lunes, 23 de marzo de 2015

Victoria das senior en Porriño

AS SENIORS GAÑAN EN PORRIÑO

   Nova xornada da 1ª Autonómica Feminina e longa viaxe das seniors a Porriño, un enfrentamento asequible contra o equipo colista que só tiña unha victoria na liga. A lista de baixas para a viaxe (Marta A., Salo e Laura) voltaba a deixar a rotación do adestrador en 8 xogadoras.

    O partido empezaba con dominio visitante (2-9) correxido polas locais despois dun tempo morto para rematar o cuarto cun 9-13 e bastante igualdade no xogo. O segundo cuarto foi o mellor das nosas que en defensa se esforzaron e secaron ás de Porriño con só dúas canastras en xogo, e no ataque aparecía Margarita con 8 puntos exteriores que deixaba unha cómoda diferencia ó descanso de 16-31.

    Parecía moi fácil o partido cando as de Burela chegaban a superar os 20 puntos de diferencia pero unha fase de acerto de Porriño e de fallos das nosas achegou ás de Porriño a 8 puntos. Tempo morto de Rubal e volta ó traballo defensivo e á orde no ataque cun parcial de 0-8 que voltaba a poñer diferencias no marcador (31-47, final do 3º cuarto). O último cuarto as nosas se limitaron a manter diferencias no marcador aínda que as de Porriño non se rendiron nunca rematando o partido coa diferencia de 20 puntos.
O noso equipo celebrando o cumpreanos de Marta en Porriño

  O noso equipo foi superior no xogo (gañou os 4 cuartos) e só a base S. Alonso (4 triplas e contraataques) e a pívot junior A. Alonso destacaron nas locais. 
  No noso equipo a mellor foi Marta Cifu que celebraba o seu cumpreanos con 17 puntos, ben secundada en ataque por Mar, Margarita (13 puntos con 3 triples) ,Lucía C e Adela, sen esquecer o esforzo defensivo do equipo.

  Polas nosas xogaron: fátima 4, Mar 16, tania, Marta Cifu 17, Lucía C. 9, Margarita 13, Adela 8 e Celia 2
    18 faltas: eliminadas Margarita (36´) e Tania (39´) . Parciais: 9-13/7-18/15-16/18-22

Clasificacion actual
  Na clasificación o CB Burela está situado na séptima posición con 5 victorias , a unha das próximas rivais das nosas en Burela (Seis do Nadal de Vigo), polo que se o fin de semana posterior a Semana Santa poden avanzar unha posición se gañan a un rival co que no partido de ida disputou un encontro moi igualado con victoria das nosas na prórroga.