Victorias en infantís e premini
Gran fin de semana para o Cb Burela en categoría de formación , cun pleno de victorias nos tres partidos disputados:
Equipo ó completo Infantil Feminino do CB Burela |
- Infantil Feminino, victoria fácil en Monforte diante do Val do Lemos 21-49, onde as de Madar fixeron un bo partido e non deron opcións ás locais. Despois dunha primeira parte axustada (8-19) as nosas puxeron a directa e levaron unha merecida victoria. Destacou Aida con 10 puntos ben secundada por Paula P., Carla, Kesia e Paula N. Agora o equipo ocupa a 4ª praza do grupo polo título provincial, aínda que non ten moitas opcións de subir postos na clasificación.
- Infantil Masculino, victoria sen brillo diante do colista AXSC Hierros Ferreiro por 55-49, Os visitantes sempre foron a remolque, con diferencias que chegaron a superar os 10 puntos, pero os de Rogelio non estiveron precisos no pase e perderon moitos balóns fáciles polo que os visitantes foron recortando diferencias ata empatar o partido a falta de 3 minutos. A volta á orde en ataque e varias defensas correctas devolveron a ventaxa e aseguraron a victoria en Burela.
Tempo morto do equipo infantil masculino - Premini masculino, enorme paso adiante dos de Lolo coa victoria en Monforte diante do Val do Lemos Desguaces Manolo por 65-76, equipo imbatido ata que os nosos conseguiron esta importante victoria. Os de Lolo dan outro paso xigante hacia o título provincial aínda que a relaxación é mala compañeira no deporte. Destacou de novo Antón (38 puntos) e Diego, que son os líderes do conxunto. Toca recibir ó Maristas de Lugo , que será un rival moi asequible para este equipo que nos deu esta temporada moitas ledicias.