Moito basket para ver en Burela
Primeira xornada de abril das ligas e cruces FGB e moito baloncesto en Burela para ver e disfrutar
Sábado 11 :
16h. (Vista Alegre), Junior masculino CB Burela-Estudiantes de Lugo. Os de Manolo buscan acabar con victoria un ano positivo despois de perder cunha diferencia de 14 puntos en Lugo nun partido ó que se desprazaron só con 5 xogadores dispoñibles.
En Monforte de Lemos
18h. Premini Val do Lemos- CB Burela A. os de Lolo buscan a primeira victoria da fase de título provincial en Monforte. Os de Monforte están imbatidos e dominaron o grupo Sur con autoridade.
18h. Infantil Feminino, Laybe Monforte-CB Burela as de Madar buscan unha victoria diante as colistas da liga.
Domingo 12:
12h (Monte Castelo), Infantil masculino CB Burela -Hierros Ferreiro Lugo, os de Rogelio buscan a victoria despois de 4 derrotas consecutivas, buscando as sensacións e xogo dos promeiros partidos da fase polo título.
17h., (Monte Castelo), senior feminino, CB Burela- Seis do Nadal -Coia, as de Rubal buscan unha nova victoria diante dun equipo ó que lle gañaron na 1º volta na prórroga. Seguro que a emoción non faltará. O hándicap de cambiar de pabellón non é `positivo pero non debe afectar ó xogo das nosas.