martes, 6 de abril de 2010

¡NOVO PARTIDO DO SENIOR!

Logo do parón por mor das vacacións de Semana Santa o noso equipo senior feminino volta a competición para a disputa do seu derradeiro partido de competición. As rapazas de Manolo desprazaránse o domingo pola mañá ata Lugo para xogar ás 12 h. no Anexo 2 contra o Pulpalia donde intentarán conseguir unha nova victoria coa que poñer fin a unha notable tempada na que se conseguiron sobradamente os obxetivos marcados polo clube a principio de tempada.
¡SORTE RAPAZAS!