jueves, 29 de abril de 2010

¡EMPARELLAMENTOS COPA GALICIA!

Despois do sorteo, que tivo lugar onte na FGB en Santiago, ao noso clube tocoulle enfrentarse ao SEIS DE NADAL DE VIGO; así este vindeiro sábado día 1 de maio ás 12:00horas, terá lugar no Vista Alegre o partido: CB. BURELA-CELTAS vs. SEIS DO NADAL DE VIGO. E o vindeiro domingo 9 de maio ás 12 horas no Pavillón do Seis do Nadal o encontro de volta.
Na Copa FGB participan os campións das sete ligas zonais de Galicia e o subcampión do equipo campión do ano pasado, neste caso o Arxil de Pontevedra, polo cal da zona de Arousa participan dous equipos. Son fases eliminatorias que ao longo do mes de maio e na primeira semana de xuño rematarán coa proclamación dos campións e subcampións.
O calendario completo atópase na páxina webb da Federación www.fegaba.com, no apartado de competicións premendo en Ligas da Federación Galega.

¡SORTE RAPAZAS!