CD. SAN CIBRAO 45 - C.B. BURELA 59
Moi bo ambiente no Pavillón Da Veiga en San Cibrao con moitos aficionados tanto locais coma de Burela nas gradas. Partido dos que crean aficción.
Partido serio o do noso equipo dominando o xogo dende o principio ata o final, aínda que no arreón final do equipo local, no último cuarto, non puxo en perigo a victoria, a pesar de que perdemos este cuarto.
Dominamos o rebote xogando en varias fases con tres xogadores "grandes". Pola nosa banda preferiamos un partido máis rápido pero a condensación fixo o parquet moi resbaladizo de aí a opción de xogar cos máis grandes. Tivemos unha boa circulación de balón e tiros cómodos que de estar un pouco máis finos no tiro farian posible unha victoria máis cómoda. Unha nova victoria para nós que nos dá tranquilidade, xa que gañar fóra non é fácil e máis complicado aínda se é un derby.
RESULTADOS POR CUARTOS:
1º Cuarto 9 - 17
2º Cuarto 7 -17
3º Cuarto 11 -13
4º Cuarto 18 -12
ANOTADORES: Jacobo PEDROSA, 25, MARTÍN 4, DAVID, SAMUEL, ANDRÉS 17, JAVI 2, RAFA, HÉCTOR 2, CRISTIAN 9, OMAR E ADRIÁN.