miércoles, 15 de abril de 2015

Senior Masculino: victoria no derbi para despedir a liga

Victoria dos seniors diante de Ribadeo

   Última xornada de liga e victoria no derbi diante do rival comarcal Praia Augas Santas Ribadeo por 47-39. O equipo de Manolo quería acabar con bo sabor de boca a primeira temporada de este equipo senior en competición e que mellor rival que outro equipo da comarca no pabillón de Vista Alegre.

Equipos junior e senior con Manolo
    O inicio do partido foi pobre (3-7, min 10) e os de Ribadeo tiñan un lixeira ventaxa ó descanso que o noso equipo soupo contrarrestar nun bo terceiro cuarto (gañando por 6) e consolidar no último periodo. Destacaron os irmáns Pedrosa (Diego e Jacobo) en ataque e o esforzo do resto do plantel.

   Na liga non poideron esquivar as 2 últimas posicións (hai que disputar unha liguiña de descenso a 4ª división) polo mal inicio de liga , con 8 derrotas nos primeiros 10 partidos. A segunda volta xa nos deu idea do potencial do equipo aínda que sempre estivo lastrado polas ausencias de xogadores veteranos.
Clasificación final 3ª Lugo

  Cun pouco de sorte este equipo podería estar pelexando por estar nas 4 primeiras prazas, pero agora queda unha liguiña co último clasificado de Lugo (Enfoca Asesores) e un equipo de Coruña (CB Xerión, o outro equipo renunciou a disputar esta fase) no que os de Manolo deben dar mostra do seu nivel e acadar a permanencia na terceira provincial .

  
 Podes ver no cadro de abaixo (clicando se agranda) o calendario de esta fase