miércoles, 17 de noviembre de 2010

¡CALENDARIO ALEVIN E INFANTIL FEMININO!

¡DERROTA DO EQUIPO JUNIOR!

No partido disputado este domingo ás 12:00h da mañá na capital lucense o noso equipo junior caeu derrotado fronte ao Ensino Lugo por 56 a 35.
As rapazas de Manolo Cobas notouselles a falta de rodaxe xa que se trataba do primeiro partido oficial que xogaban. A pesar disto non lle deron nunca as costas ao partido e puxeron difícil ao equipo lucense, que non consigueu romper o partido ata o terceiro cuarto no que un parcial de 12-0 fixo que lles puxera as cousas moi difíciles as nosas rapazas.
O tanteo por cuartos foi o seguinte:no primeiro cuarto 18-7, no segundo 9-8,no terceiro 19-7; e no derradeiro cuarto 10-13.
Agora a seguir adestrando para intentar conseguir a primeira vitoria da tempada no seguinte partido.

¡SORTE RAPAZAS!

¡CALENDARIO BENXAMIN E ALEVIN MIXTO!

jueves, 7 de octubre de 2010

ENSINO LUGO 52-C.B. BURELA 32

No partido disputado o pasado fin de semana en Lugo as nosas rapazas caeron deorrotadas fronte ao Ensino por 52-32, tras unha primeira parte na que as xogadoras lucenses amosaronse moi fortes en defensa o que lles permiteu roubar constantes balóns, saír ao contraataque e meter canastras fáciles e que lles permiteu chegar ao descanso cunha ampla diferenza no marcador: 37 a 13.
Na segunda metade, e tralo paso polos vestiarios, as rapazas de Carlos Madar puxéronse o mono de traballo e empezaron a defender con intensidadee non deixar tiros cómodos ao seu rival, como demostra o feito de que o Ensino non foi quen de conseguir anotar nin un só punto no derradeiro cuarto.
Por parte do C.B. Ensino Lugo anotaron: Ari(20), Tarela(15), Nera(14), Andrea(2) e Laura(1)

e por parte do C.B. Burela: Pardo(2), Rural(2), Ares(6), Expósito(11), Moretra(9) e Pedreira(2).

¡ÁNIMO RAPAZAS!