jueves, 11 de marzo de 2010

¡1000 VISITAS!

Grazas a tod@s polo voso apoio sen o cal sería moi difícil seguir adiante. Dende a grande familia que formamos o Clube Baloncesto Burela (directivos, adestradores, xogadores...) queremosvos agradecer as numerosas visitas que facedes a nosa páxina e que fan que xa pasemos das 1000. Esperamos que vos sexa de moita utilidade e que nos deades moitas ideas coas que poidamos seguir mellorando.
¡1 saúdo!

miércoles, 10 de marzo de 2010

¡CONCENTRACIÓN DA PRESELECCIÓN GALEGA ALEVIN FEMININO EN BURELA!

Hoxe tivo lugar no Concello de Burela a presentación deste evento, coa participación da Concelleira de Deportes Neves Cando, a Delegada da federación de baloncesto Patricia Rico, do Director da área técnica da Delegación Oscar Engroba e o presidente do noso clube Pedro Chao. A vila de Burela acollerá esta fin de semana a derradeira concentración da preselección galega alevín feminina de baloncesto, antes de que ésta configure a súa lista definitiva para participar no campionato de España do vindeiro 27 de maio, segundo anunciou hoxe a concelleira de Deportes.
Neves Cando sinalou que “grazas á colaboración establecida entre o Concello de Burela e a Federación Galega de Baloncesto esta preselección desprazarase ata a vila para desenvolver unha fin de semana de intenso traballo no que se combinarán adestramentos e a disputa dun encontro que terá lugar o sábado ás 17 horas no pavillón dos institutos fronte a un combinado de xogadoras de Burela e de Foz”.
A edil nacionalista explicou que “as xogadoras galegas desta preselección alevín feminina de baloncesto, entre as que se atopan tres rapazas da provincia de Lugo, aproveitarán a súa estancia en Burela para preparar a cita do campionato de España do vindeiro 27 de maio, pero tamén a próximo cita oficial que terá lugar os días 20 e 21 de marzo en Miranda de Ebro”.

Centro de tecnificación itinerante

A concelleira de Deportes suliñou que “ademáis o domingo 14, aproveitando aquí a presenza destas xogadoras, a Delegación de Baloncesto de Lugo organiza en Burela a primeira das xornadas que se levarán a cabo nesta tempada 2009-2010 a través do seu centro de tecnificación itinerante. Trátase dunha actividade aberta a todas as xogadoras e xogadores infantís minis e preminis da zona da Mariña que desexan achegarse a Burela para traballar os fundamentos individuais e os distintos aspectos deste deporte do baloncesto”. A xornada de traballo desenvolveráse entre as 12 e as 14 horas do domingo tamén no pavillón dos institutos baixo a supervisión do director técnico da Delegación Lucense de Baloncesto, Óscar Engroba e estarán presentes, ademáis dos adestradores da zona, os seleccionadores galegos.

¡XORNADA CATEGORIAS INFERIORES!

LIGA PROVINCIAL
JUNIOR FEM
CB BURELA-ESTUDIANTES DE LUGO
Venres 12-3-2010 ás 17:30h. no Pavillón Torqués de Marzán.
JUNIOR FEM
CB BURELA-CP CASÁS
Domingo 13-3-2010 ás 18:00h. no Pavillón Vista Alegre.

LIGA ESCOLAR
INF FEM
CB BURELA-MARTÍNEZ OTERO
Sábado 13-3-2010 ás 11:00h. no Pavillón Vista Alegre.

ALEVIN FEM
CB BURELA-MARTÍNEZ OTERO
Sábado 13-3-2010 ás 10:00h. no Pavillón Monte Castelo.

ALEVIN MASC.
Xornada de descanso.

lunes, 8 de marzo de 2010

¡O JUNIOR FEMININO, CAMPIÓN PROVINCIAL!!

Noraboa a todo o equipo junior feminino, tanto ás xogadoras Tania, Raquel, Laura Chao, Vicky, Irene, Lucía, Iria, Araceli, Ana, Tania Paleo, a lesionada Laura Claro ,que de algún modo tamén é particípe, e ao corpo técnico formado por Marco Justo e Manolo polo título de campións provinciais que lograron o pasado finde semana derrotando por 54-72 ao equipo junior das ED Lourenzá na súa casa. As nosas rapazas cantan o aliron restando dúas xornadas para o remate da súa liga, logo dunha tempada brilante xa que logo de quedarse ás portas da clasificación para a liga galega, no campionato da provincia amosaron a súa superioridade sen ceder unha soa derrota no que vai de liga. Agora as junior deberán de xogar os dous partidos restantes que lles quedan contra o Estudiantes e o C.P. Casas de Lugo e seguir coa súa preparación de cara a disputa da Copa Galicia.
¡Noraboa Campionas!.