acta se iba a afrontar este partido. Pero un novo infortunio se iba a producir, Marta Cifu, a nosa capitana e xogadora máis destacada nos últimos partidos, se resentía de problemas musculares no quentamento ,polo que só quedaban para xogar 5 seniors e dúas juniors.
O partido empezou de forma igualada, e un triple final das locais reduceu a desventaxa de 4 puntos a un das nosas (19-21) . Neste primeiro cuarto Lucía con 8 puntos daba ritmo e lideraba ó equipo .
O segundo cuarto cambiou moito polo parcial en contra das locais (17-3 en seis minutos) cun gran acerto exterior e varias canastras afortunadas que contrastaban coas dificultades das de Rubal de acertar no tiro, con varios fallos en tiros cercanos, pero o grupo non desfalleceu e acercouse a 4 puntos ó descanso (39-35).
O segundo cuarto cambiou moito polo parcial en contra das locais (17-3 en seis minutos) cun gran acerto exterior e varias canastras afortunadas que contrastaban coas dificultades das de Rubal de acertar no tiro, con varios fallos en tiros cercanos, pero o grupo non desfalleceu e acercouse a 4 puntos ó descanso (39-35).
Un novo mal cuarto das nosas tanto en defensa como en ataque xunto co gran acerto local desde a liña de 6,75 disparaba as diferencias por encima dos dez puntos (59-49, min.30) o que facía perigrar a victoria e, incluso o basketaverage (o CB Burela gañou de 15 como local), polo que se necesitaba cambiar a dinámica no último cuarto, no que as de Santiago cun predominio do tiro exterior, chegaban a ter ata 12 puntos arriba. Outro esforzo das nosas, rebaixando pouco a pouco as diferencias , nos colocaba cun esperanzador 67-65 no último minuto pero dous tiros libres das locais sentenciaban o partido.
Destacaron Lucía Carabán (tres triplas de catro intentos)e Margarita en ataque (gran final de partido).
Unha lástima, todo o gran esforzo realizado sin premio final, lamentando as canastras fáciles falladas (ata 7 tiros que entran habitualmente non se meteron), con decisións arbitrais moi discutidas, pero outro partido para estar orgullosos do noso equipo. Tamén debemos resaltar o mérito do equipo local, cun xogo exterior moi acertado (10 triplas, casi 50 puntos das tres xogadoras exteriores máis destacadas).
Xogaron e anotaron : Fátima 8, Mar 10, Tania 2, Lucía 16, Margarita 23, Adela 2 e Celia 4.
19 faltas (eliminada Mar, min 38). Parciais : 19-20/20-14/20-14/10-17
![]() |
Clasificación e última xornada |
A vindeira xornada remata a liga e o CB Burela recibe a Calasancias Coruña (5º clasificado) coa sana intención de darlle unha alegría á nosa aficón, despois do apoio prestado todo o ano. No partido disputado en Coruña as nosas perderon por once puntos nun partido marcado polas ausencias e a lesión de nocello de Lucía Carabán.
Rubal espera recuperar se é posible a Marta Cifuentes e a Laura, pero o seu estado físico debe ser óptimo para non correr ningún risco de lesión máis importante.
sábado, 18 de abril de 2015
Axenda 18/19 abril
Partidos CB Burela 18/19 abril
Novo fin de semana de competición cos seguintes partidos:
- Benxamín Feminino, amigable en San Cibrao co grupo mixto benxamín das Escolas Deportivas do Concello de Cervo.
- Benxamín Masculino (Premini), Galén - Cb Burela , Lugo, sábado 18 12,30h.
- Infantil Feminino: Galén - CB Burela , Lugo, sábado 18 12,30h.
- Infantil Masculino: Celtas-Martínez Foz / CB Burela, Foz, domingo 19 18h.
- Senior feminino, La Salle - CB Burela , Santiago , domingo 19, 19h.
SORTE A TOD@S
miércoles, 15 de abril de 2015
CANTEIRA : Pleno de triunfos para o CB Burela
Victorias en infantís e premini
Gran fin de semana para o Cb Burela en categoría de formación , cun pleno de victorias nos tres partidos disputados:
![]() |
Equipo ó completo Infantil Feminino do CB Burela |
- Infantil Feminino, victoria fácil en Monforte diante do Val do Lemos 21-49, onde as de Madar fixeron un bo partido e non deron opcións ás locais. Despois dunha primeira parte axustada (8-19) as nosas puxeron a directa e levaron unha merecida victoria. Destacou Aida con 10 puntos ben secundada por Paula P., Carla, Kesia e Paula N. Agora o equipo ocupa a 4ª praza do grupo polo título provincial, aínda que non ten moitas opcións de subir postos na clasificación.
- Infantil Masculino, victoria sen brillo diante do colista AXSC Hierros Ferreiro por 55-49, Os visitantes sempre foron a remolque, con diferencias que chegaron a superar os 10 puntos, pero os de Rogelio non estiveron precisos no pase e perderon moitos balóns fáciles polo que os visitantes foron recortando diferencias ata empatar o partido a falta de 3 minutos. A volta á orde en ataque e varias defensas correctas devolveron a ventaxa e aseguraron a victoria en Burela.
Tempo morto do equipo infantil masculino - Premini masculino, enorme paso adiante dos de Lolo coa victoria en Monforte diante do Val do Lemos Desguaces Manolo por 65-76, equipo imbatido ata que os nosos conseguiron esta importante victoria. Os de Lolo dan outro paso xigante hacia o título provincial aínda que a relaxación é mala compañeira no deporte. Destacou de novo Antón (38 puntos) e Diego, que son os líderes do conxunto. Toca recibir ó Maristas de Lugo , que será un rival moi asequible para este equipo que nos deu esta temporada moitas ledicias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)