Os dous preminis gañan a Copa Deputación
Fin de semana intenso para o CB Burela coa disputa da Copa Deputación de Baloncesto Base. Na categoría de Minibasket (ata os 12 anos) a sede foi Ribadeo (con mois boas e novas instalacións adicadas ó basket) e participaban 4 equipos (1 alevín mixto: Mini e 3 benxamíns: Premini) e foi todo un éxito para o noso clube coa victoria dos conxuntos participantes en categoría premini. Destaca o feito de que era a representación de premini máis importante do evento.
En categoría Premini masculino o equipo A de Lolo gañou de forma brillante a competición, gañando con amplos marxes e coa participación de todos os nenos desprazados a Ribadeo, destacando de forma individual a aportación de Antón Expósito e de Diego Novoa . Os nosos gañaron a Maristas de Lugo (72-30), ó CB Viveiro (54-18) e na final ó Hotel Bouza Ribadeo (74-38). Unha nova alegría para este equipo que quedou na primeira posición da liga provincial no seu grupo Norte, e que vai iniciar a fase decisiva polo título provincial despois das vacacións de Semana Santa.
En Cambio o equipo B tamén con Lolo ó frente non pasou da primeira ronda porque está formado por xogadores de primeiro ano e xogadores de iniciación (6 e 7 anos), tendo que medirse na cancha con nenos que lles levaban ata 3 anos, cunha diferencia física moi grande. Pero Alvaro, Nico, Raúl, Pablo, David e Gabriel competiron e xa deron pinceladas do que poden dar no futuro.
En Premini feminino, as nosas dirixidas por Margarita gañaron unha final moi reñida a Estudiantes de Lugo por 29-26. Un partido cun inicio explosivo das nosas (14-2) que se igualou pero no que as de Marga non deixaron escapar nun frenético final . Destacou Nuria nas nosas, e a participación de Henar sendo aínda xogadora de iniciación. Na foto da esquerda se pode ver a todo o grupo celebrando a victoria coa copa e as camisetas de agasallo por parte da Deputación, cun gran ambiente no equipo que se ve nos seus grandes sorrisos.
Un éxito para a base do noso clube, no que debemos destacar ós xogadores/as, adestradores/as e pais e nais que fan que o baloncesto exista en Burela e que nos depare éxitos como os de Ribadeo.