martes, 15 de diciembre de 2015

OITAVA VITORIA CONSECUTIVA DO SENIOR MASCULINO

SDC. GARABOLOS 66 - CB. BURELA 74

Garabolos é un serio  rival e xogar na súa cancha complicado para calquer equipo, saben loitar e vender cara a derrota. Saben pelexar e perden os partidos por escasa marxe.
No primeiro cuarto Garabolos fixo unha boa defensa, nós circulamos ben o balón pero fallamos no tiro, no segundo cuarto fomos mellorando algo no tiro e chegamos ao descanso cunha triple lonxana, dende medio campo, de Pedrosa que nos facía chegar ao descanso gañando de 5 puntos.
Nos terceiro e último cuartos onde voltamos a estar estáticos non circulando ben o balón. De todas formas aguantamos os acercamentos do rival e rematar gañando nunha pista na que é complicado facelo.

MARCADORES PARCIAIS:
1º CUARTO  14 - 18
2º CUARTO  16 - 16
3º CUARTO  18 - 20
4º CUARTO  19 - 20

ANOTADORES:
Samuel, Andrés 23, Cristhian 19, Manolo 11, Héctor 2, Rafa 3, Omar 3, Pedrosa 13 e Mario