As Seniors caen en Santiago nun final moi axustado
Penúltima xornada da 1ª Autonómica e derrota en santiago diante de La Salle por un axustado 69-65, nun partido no que a pesar da derrota as nosas consiguen de forma matemática eludir as dúas últimas prazas da liga a falta dunha xornada.
Como ven sendo habitual, ás baixas habituais de Marta A., e Salomé sumouse Laura Chao que non viaxou ó estar lesionada e cun total de 8 xogadoras na acta se iba a afrontar este partido. Pero un novo infortunio se iba a producir, Marta Cifu, a nosa capitana e xogadora máis destacada nos últimos partidos, se resentía de problemas musculares no quentamento ,polo que só quedaban para xogar 5 seniors e dúas juniors.
O partido empezou de forma igualada, e un triple final das locais reduceu a desventaxa de 4 puntos a un das nosas (19-21) . Neste primeiro cuarto Lucía con 8 puntos daba ritmo e lideraba ó equipo .
O segundo cuarto cambiou moito polo parcial en contra das locais (17-3 en seis minutos) cun gran acerto exterior e varias canastras afortunadas que contrastaban coas dificultades das de Rubal de acertar no tiro, con varios fallos en tiros cercanos, pero o grupo non desfalleceu e acercouse a 4 puntos ó descanso (39-35).
O segundo cuarto cambiou moito polo parcial en contra das locais (17-3 en seis minutos) cun gran acerto exterior e varias canastras afortunadas que contrastaban coas dificultades das de Rubal de acertar no tiro, con varios fallos en tiros cercanos, pero o grupo non desfalleceu e acercouse a 4 puntos ó descanso (39-35).
Un novo mal cuarto das nosas tanto en defensa como en ataque xunto co gran acerto local desde a liña de 6,75 disparaba as diferencias por encima dos dez puntos (59-49, min.30) o que facía perigrar a victoria e, incluso o basketaverage (o CB Burela gañou de 15 como local), polo que se necesitaba cambiar a dinámica no último cuarto, no que as de Santiago cun predominio do tiro exterior, chegaban a ter ata 12 puntos arriba. Outro esforzo das nosas, rebaixando pouco a pouco as diferencias , nos colocaba cun esperanzador 67-65 no último minuto pero dous tiros libres das locais sentenciaban o partido.
Destacaron Lucía Carabán (tres triplas de catro intentos)e Margarita en ataque (gran final de partido).
Unha lástima, todo o gran esforzo realizado sin premio final, lamentando as canastras fáciles falladas (ata 7 tiros que entran habitualmente non se meteron), con decisións arbitrais moi discutidas, pero outro partido para estar orgullosos do noso equipo. Tamén debemos resaltar o mérito do equipo local, cun xogo exterior moi acertado (10 triplas, casi 50 puntos das tres xogadoras exteriores máis destacadas).
Xogaron e anotaron : Fátima 8, Mar 10, Tania 2, Lucía 16, Margarita 23, Adela 2 e Celia 4.
19 faltas (eliminada Mar, min 38). Parciais : 19-20/20-14/20-14/10-17
Clasificación e última xornada |
A vindeira xornada remata a liga e o CB Burela recibe a Calasancias Coruña (5º clasificado) coa sana intención de darlle unha alegría á nosa aficón, despois do apoio prestado todo o ano. No partido disputado en Coruña as nosas perderon por once puntos nun partido marcado polas ausencias e a lesión de nocello de Lucía Carabán.
Rubal espera recuperar se é posible a Marta Cifuentes e a Laura, pero o seu estado físico debe ser óptimo para non correr ningún risco de lesión máis importante.